O GALP Golfo Ártabro Norte convida o vindeiro xoves 8 de novembro ás empresas de Mar Galaica, do seu ámbito de actuación así como a aquelas dos territorios limítrofes, a participar nunha xornada de familiarización da Ruta dos Faros.
Dirixido a empresas asociadas a MarGalaica, periodistas do territorio, informadores, técnicos de turismo, axencias de viaxes...
Esta actividade encádrase nun proxecto de cooperación que involucra a tódolos GALP galegos buscando converter ao persoal dos establecementos do territorio nos principais prescriptores da Ruta dos Faros.
Para elo deseñouse un programa que contempla a visita a recursos fundamentais deste territorio complementándoas cunha xornada de traballo e unha sesión de networking que remata cun pincho de inspiración mariñeira.
As persoas interesadas en participar poderán inscribirse cubrindo o cuestionario ao que se accede premendo na seguinte ligazón:
Para facilitar a participación disporase de transporte público que sairá dende os seguintes puntos: Museo Naval de Ferrol, estación de autobuses de A Coruña, estación de autobuses de Viveiro.
O evento contará cunha visitas ao Museo Naval de Ferrol e o Faro de Cabo Prior, e dous paseos en barco.
PROGRAMA:
07:45 – Recollida participantes na estación de autobuses de Viveiro
08:00 – Recollida participantes na estación de autobuses da Coruña
09:00 – Visita ao Museo Naval de Ferrol
10:30 – Visita ao Faro Cabo Prior
12:00 – Xornada de traballo: Identificación dos recursos existentes e potencialidades de desenvolvemento.
13:00 – Elevator pitch
14:00 – Pincho mariñeiro
15:30 – Paseo en barco de Ferrol a Mugardos
16:00 – Visita Aula do Mar de Ares
17:30 – Volta aos puntos de recollida
18:00 – Chegada ao Museo Naval de Ferrol
18:30 – Chegada á estación de autobuses de A Coruña
19:20 – Chegada á estación de autobuses de Viveiro