16 de decembro de 2020

Seguimos pescando ideas!


 



Última convocatoria de axudas: 1 de marzo de 2021.


Continuamos coa nosa tarefa de mostrar proxectos que nos últimos anos axudamos a converter en realidades grazas á nosa xestión das axudas provenientes dos Fondos Europeos Marítimos e da Pesca (FEMP).




Hoxe imos lembrar outros tres proxectos. Empezamos por Marmar Outdoor, unha empresa do Concello de Paderne que está dedicada ás actividades náutico deportivas no medio natural.



Marmar naceu en 2018 disposta a converterse nun referente do turismo activo na nosa comarca. A súa proposta comprendía a potenciación das actividades de Kaiak tanto en ríos (Eume e Mandeo) como no mar, xa que ofrecen roteiros xunto ao litoral dos concellos de Paderne, Miño e Pontedeume e tamén no interior da ría de Ares.



Grazas á colaboración dos fondos europeos que axudamos a xestionar, Marmar creou postos de traballo e adquiriu 30 kaiaks de dúas prazas, coas súas pas e os chalecos salvavidas correspondentes, ademais de dous remolques e unha zodiac auxiliar.


Todos os servizos da empresa Marmar Outdoor están dispoñibles na súa páxina web, unha ferramenta que tamén se puxo en marcha grazas á subvención do 50% xestionada polo GALP.




Se o desexas, ademais dos roteiros guiados con monitor, Marmar tamén ofrece:
    -Servizo de alugueiro de kaiaks.
    -Roteiros de sendeirismo guiadas.
    - Eventos deportivos no medio natural e acuático.
    - Microeventos relacionados co mar e os kaiaks. Esta iniciativa é nova neste ámbito territorial xa que non existen outras empresas cunha actividade parecida neste territorio. Marmar ofrece por tanto novos servizos de lecer para turistas, con actividades que axudan a coñecer a costa, a promover o aproveitamento dos recursos mariños e patrimoniais, e os relacionados co Camiño de Santiago. En definitiva, unha empresa de turismo activo que contribúe á diversificación económica e a xerar riqueza no medio mariño.


Un mesón completamente renovado.


O seguinte exemplo que imos comentar hoxe podémolo atopar en Pontedeume. Trátase da profunda renovación levada a cabo no Mesón Avellaneda.




O Mesón Avellaneda, en Pontedeume, é un establecemento de referencia para celebrar eventos como aniversarios, comidas de empresas, reunións familiares, bautizos, comuñóns, etc….


Avellaneda ofrece unha carta na que están moi ben representados os peixes e mariscos procedentes da lonxa de Pontedeume: polbo, navallas, mexillóns, zamburiñas ou racións de marraxo móstranse como a última estación da cadea do sector pesqueiro. Os produtos que conforman a súa carta proceden directamente da ría de Pontedeume e de lonxas locais, o que permitiu a este restaurante adherirse ao selo KM 0 MarGalaica, garantindo así a calidade dos seus peixes e mariscos, e a súa procedencia local. Cando a situación permítao, ofrecerase un menú para peregrinos, xa que Pontedeume é paso obrigado do Camiño Inglés desde Ferrol.





Ademais de converterse nun punto de consumo dos produtos dos nosos mares, o Mesón Avellaneda colocou nas súas instalacións un parque infantil de temática mariñeira, para que os pequenos involúcrense co medio mariño e as distintas especies que alí habitan. Con este novo servizo, os máis peques poden estar entretidos e xogar de forma segura e controlada, e mesmo celebrar os seus aniversarios!!




A atractiva decoración do mesón tamén está inspirada do espírito mariñeiro, formando un conxunto moi homoxéneo no que foi decisiva a subvención do 50% achegada polo noso GALP Golfo Ártabro Norte.






O último exemplo de hoxe tamén se encadra na hostalería do noso territorio. Amaragotas Restaurante é un establecemento situado no peirao de Mugardos que ofrece aos seus clientes unha fusión da cociña galega coa cociña brasileira. Por suposto, os pratos principais do seu menú están compostos por produtos atlánticos das rías galegas.




Para mellorar o seu servizo, Amaragotas Restaurante precisaba modernizar parte do seu equipamento. Grazas ao 50% de subvención dos fondos FEMP, o seu propietario José Antonio García puido adquirir un novo forno de convección que lle permitiu poñer en carta unha atractiva proposta culinaria: o polbo ao vapor con salsa a mugardesa.




Ademais do devandito forno, tamén adquiriu mesa con guía, billa con ducha, unha nova mesa de traballo de aceiro e bandexas para o forno. O novo equipamento é de baixo consumo enerxético, e permitiu ao propietario deste establecemento ampliar a súa carta e prestar un servizo de maior calidade.




Desta forma conseguimos mellorar a oferta hostaleira da nosa zona litoral e mellorar a cadea da pesca, facendo que os peixes e mariscos sexan elemento primordial nas propostas para os visitantes.


Todos os responsables destas tres empresas: José A. García (Amaragotas), Mario Camba (Mesón Avellaneda) e Víctor Picos (Marmar Outdoor) animan a todos os emprendedores do noso territorio, destacando a importante porcentaxe das axudas concedidas e a colaboración do noso equipo xestor na obtención das axudas, algo que agradecemos especialmente.

15 de decembro de 2020

O proxecto TANZA avanza no Golfo Ártabro Norte con proxectos para o aproveitamento e posta en valor de refugallos plásticos recollidos polo sector pesqueiro

                                                                   

No Golfo Ártabro Norte o proxecto céntrase na recollida, o aproveitamento e a valorización dos plásticos a través da iniciativa “Precious Plastic”

 

O Proxecto de cooperación Tanza para a colaboración entre o sector pesqueiro e o da inclusión avanza no territorio do GALP Golfo Ártabro Norte. A iniciativa, promovida por seis dos oito Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro galegos, arrancou en xuño e promove o desenvolvemento participativo de entidades no territorio. Co foco posto no reforzo da gobernanza das zonas costeiras cunha visión colaborativa e integradora do sector do mar, a inclusión social e tamén do importante papel que teñen os concellos como dinamizadores do territorio, busca axilizar socioeconómicamente as zonas costeiras, cunha marcada orientación á promoción dunha economía máis verde e sostible.        

                                                                                                                                                                                                             

Precious Plastic

No Golfo Ártabro Norte o proxecto plantexa artellarse a través da metodoloxía do Precious Plastic para a posta en valor e aproveitamento de plásticos mariños. Este xeito de traballar o plástico baséase nunha iniciativa desenvolta en 2012 por un universitario estadounidense, que deseñou os planos -publicados gratuítamente en liña- de varias máquinas de tratamento de plásticos. Partindo de residuos plásticos en desuso, estes materiais son molidos, fundidos e posteriormente inxectados para a creación de novas pezas recicladas.

 

No relativo ao territorio do GALP Golfo Ártabro Norte, este proxecto de tratamento de plásticos está promovido polo Concello de Narón e Fene, á espera de que se integre tamén o Concello de Ferrol. No relativo ás entidades participantes, no eido da inclusión cóntase coa colaboración da Asociación ASPANEPS e de Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal e no relativo ao sector pesqueiro, implicaranse as confrarías da zona como axentes aglutinantes e provedores de plásticos recollidos na súa actividade ou nas propias confrarías.

 

Para o artellamento da iniciativa estase en contacto co IES Ferrolterra e co Laboratorio de Plásticos da Universidade da Coruña para o asesoramento en materia de construción das máquinas e tratamento do plástico, así como coa Escola de Deseño Industrial da mesma Universidade, que prestará asistencia técnica para o prototipado de moldes.

 

 


 

 

11 de decembro de 2020

Xornadas sobre as axudas do FEMP no Antigüo Hospicio Municipal de Ferrol

 ·        O GALP Golfo Ártabro Norte organiza unha xornada informativa sobre a próxima convocatoria do programa de axudas.

·        Conservas Faro de Burela e Algas la Patrona, expoñeran as súas experiencias como entidades receptoras de axuda do FEMP.

O vindeiro luns 14 de decembro ás 16:30 horas, o Antigüo Hospicio de Ferrol, acollerá a xornada informativa sobre as axudas do FEMP, que organiza o GALP Golfo Ártabro Norte. A convocatoria deste programa de axudas remata o día 1 de marzo de 2021, co cal as persoas interesadas en recibir axuda, teñen unha importante ocasión para informarse e aclarar as dúbidas sobre isto.

Esta reunión, que se enmarca no proxecto de dinamización empresarial do sector pesqueiro que está impulsando o GALP, contará con dous exemplos de proxectos financiados noutras zonas costeiras. Os dous proxectos tratan de poñer en valor o produto pesqueiro local e de proximidade.

Participarán Verónica Rodil Rodríguez das empresa Conservas Faro de Burela e Cristina García Díez, de Algas la Patrona. Conservas Faro de Burela dedícase á elaboración artesanal de conservas de pescado, sendo o bonito o seu principal produto. Son os seus propios provedores de pescado e marisco o que fai que o produto que transforman sexa de moi alta calidade. Algas La Patrona dedícase ao procesado, transformación e comercialización de algas salgadas e deshidratadas, co maior respecto e coidado para asegurar a preservación do seu hábitat natural e garantir a súa sostibilidade.

Ao rematar as ponencias haberá un coloquio no que se poderán aclarar dúbidas sobre estes proxectos e tamén se abordarán os requisitos necesarios para poder obter financiamento do programa que xestiona o GALP do Golfo Ártabro Norte, en colaboración coa Consellería do Mar.  


 

3 de decembro de 2020

Taller de emprendedores





O GALP Golfo Ártabro Norte organiza un taller para emprendedores para o xoves 10 de decembro, que terá unha duración de 8 horas distribuídas en horario de mañá e tarde (10 a 14 horas e de 16 a 20 horas) na Casa do Pescador de Miño (Rúa Curro, nº33 - 15630 Miño). 

Estes talleres son unha actividade de adestramento en pensar, deseñar e madurar ideas de negocio (de futuros proxectos ou mesmo de novos servizos e produtos xa existentes) de forma lóxica, obxectiva, sistemática e entretida para crear propostas de valor diferentes e innovadoras. 

Durante esta xornada reflexionarán de modo xeral sobre os elementos principais dunha idea empresarial, e desenvolverán a súa estrutura, mediante o método #canvas/lenzo de modelo de negocio. Isto permitirá posteriormente adaptalo a posibles ideas de negocio e que mesmo poidan ser proxectos susceptibles de ser subvencionados polo Programa FEMP 2014-2020, do que remata o prazo de presentación de solicitudes o día 1 de marzo de 2021.

 ⬇️⬇️⬇️⬇️ 
Infórmate ☎️☎️☎️ 981 784 417 / 636 736 788

29 de novembro de 2020

IDEAS CONVERTIDAS EN REALIDADES

Nas últimas semanas comezamos a presentar na nosa páxina oficial de Facebook (www.facebook.com/galpgolfoartabronorte16) algúns exemplos de proxectos que conseguiron saír adiante grazas ás axudas dos fondos europeos (Fondos FEMP), xestionados a través da nosa entidade.





Ese é o noso obxectivo: colaborar a que os vosos proxectos convértanse en empresas viables. Botamos as nosas redes. Buscabamos boas ideas para o sector pesqueiro, proxectos que mellorasen a vida das persoas que viven no noso territorio, propostas que diversificasen a actividade económica ou que colaborasen a manter aspectos inmateriais da cultura dos homes e as mulleres do mar.




O mar é a nosa razón de ser. E o mar ten unha característica moi peculiar: co seu cheiro impregna todas as cousas, está presente en practicamente todos os apartados da nosa vida. Por iso querémosvos expoñer como é posible que proxectos moi variados sexan todos susceptibles de alcanzar grandes porcentaxes de subvención.

No GALP Golfo Ártabro Norte PESCAMOS IDEAS,
pois ben, estas son as nosas IDEAS PESCADAS


Ata o momento mostramos 3 proxectos. Cada semana seguiremos mostrando un novo, xusto ata a finalización desta convocatoria de axudas, que, lembremos, é a última desta etapa dos GALP. O próximo 1 de marzo de 2021 finaliza o actual programa FEMP. Se tes unha boa idea, tráenola xa. Axudarémosche a convertela en realidade. Así sucedeu coas tres que presentamos ata a data e que nos tres casos accederon a unha subvención do 50% do investimento. Imos velas:


        - O Centro de Día “ Xuntanza” de #Fene é o proxecto de Vitoria Deibe Arribe.





Un centro de día que presta atención personalizada ás persoas maiores, ofrecéndolles un gran número de servizos que redunden no seu benestar: psicoloxía, salón de peiteado, terapias ocupacionais… “ Xuntanza” dá prioridade no ingreso aos familiares de membros de confrarías do noso territorio (Barallobre, Ferrol e Mugardos). E, como desexan que ese vínculo siga vivo, cando as condicións sociais permítano, as persoas usuarias de “ Xuntanza” poderán asistir a visitas ás confrarías para lembrar ou para coñecer como é a vida e o traballo das persoas que as conforman.





    - Outra das nosas IDEAS PESCADAS atopámola en #Ares. José Ramón García Belo accedeu a unha axuda do 50% coa que adquiriu o equipamento necesario para poñer en marcha, en novembro do ano pasado, a súa “Pesqueira Mares”: unhas modernas instalacións, perfectamente equipadas, que ademais supuxeron a incorporación de dúas persoas ao mercado laboral.




Para José Ramón non resultou complicado recibir as axudas dos fondos FEMP, nuns poucos meses realizou todos os trámites. Agora “Peixaría Mares” é unha empresa que comercializa os produtos do mar tamén utilizando as novas tecnoloxías. Se escoitas os consellos de José Ramón, virás informarche ao GALP.




    - A última IDEA PESCADA que mostramos ata o de agora é un exemplo de innovación e tamén de algo que comentamos antes: como o mar acaba presente en todos os aspectos dos que vivimos nos concellos mariñeiros de Galicia.







“ Orballo” é unha empresa de Paderne que está en activo desde 2012. Nesta ocasión quixo achegar orixinalidade nuns dos seus apartados de infusións ecolóxicas. A idea era incorporar ao seu catálogo de produtos unha nova liña de infusións con algas, que combinarán con plantas aromáticas e medicinais galegas. Coa axuda do GALP Golfo Ártabro Norte sumaron un novo traballador ao seu persoal e adquiriron novas máquinas para automatizar o envasado.





Ven a vernos antes do 1 de marzo de 2021. Faino canto antes. Achégache ás nosas instalacións na Casa do Pescador da Rúa Curro, 33 en Miño. Chama ao 981 78 44 17 ou escríbenos un e-mail a galp.mar.golfoartabronorte@xunta.gal. O que aínda é unha idea pode converterse no centro da túa vida.




6 de novembro de 2020

Ideas pescadas!

 



Nos próximos meses imos ir mostrando algúns dos nosos CASOS DE ÉXITO.

Trátase uns proxectos que, por resultar de interese para o SECTOR PESQUEIRO do noso territorio, foron apoiados polo noso GALP Golfo Ártabro Norte para conseguir axudas do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP).

Son exemplos moi variados, con eles queremos poñer de relevo que, se ti tes unha boa idea coa que poñer en marcha unha empresa ou mellorar unha xa existente, o mellor que podes facer é vir vernos e ensinarnos o teu proxecto. Todos xuntos darémoslle viabilidade.

Estamos na Casa do Pescador de Miño, Rúa Curro, 33.

T. 981 784 417

E-mail: galp.mar.golfoartabronorte@xunta.gal.

22 de xullo de 2020

Memoria visual da costa do Golfo Ártabro Norte


Dentro do Programa de Formación Audiovisual #VidasMariñeiras 2019, xunto coa realización das curtametraxes, puxemos en marcha en paralelo a creación dun fondo fotográfico con imaxes antigas dos municipios de #Ares, #Cabanas, #Fene, #Ferrol, #Miño, #Mugardos, #Narón, #Neda, #Paderne e #Pontedeume, relacionadas co mar.







20 de xullo de 2020

CAPACITACIÓN DE MOZOS E MOZAS EN BUSCA DO RELEVO XERACIONAL NO SECTOR PESQUEIRO

O proxecto de colaboración RELEVO 2020 é unha iniciativa de carácter formativo promovida por cinco dos oito Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro que hai en Galicia.

O GALP Golfo Ártabro Norte xunto con outros catro GALP galegos (GALP Mariña Ortegal, Seo de Fisterra Ría de Muros-Noia Costa Sostible, GALP Golfo Ártabro Sur e GALP Ría de Arousa) promove un proxecto de colaboración centrado na capacitación de mozos e  mozas, a través da formación e dun mellor coñecemento dos recursos do territorio, a fin de fomentar e acadar o relevo xeracional no sector pesqueiro. O proxecto ofrecerá unha visión global do sector aos participantes, coa que se lles facilitarán ferramentas e recursos que lles permitan orientar o seu futuro en relación ao sector do mar.

A iniciativa que xa está na súa fase de arranque, coa posta en marcha da preparación das actuacións que se van desenvolver, vai destinada a mozos e mozas dos 16 aos 30 anos que pertenzan a algún dos 50 concellos que conforman os territorios dos cinco GALP. No caso do Ártabro Norte, o territorio abrangue os concellos de Ares, Cabanas, Fene, Ferrol, Miño, Mugardos, Narón, Neda, Paderne, Pontedeume.

O proxecto desenvolverase en dúas edicións de catro meses cada unha (a primeira de setembro a decembro de 2020 e a segunda de xaneiro a abril de 2021) e contará con 30 prazas en cada un dos territorios, que serán cubertas por orde de inscrición e atendendo a un reparto homoxéneo nos concellos do territorio.

Non é preciso contar nin con titulación vinculada ao sector pesqueiro nin con experiencia previa no mesmo. 

O equipo docente estará formado por profesionais do eido das Ciencias Experimentais e das Ciencias Sociais que desenvolverán un programa formativo centrado no coñecemento do sector e na titorización persoal de cada alumno e alumna.

As sesións impartiranse, un máximo de dúas veces por semana, a través de seminarios formativos, titorías, saídas de campo, encontros con mozos e mozas con experiencia e encontros con profesionais do sector. 

Para o remate do proxecto e modo de incentivo para aquel alumnado que tivese participado activamente no proxecto e cumprido os requisitos formativos haberá unha visita de estudo nacional ao País Vasco á Escola de Formación de Carpintería de Ribeira “Albaola”.

Reunións informativas

O GALP leva días visitando un a un os concellos e confrarías de pescadores do territorio a fin de facelos partícipes activos da difusión e promoción do proxecto e na busca e captación de destinatarios. Visitáronse os concellos de Miño, Cabanas, Ares, Mugardos, Pontedeume, Fene, Neda e Narón e as confrarías de Miño, Pontedeume, Ares, Mugardos, Barallobre e Ferrol.

As reunións seguirán nos vindeiros días e semanas para achegar a información a persoas interesadas e coordinar a difusión do proxecto coas entidades colaboradoras a fin de fomentar a captación de alumnado.


Solicitude de información

Para informarse sobre o proxecto, está habilitada a dirección de email info@relevo2020.org e o espazo web relevo2020.org no que ademais se atopará o formulario de inscrición que quedará habilitado esta mesma semana.

As persoas que así o desexen tamén poden informarse na oficina do GALP, na súa sede en Miño e seguir as novas a través das redes sociais Instagram e Facebook buscando por Relevo2020.




17 de xullo de 2020

TANZA, O PROXECTO DE COOPERACIÓN ENTRE O SECTOR PESQUEIRO E O DE INCLUSIÓN, ARRANCOU ESTE MÉRCORES COA SÚA REUNIÓN DE PRESENTACIÓN

A iniciativa, promovida por seis dos oito GALP galegos, busca fomentar o emprego inclusivo na zona costeira galega.

Á súa presentación asistiu a Conselleira do Mar e representantes dos GALP promotores.

O Proxecto de cooperación Tanza foi presentado este mércores 15 de xullo nunha reunión virtual, debido ás circunstancias derivadas da actual crise sanitaria. 

Á reunión de presentación foi moderada por Javier Otero Patrón Maior da Confraría de Ribadeo e Presidente do GALP A Mariña-Ortegal, coordinadora do proxecto. 

Asistiron representantes dos seis GALP promotores da iniciativa (A Mariña-Ortegal, Golfo Ártabro Norte, Golfo Ártabro Sur, Costa da Morte, Costa Sostible e Ría de Arousa), así como representantes da organización, a Conselleira do Mar, Rosa Quintana e a Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez Carballo.

Este proxecto de cooperación xorde da necesidade de definir lazos de cooperación entre o sector pesqueiro e o ámbito social, sobre todo no que respecta ao ámbito das discapacidades, e a mellora medioambiental. 

Así, o seu principal obxectivo é o de por en contacto a entidades da área da inclusión social co sector pesqueiro ao longo de toda a costa galega co fin de mellorar a empregabilida-de e a inclusión social nas actividades vencelladas ao mar.

O proxecto pretende reforzar a gobernanza das zonas costeiras cunha visión colaborativa e integradora do sector do mar, a inclusión social e tamén do importante papel que teñen os concellos como dinamizadores do territorio. Busca, por tanto, impulsar un maior dinamismo socioeconómico nas zonas costeiras, cunha marcada orientación á promoción dunha economía máis verde e sostible.

Ao longo do verán organizaranse reunións informativas dende Ribadeo ata O Grove co fin de diVulgar o proxecto e detectar as oportunidades de colaboración entre ambos sectores. Nelas poderán participar entidades da área de inclusión social como centros ocupacionais, centros especiais de emprego e asociacións, así como confrarías, empresas e entidades do sector pesqueiro.



26 de xuño de 2020

Proposta de resolución DEFINITIVA Xunta Directiva GALP Golfo Ártabro Norte


1. A Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Norte en reunión celebrada o 16 de xuño de 2020 en Miño, seleccionou provisionalmente os proxectos que considerou  prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta, e no estipulado na “Orde de Axudas do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2019”. CONVOCATORIA 2020. 1ª FASE ADXUDICACIÓN DE AXUDAS. (Resolución publicada o día 17 de xuño de 2020 nesta mesma páxina web e no taboleiro de anuncios do GALP Golfo Ártabro Norte)

2. Unha vez analizadas todas as alegacións presentadas dentro do prazo estipulado (5 días dende a data de publicación) na sede do GALP Golfo Ártabro Norte, a Xunta Directiva deste GALP en reunión mantida o día 25 de xuño de 2020, eleva a público unha proposta de resolución DEFINITIVA de proxectos produtivos e non produtivos así como os desestimados PARA A CONVOCATORIA 2020, 1ª FASE ADXUDICACIÓN DE AXUDAS, tendo en conta o estipulado no artigo 24 da “Orde de Axudas do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2019”.

3. Preme nos seguintes enlaces para ver as resolucións DEFINITIVAS:

Esta proposta de resolución DEFINITIVA de Xunta Directiva para proxectos produtivos e non produtivos da Convocatoria 2020, primeira fase de adxudicación de axudas, non crea ningún dereito a favor do solicitante proposto, estando suxeita á dispoñibilidade orzamentaria de crédito para proxectos produtivos e non produtivos para esta convocatoria 2020.