Amosando publicacións coa etiqueta Mares de Experiencias Narón Miño Cooperación GALP FEMP turismo mariñeiro asociacións clubs concellos costa norte. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Mares de Experiencias Narón Miño Cooperación GALP FEMP turismo mariñeiro asociacións clubs concellos costa norte. Amosar todas as publicacións

5 de novembro de 2018

Xornadas colaborativas de turismo mariñeiro no territorio do GALP Golfo Ártabro Norte

Dentro do proxecto de cooperación Galicia Norte, Mares de Experiencias no que estamos a participar xunto co GALP A Mariña- Ortegal, no mes de outubro celebráronse dúas xornadas colaborativas de turismo mariñeiro no noso ámbito territorial.

Galicia Norte, Mares de Experiencias é un proxecto promovido polo GALP Golfo Ártabro Norte e o GALP A Mariña - Ortegal para impulsar a cooperación interterritorial do turismo mariñeiro, dinamizando así a economía da costa norte de Galicia.

Estas Xornadas Colaborativas de Turismo Mariñeiro que se celebraron estaban dirixidas principalmente a empresas de servizos turísticos, asociacións, clubes e organismos públicos.




A primeira das xornadas celebrouse no Concello de Narón o pasado 22 de outubro, no Centro de Formación Irmas Froilaz.














O dia 29 de outubro, celebrouse a segunda destas xornadas colaborativas, na Casa do Pescador do Concello de Miño.