O prazo de presentación de solicitudes nesta convocatoria 2019, remata o día 1 de marzo de 2019 (inclusive).
22 de febreiro de 2019
Horario de atención ao público para asistencia presentación electrónica de solicitudes de axuda procedemento PE155A
O GALP Golfo Ártabro Norte, como entidade colaboradora da Consellería do Mar nas axudas do Programa FEMP 2014-2020, asistirán na súa sede en Miño ás persoas interesadas no uso de medios electrónicos para o acceso á sede electrónica da Xunta de Galicia, co obxecto de poder presentar as súas solicitudes de axuda a través deste medio.
13 de febreiro de 2019
Aprobada a modificación solicitada para a Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) do GALP Golfo Ártabro Norte
A Consellería do Mar, resolveu o 11 de febreiro de 2019 autorizar a modificación da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte, segundo a comunicación recibida neste GALP o día 12 de febreiro.
Polo que, para esta convocatoria 2019, da que remata o prazo de presentación de solicitudes o día 1 de marzo, deberánse ter en conta xa estes documentos modificados, á hora de rechear a memoria da solicitude e demáis trámites necesarios.
As modificacións que se realizaron no Plan de Acción consistiron en introducir novas medidas e mellorar a definición dalgunhas das existentes simplificando e ordenando as liñas de actuación e obxectivos existentes, e ten como consecuencia facer que a EDLP sexa máis coherente coas posibilidades e necesidades detectadas na zona correspondente:
NOVO PLAN DE ACCIÓN
No que respecta á modificación dos Criterios de Valoración, consistiron en introducir como criterios excluíntes que afectarían tanto a proxectos produtivos como non produtivos: a viabilidade técnica, a viabilidade económica e financeira, a coherencia do proxecto coa EDLP, e incluír parámetros máis detallados e que aporten obxectividade á valoración dos proxectos.
NOVOS CRITERIOS DE VALORACIÓN
A modificación do Plan de Financiamento tiña como finalidade a adecuación do financiamento ás novas medidas introducidas sen que se altere o financiamento dos obxectivos estratéxicos e específicos.
NOVO PLAN DE FINANCIAMENTO
No que atinxe aos Indicadores de Resultados, adaptáronse en función do novo Plan de Acción.
NOVOS INDICADORES DE RESULTADOS
Antecedentes:
En base á experiencia e resultados das últimas convocatorias (2016 e 2017), considerouse dende a Xunta Directiva deste GALP que era preciso realizar unha valoración exhaustiva de como se estaba a executar o fondo, e poder establecer así mecanismos de corrección e mellora que reforzaran os indicadores de efectividade, eficiencia, relevancia, utilidade e sostenibilidade, co obxecto final de ter o maior impacto no territorio de actuación. Motivo polo que dende este GALP en febreiro de 2018 solicitouse á Consellería do Mar realizar modificacións en aspectos puntuais da EDLP deste Grupo.

Con estas adecuacións na EDLP o que se pretendía era que esta Estratexia sexa o máis realista posible e que atendan ás inquedanzas e esixencias do seu territorio, sendo quen de poder dar o impulso que o territorio en xeral e o sector do mar en particular están a demandar dentro da súa proposta de futuro.
Por outra banda, tamén preténdese a necesidade de mellorar o grao de execución do programa de axudas en conxunto, sobre todo no que afecta aos investimentos de carácter produtivo. Con estes cambios agárdase incrementar os resultados e o impacto deste programa no territorio facendo especial fincapé na mellora do propio sector pesqueiro e do conxunto de entidades.

Estas melloras consistiron nun traballo de revisión e modificación da EDLP co obxecto de reordenar e actualizar determinados apartados da estratexia, co obxecto de reforzar o impacto do programa de axudas.
Os apartados modificados foron os relativos aos seguintes capítulos da EDLP do Golfo Ártabro Norte:
- Plan de Acción, páxina 269 da EDLP.
- Plan de financiamento, páxina 387 da EDLP.
- Disposición de xestión no apartado relativo aos procedementos para a xestión do programa de axudas, páxina 406 da EDLP.
- Disposicións de seguimento e avaliación no apartado relativo aos indicadores de seguimento e avaliación, páxina 413 da EDLP.
A realización deste traballo tivo en conta as cláusulas establecidas no Convenio asinado entre esta entidade e a Consellería do Mar, para a aplicación da Estratexia de desenvolvemento Local Participativa no marco do desenvolvemento sostible das zonas de pesca do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca.
Etiquetas:
Ares,
Cabanas,
confrarías de pescadores,
Consellería do Mar,
emprendedores,
FEMP,
Fene,
Ferrol,
GALP,
Galp Golfo Ártabro Norte,
Miño,
Mugardos,
Narón,
Neda,
Paderne,
Pontedeume,
proxectos
12 de febreiro de 2019
Xornada Técnica: Asesoramento para presentación de solicitudes á Convocatoria de Axudas 2019 Programa FEMP 2014-2020 no ámbito territorial do GALP Golfo Ártabro Norte
O mércores 13 de febreiro, na Casa do Pescador de Miño (Rúa Curro, nº33 – 15630 Miño), celebrarase unha xornada técnica co obxecto de apoiar a todas as persoas que queiran presentar unha solicitude de proxecto neste GALP, en canto aos trámites de presentación e elaboración de documentación.
O Programa de Axudas ten por obxecto financiar proxectos
tanto de índole produtiva como non produtiva con fondos europeos do FEMP (Fondo Europeo Marítimo e da Pesca) durante o período 2014-2020 coherentes co Plan Estratéxico elaborado para o
ámbito territorial do GALP Golfo Ártabro Norte.
Esta xornada iniciarase ás 17.00 horas coa benvida a todas as
persoas por parte de representantes do GALP Golfo Ártabro Norte, para a
continuación iniciar a xornada técnica, onde se explicará polo miúdo como
cumprimentar os diferentes formularios de solicitude de axudas, en especial o
formulario da “memoria para a elaboración do Plan de Xestión” onde deberán
incluír todos os datos do proxecto, tanto técnicos como económicos e o seu
encaixe coa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo do GALP Golfo
Ártabro Norte.
A actividade é gratuíta e está aberta a todas as persoas que teñan a idea
de presentar un proxecto, nesta convocatoria 2019, da que remata o prazo de
presentación de solicitudes o día 1 de marzo, sendo o único requisito para participar, anotarse previamente ben a través do enderezo electrónico galpgolfoartabronorte@gmail.com ou ben chamar aos teléfonos 981784417 ou 636 736 788
Esta xornada técnica será
exclusivamente de asesoramento e apoio, non de elaboración de ningún tipo de
documentación a nivel particular, xa que os proxectos presentados
posteriormente son analizados e avaliados polo propio equipo técnico do GALP, co
obxecto de ser presentados ante a súa Xunta Directiva e posteriormente ser
enviados á Consellería do Mar para a súa resolución final de concesión ou non
concesión da axuda.
Etiquetas:
Ares,
axudas,
Cabanas,
emprendemento,
FEMP,
Fene,
Ferrol,
GALP,
Miño,
Mugardos,
Narón,
Neda,
Paderne,
Pontedeume,
produtivos,
subvencións
8 de febreiro de 2019
Exhibición en Pontedeume das curtametraxes Vidas Mariñeiras 2018
O próximo martes, 12 de febreiro, ás 18.30 horas na Casa da Cultura de Pontedeume, levarase a cabo unha exhibicion dos proxectos gañadores do concurso de proxectos audiovisuais 'Vidas Mariñeiras 2018'.
O programa inclúe 'Abrir os ollos', unha produción do alumnado de 4º da ESO do IES Breamo de Pontedeume, un filme documental que quere trasladar unha preocupación: a contaminación das augas e a contorna na desembocadura do río Eume.
Tamén teremos ocasión de ver novamente 'Entre o río e mar', neste caso unha produción feita no ano 2017 polos alumnos de 3º da ESO do IES Breamo, que foi finalista nos premios Olloboi 2018 na categoría documental, e que tamén recibiu un premio ao mellor guión no IX Certame de cine OUFF Escola, dentro da 23ª edición do Ourense Film Festival.
Tamén proxectarase "Atlántico de plástico", unha peza do IES Canido de Ferrol que fala da contaminación por microplásticos, parte dunha xornada de surf no corpo dunha das cineastas, Carmen, e contou coa colaboración do equipo científico da Estación biolóxica da Graña.
Vidas Mariñeiras é un programa pedagóxico que ofrece ao alumnado unha base teórico-práctica e unha formación en técnicas audiovisuais destinada á posta en valor dos oficios tradicionais e paisaxes mariñeiras da costa.
Este programa contempla a selección, titorización e desenvolvemento de varios proxectos cinematográficos que dan como resultado unha serie de filmes representativos da vida e paisaxe na costa, nomeadamente a partir do retrato dos oficios vinculados ao traballo no mar.
7 de febreiro de 2019
O GALP GOLFO ÁRTABRO NORTE realizou unha multitudinaria xornada para impulsar o emprendemento no seu ámbito territorial
O evento, impulsado polo GALP Golfo Ártabro Norte, acolleu a máis de 60 persoas interesadas en coñecer novas liñas de negocio.
O pasado mércores 6 de febreiro, no Café Teatro (Pazo da Cultura) de Narón, tivo lugar un obradoiro divido en tres bloques, dedicado a promover as liñas de emprendemento empresarial nos concellos que forman parte do GALP Golfo Ártabro Norte grazas as súas liñas de financiamento (Ares, Cabanas, Fene, Ferrol, Miño, Mugardos, Narón, Neda, Paderne e Pontedeume).
Na primeira parte a xerente do GALP Golfo Ártabro Norte, Maria Antonia Fernández Abeledo, e o seu presidente, Jose Manuel Fernández Lage presentaron o programa de axudas que este organismo outorga e animaron as máis de 60 persoas presentes na xornada que contasen cunha idea para a creación ou ampliación de negocio, a solicitar información co organismo para asesorarse e recibir orientación sobre como poder ser beneficiarios desta subvención.
A continuación presentouse a ponencia “Oportunidades de negocio e desenvolvemento territorial no marco do GALP Golfo Ártabro Norte”, enfocada a presentar aos asistentes as posibilidades que presentan estes fondos para a creación de novas actividades ou mellora da competitividade de empresas existentes, máis aló do sector pesqueiro. Así, nesta intervención, que correu a cargo da consultora María Mesías, da empresa GOODLIFE Factory, expuxéronse os nichos de mercado detectados a través dunha fonda investigación previa, na que foron consultados máis de 40 axentes territoriais, e abondosa información relativa a novos nichos de emprego e actividades empresariais innovadoras nos sectores de referencia, que permitiu apoiar cada unha das oportunidades presentadas con exemplos de proxectos exitosos financiados por estos fondos neste e noutros territorios.
A xornada continuou cun espazo no que entidades deste e doutros GALP presentaron en primeira persoa os proxectos que foron beneficiarios destas axudas, para mostrar os beneficios das mesmas e os pasos que seguiron tanto para desenvolver a súa idea como para executala.
Os asistentes puideron escoitar os casos de éxito de empresas relacionadas coa alimentación como foron Conservas Faro de Burela, Bombóns de Mar (Ribadeo) ou Cervexa Augas Santas de Foz. Pero tamén houbo tempo para casos de financiamento de proxectos do territorio: Inma Sánchez achegou a súa experiencia como emprendedora a través da Cantina do Río Covés, sita en Pontedeume; Ignacio Palmero, coordinador do Club Náutico de Ares, expuxo un proxecto productivo e outro non productivo nas súas instalacións, e pechou José Cortizas, directivo do Club do Mar de Mugardos, que contou como adquiriron material para seguir competindo co seu equipo de remo.

Foi Jacobo Suárez, CEO da empresa GOODLIFE Factory, quen levou a cabo o terceiro e último bloque como experto na xestión deste tipo de axudas e tamén como emprendedor. Nesta parte explicou como e quen pode solicitar unha axuda para o seu negocio, así como os pasos para cumplimentar todos os requirimentos das subvencións.
A xornada rematou coa intervención da concelleira de cultura de Narón, María do Carme Espada, animando aos asistentes a emprender no territorio, e cun networking amenizado cun pincho mariñeiro, onde as persoas asistentes mostraron as súas inquetudes e ideas para facer medrar o tecido empresarial do territorio.
4 de febreiro de 2019
Publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) unha nova orde de axudas do Programa FEMP 2014-2020
O pasado 31 de xaneiro tense publicado no DOG unha nova orde de axudas que regulan as axudas do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) 2014-2020.
O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de axudas para proxectos, ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (en diante, EDLP), aprobados pola Consellería do Mar, aos grupos de acción local do sector pesqueiro (en diante, GALP)
No seguinte enlace podes ver esta normativa: PREME AQUÍ
Os grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) teñen á súa disposición máis de 22 millóns de euros ata 2021 cofinanciados co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca no marco da convocatoria de 2019 das axudas aos seus proxectos.
A orde que regula estas axudas contempla maiores facilidades para os promotores na presentación de solicitudes, medidas para fomentar a creación de máis emprego e o traspaso de orzamento sobrante dos grupos que teñen menos proxectos a outros para os que os fondos son insuficientes.
Outra das novidades é a ampliación do período de presentación das solicitudes de achegas, que estará aberto de xeito permanente ata o 1 de marzo de 2021.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)