10 de maio de 2020

Entrevistamos a testemuñas directas vinculadas co sector pesqueiro e marisqueiro deste ámbito territorial

#QuedaCoNosoMar

 #QuedaConNuestroMar

O Patrón maior da Confraría de Pescadores de Mugardos, Omar Enrique Lucci Muñoa, aínda que tamén é o noso Secretario, respondeu ás nosas preguntas en calidade de Patrón maior da Confraría de Mugardos. Grazas!! Omar




A Confraría de Pescadores de Mugardos, ten dous sectores productivos, a pesca de baixura (7 embarcacións) e o marisqueo a pé (65 permisos de explotación). O marisqueo é a actividade principal da confraía en canto a volumen de produción e ingresos.

MARISQUEO: Ameixa fina, Ameixa xapónica, Ameixa babosa, Berberecho, Navalla, Bicuda e  Ostra plana.

Contacto: Tlfno. 981 472 227 / cofradia@cofradiamugardos.org

Segue o día a día desta Confraría na súa páxina de FACEBOOK

Igual que sucede noutras actividades, a crise provocada polo Covid-19 é complicada para o sector. Como afronta esta situación? Que pode facer a cidadanía para axudar ao sector do mar?

A Confraría de Mugardos ten dous sectores productivos, a pesca de baixura (7 embarcacións) e o marisqueo a pé (65 permisos de explotación). O marisqueo é a actividade principal da confraía en canto a volumen de produción e ingresos.

Nesta crise a pesca de baixura segue a traballar como o viña facendo antes da pandemia, coas limitacións de seguridade esixidas que supoñen cambios nas condicóns de traballo nas embarcación e nos puntos de venda. O marisqueo a pé vese obrigado a acollerse ao cesamento da actividade como consecuencia da caída total da demanda das especies comercializadas.

O consumo regular periódico de peixe e marisco a nivel familiar sería unha forma de axudar ao sector, xa que os clientes principais, hostalería e turismo, están actualmente inactivos.

Cal considera que é a importancia do sector do mar e, mais concretamente, da súa actividade, para a sociedade e a economía de Galicia?

Importancia a nivel medioambiental.
Dende hai anos os recursos pesqueiros en Galiza se xestionan mediante plans de xestión. Estes plans van máis aló da pesca e extración de especies de peixes e mariscos e a súa comercialización. E se nutren de datos obtidos do medio natural para compatibilizar a actividade pesqueira co coidado ambiental. A obtención destes datos require dunha presenxza e observación continua do medio mariño influindo de manera determinate no seu control e coidado.
O control continuo do medio permite detectar e correxir situacións negativas as que se enfrontan os ecosistemas na actualidade, favorendo neste aspecto a conservación da biodiversidade e dos habitats. En xeral o sector do mar aportalle a sociedade a conservación do patrimonio natural mariño.

Importancia na saude.
Os controis sanitarios esixidos pola lexislación vixente para garantir a comercialización dos productos do mar funcionan tamén como indicadores para a deteción de posibles problemas sanitarios axenos ao medio marino.

Importancia no abastecemento de alimentos de alto valor nutritivo e saludables á sociedade.

Importancia económica.
O sector do mar é unha importante fonte de xeración de emprego e riqueza na comunidade autónoma.


Canto emprego e volume de facturación xera o sector do mar na zona?

Os datos que se expoñen a continuación son os relativos a Confraría de Mugardos.
O dato do emprego é emprego directo e a facturación estimouse mediante a media dos últimos cinco anos das especies comercializadas na lonxa.
Emprego: 83 persoas, socios da entidade e personal contratado. Facturación (2015-2019) : 356.898 €

Que características propias da súa actividade fan que sexa esencial para a sociedade?

Quizais a principal caracteristica da actividade pesqueira e marisqueira sexa o coñecemento necesario tanto das zonas de pesca como da vida das especies para poder capturalas e que cheguen as lonxas e aos consumidores finais. Este coñecemento tarda tempo en adquirirse por tratarse dun medio moi dinámico e cambiante e require dunha presenza continua no mar.


Por que cre que é vital consumir produtos do mar?

Os productos do mar aportan unha serie de beneficios aos seres humanos que os diferencian doutros alimentos.

En xeral son de baixo o moderado valor calórico, as proteinas presentes nestes alimentos cosidéranse de alto valor biolóxico xa que conteñen todos os aminoácidos que o organismo necesita nas proporcións axeitadas.

A grasa do peixe é rica en ácidos grasos poliinsaturados e esenciales (omega-3).
Aporta vitaminas dos grupos A, B, D e E e minerales coma iodo, fósforo, clacio e selenio.

Os mariscos xeralmente baixos en calorías son ricos en proteínas e minerales e ademáis dos xa citados aportan tamén ferro, cinc e potasio.

Ademáis son sabrosos e de fácil mastigación e dixestión.Todas estas características faios alimentos moi saudables.





8 de maio de 2020

Achegamos testemuñas directas do ámbito territorial do GALP Golfo Ártabro Norte á Campaña Queda Co Noso Mar

#QuedaCoNosoMar

 #QuedaConNuestroMar

Mario Camba, propietario xunto co seu irmán do Mesón Avellaneda en Pontedeume, mostra o seu apoio a  esta campaña e ao todo o sector do mar, respondendo moi amablemente ás nosas preguntas. 

Moitas grazas!!! Mario



Mesón Avellaneda,  é considerado un lugar de referencia todo o ano para familias dos concellos limítrofes, con nen@s que queiran desfrutar dunha comida elaborada con produtos do mar, ao mesmo tempo que os nen@s desfrutan no parque de bolas (único no Concello de Pontedeume) de forma controlada e segura.


Establecemento de referencia para celebración de eventos (aniversarios, festas de empresas, reunións familiares, menús concertados, bautizos, comunións...)


Dirección: Doctor Villanueva 10 - Puentedeume

Contacto: Tlfno. 981 434 113 / Messenger

Igual que sucede noutras actividades, a crise provocada polo Covid-19 é complicada para o sector. Como afronta esta situación? Que pode facer a cidadanía para axudar ao sector do mar?

Afronto la situación teniendo mucha calma y creyendo que nuestros representantes legales están haciendo una gran labor para que pronto podamos volver a realizar nuestra actividad.

Lo que puede hacer la ciudadanía es seguir demandando los productos del mar, como hasta ahora, e incluso más, ya que la actividad de la restauración está parada, produciendo una importante disminución en la demanda de dichos productos, por eso , lo mejor que puede hacer la ciudadanía es seguir consumiendo pescados, mariscos, etc, para que cuando se reanude la actividad cuanto antes , sea una actividad productiva.

Cal considera que é a importancia do sector do mar e, mais concretamente, da súa actividade, para a sociedade e a economía de Galicia?

Considero que es importante el sector del mar en Galicia, por dos razones fundamentales:

Un motor económico muy importante, ya que genera muchos  puesto de trabajo, tanto de forma directa como indirecta,

Y por otro lado, es un referente a nivel cultural de Galicia en el mundo, los productos de las rías gallegas tienen mucha fama a nivel mundial, su marisco, su pulpo, y también las elaboraciones que con ellos se preparan, por tanto creo que muy importante el sector del mar como referente de la cultura de Galicia y por consiguiente una importante fuente de ingresos a traves del sector turístico, que viene a Galicia buscando entre muchas otras atracciones , el buen comer.

Canto emprego e volume de facturación xera o sector do mar na zona?

Sinceramente desconozco con exactitud esa información, pero en donde yo personalmente tengo mi mesón, que es en Pontedeume,  se que  muchas familias viven del sector de la pesca, o bien de forma directa o indirectamente como mi caso.

Que características propias da súa actividade fan que sexa esencial para a sociedade?

Si bien mi actividad en concreto es básicamente de ocio, sí que de alguna manera , ayudamos al sector pesquero, ya que ofertamos de manera importante los productos del mar, haciendo que la sociedad, pruebe de muy diferentes maneras dichos productos, de manera que amplíen su conocimiento acerca de los maravillosos que pueden ser dichos productos, y así promover de alguna manera su consumo.

Por que cre que é vital consumir produtos do mar?


Creo que es vital consumirlos, porque además de tener un alto contenido en nutrientes esenciales para la salud, de decir, alimentos muy saludables, además tenemos en Galicia excelentes productos, y porque también mucha gente vive de ello, y consumirlo es vital para mantener el sector pesquero en funcionamiento.


6 de maio de 2020

Testemuñas directas do GALP Golfo Ártabro Norte: JC Global Consulting

#QuedaCoNosoMar   
#QuedaConNuestroMar

O propietario de JC Global Consulting, Julio S. Cantero Leiro, enviounos este video, no que recolle moitos datos interesantes, así como as súas opinións ao respecto do sector pesqueiro. 
Moitas grazas!!!

"Está en nuestras manos ayudar a salir adelante. Consumamos productos de la mar, alimentos de proximidad" Julio Cantero.






4 de maio de 2020

Achegamos testemuñas directas do ámbito territorial do GALP Golfo Ártabro Norte á Campaña Queda Co Noso Mar

#QuedaCoNosoMar

 #QuedaConNuestroMar

O noso Vicepresidente, Cesar Longo Queijo, mostra o seu apoio a esta campaña dos GALP galegos, respondendo moi amablemente ás nosas preguntas, Grazas!!! 

Cesar Longo Queijo, é tamén alcalde do Concello de Paderne, entidade socia do GALP Golfo Ártabro Norte. 

http://concellodepaderne.com/pages/index


Igual que sucede noutras actividades, a crise provocada polo Covid-19 é complicada para o sector. Como afronta esta situación? Que pode facer a cidadanía para axudar ao sector do mar?

Cumprindo as normas e recomendacións do goberno. Consumir na medida do posible os produtos do mar..

Cal considera que é a importancia do sector do mar e, mais concretamente, da súa actividade, para a sociedade e a economía de Galicia?

Importancia principal,  é o sector primario  fundamental na economía de Galicia e o sector pesqueiro é una fonte de emprego importantísima.

Canto emprego e volume de facturación xera o sector do mar na zona?

No sector primario bastante e no de comercialización dos produtos do mar moi importante. Tamén ten bastante incidencia no turismo mariñeiro.

Que características propias da súa actividade fan que sexa esencial para a sociedade?

É absolutamente necesaria na alimentación  das persoas

Por que cre que é vital consumir produtos do mar?

Para levar una dieta sana e nutritiva ademais da importancia que poder ter que os produtos do mar galegos son únicos.





2 de maio de 2020

Entrevistamos a testemuñas directas vinculadas co sector pesqueiro e marisqueiro deste ámbito territorial

#QuedaCoNosoMar

 #QuedaConNuestroMar

O propietario de Peixería Mares, José Ramón García Bello, respondeu moi amablemente ás nosas preguntas. Moitas grazas!!!




En Peixería Mares ofrecemos un servizo de peixe fresco diario dos productos que traemos directos da lonxaContamos con unha sección variada de productos conxelados, salado e conservas.


Dirección: Rúa Real, 45, 15624 Ares, A Coruña

Contacto: Tlfno. 679 22 63 58 / Messenger


1.- Igual que sucede noutras actividades, a crise provocada polo Covid-19 é complicada para o sector. Como afronta esta situación? Que pode facer a cidadanía para axudar ao sector do mar?

Pois a situación a afrontamos con moitas precaucións e con resignación…pero non queda outra que afrontalo tal e como está, pero sen descoidarse en ningún momento.

A cidadanía para axudar o sector do mar, o que ten que facer e consumir produtos do mar pescados e elaborados en Galicia, rexeitar o peixe e marisco que ven de Portugal, Turquía, Canadá… porque si mercan produto galego, todos eses cartos quedan aquí.

2.- Cal considera que é a importancia do sector do mar e, mais concretamente, da súa actividade, para a sociedade e a economía de Galicia?
O sector do mar, e no que a min máis preto me toca que é na peixería, é importante no senso que nós ofrecemos peixe e marisco fresco das nosas costas, ofrecendo a máxima calidade de produto. Nestes momentos difíciles, ofrecemos un servizo a domicilio totalmente gratuíto, para que a xente non teña que saír dos seus fogares, e así poder consumir alimentos que ofertamos, e a xente poida facer unha dieta sana e equilibrada.

3.- Canto emprego e volume de facturación xera o sector do mar na zona?

O emprego que xenera o sector do mar nestes momentos, non é tan grande como fai uns anos, pola diminución da flota, pero aínda así é moi importante polo volume de negocio que xenera, pescadores, estibadores, transportistas, lonxas, peixerías…

4.-Que características propias da súa actividade fan que sexa esencial para a sociedade?

A pesca é unha actividade esencial na nosa comunidade, pois somos onde se comercializa gran parte do peixe e marisco que se consume no país, e tamén polas exportacións que se fan o resto de Europa, con volume de ventas e ingresos fundamentais para a nosa comunidade, e para as localidades que teñen barcos de pesca ou marisqueo.

5.- Por que cre que é vital consumir produtos do mar?

Porque son fundamentais para levar unha vida saudable e confortable. Tódolos médicos aconsellan 2 ou 3 veces mínimo por semana consumir omega 3, vitaminas e proteínas.