15 entidades relacionadas coa industria turística coñecen os pormenores da Ruta dos Faros no territorio do GALP Golfo Ártabro Norte.
O pasado xoves 08 de novembro, celebrouse unha xornada dedicada a salientar os recursos turísticos vencellados á Ruta dos Faros de Galicia que representa aos concellos que comprende este organismo.
Esta actividade, á que estaban convidadas todas as empresas asociadas a Mar Galaica, gozou coa representación de 15 entidades turísticas do territorio, quen deron a coñecer as potencialidades dos seus negocios e do entorno que os rodea ao resto de participantes mediante unha xornada de networking.
A creación da rede de contactos continuou durante a comida namentres se degustaba unha selección de pratos do mar no edificio do Antigo Hospicio Municipal de Ferrol.
Ademais de crear unha rede de contactos con outros negocios da zona, as persoas participantes recoñeceron os atractivos turísticos salientados pola Ruta dos Faros nunha presentación que foi complementada con visitas interpretadas a recursos representativos do territorio: o Museo Naval e Ferrol, o Faro de Cabo Prioriño, un paseo en barco de Ferrol a Mugardos e unha visita á Aula do Mar de Ares.
As persoas participantes coñeceron de primeira man a información relativa a estes bens e ao produto turístico A Ruta dos Faros de Galicia de maneira que poderán influenciar aos seus clientes para que os visiten con fundamentados argumentos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario