23 de setembro de 2021

 

AVISO IMPORTANTE:  Debido ás inclemencias meteorolóxicas previstas para mañá venres pola tarde, a xornada da ameixa prevista na Confraría de Pescadores de Mugardos celebrarase no Mercado Municipal de San Telmo de Mugardos.


UBICACIÓN: https://goo.gl/maps/gPePSxeHhnMFXxgGA


Desculpen as molestias ocasionadas e agardamos a súa asistencia neste novo emprazamento.

 


 

7 de setembro de 2021

Este xoves día 9 de setembro a partir das 18 horas teremos nos exteriores da Confraría de Pescadores de #Miño, no Porto, a presentación oficial das xornadas das #ameixas do Golfo Ártabro, sendo a primeira delas a de Miño. 

Realizarase unha pequena demostración do funcionamento e exposición do PDF interactivo das xornadas, rematando coa exposición dos 10 paneis onde poderán verse as características de 5 tipos de ameixas e información das 6 confrarías de pescadores deste ámbito territorial (#Miño, #Pontedeume, #Ares, #Mugardos, #Barallobre, #Ferrol).

 Remataremos cunha degustación do produto da Confraría de Pescadores de Miño co obxecto de dalo a coñecer entre os asistentes: #ameixa fina e #berberecho. 

Convidámolo/a a participar nesta xornada en Miño, da que sería conveniente por motivos organizativos confirmaran asistencia:

Teléfonos: 981 784 417 e 636 736 788 

correo electrónico:  gal.mar.golfoartabronorte@xunta.gal