8 de outubro de 2018

Presentación dos resultados do proxecto de cooperación CANDIEIRA en Santiago de Compostela. Encontro das Mulleres do Mar

O sábado 20 de outubro no Museo do Pobo Galego terá lugar a cita estrela de Candieira: un encontro onde as participantes deste programa, que comezara a finais de maio de 2017 e remata neste mes de outubro, amosarán os resultados de todas as accións desenvolvidas ao público e aos medios de comunicación asistentes. 

A inscrición das asistentes será a partir das 10:30 do mesmo sábado, mais é preciso confirmar a asistencia previamente no correo info@candieira.net.



Remataron no GALP Golfo Ártabro Norte, as actividades de Candieira - Rede de Mulleres do Mar. 


Neste GALP o pasado xoves día 4 despedímonos das últimas sesións de Aliadas de Candieira. Quixemos dicir cada unha de nós unha palabra que resumise o que nos achegou este proxecto. Algunhas coincidimos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario