Actividades animación e divulgación

Arranca a segunda edición da campaña escolar "ONDAS DE ILUSIÓNS - ESCOLAS DO MAR"

Trala boa acollida da primeira edición, o programa educativo de divulgación dos recursos do mar do Golfo Ártabro Norte "Ondas de Ilusións: escolas do mar", celebra a súa segunda edición no curso escolar 2017-2018 nos meses de maio e xuño.
Este Programa está financiado con fondos do Programa FEMP 2014-2020, dentro das actividades de animación e divulgación do GALP Golfo Ártabro Norte para este ano 2018.

“Ondas de ilusións: Escolas do mar” é un proxecto de sensibilización e divulgación dos valores e dos recursos do mar que constitúe un complemento de alto valor pedagóxico ás actividades dos centros participantes.

Nesta segunda edición continuaremos a promover como obxectivos principais a adquisición de coñecementos e valores que favorezan o respecto e promoción dos recursos ambientais, culturais e socioeconómicos do litoral do Golfo Ártabro norte, facendo especial énfase no tema da sustentabilidade e o valor dos recursos locais.

Contaremos para iso coa Ameixa Tareixa, protagonista desta costa e que será a mascota que nos vai acompañar ao longo de todas as actividades das que consta a campaña e que propoñen para cada centro as seguintes accións:

• Sesión divulgativa. Presentación da campaña e dos c Sesión divulgativa. Contidos do programa.
• Unidade didáctica para o traballo na aula. Tres pro Unidade didáctica para o traballo na aula. postas para achegarse de maneira lúdica aos obxectivos do programa.
• Xornada de excursión. Unha saída a espazos significativos do Golfo ártabro onde afondar co coñecemento dos valores naturais, culturais e socioeconómicos do territorio.
• Concurso de Contos. Concurso de contos no que os diferentes grupos poderán participar de maneira voluntaria.
• Vídeo didáctico. Vídeo resumo do programa para divulgar o programa de cara a futuras edicións.

A campaña está dirixida a nenos e nenas de entre 8 e 12 anos dos centros públicos do territorio do Golfo Ártabro Norte: Paderne, Miño, Pontedeume, Cabanas, Ares, Mugardos, Fene, Neda, Ferrol e Narón.




O programa «Vidas mariñeiras», coordinado polo Grupo de Acción Local Pesqueiro Ártabro Norte, promoveu durante estes últimos meses unha serie de actividades formativas no eido audiovisual destinado ao alumnado de ESO e Bacharelato dos centros de ensino dos concellos de Ares, Cabanas, Fene, Ferrol, Miño, Mugardos, Narón, Neda, Paderne e Pontedeume.

«Vidas mariñeiras» é un programa pedagóxico (apoiado e referenciado no traballo pioneiro desenvolto en Galicia por, entre outros, Cinema en curso) que ofrece ao alumnado de secundaria e bacharelato unha base teórico-práctica e unha formación en técnicas audiovisuais enfocada á posta en valor dos oficios tradicionais e paisaxes mariñeiras da costa do Golfo Ártabro Norte.

Durante o mes de setembro realizouse un concurso de ideas a través do que foron seleccionados 3 proxectos que serían os beneficiarios desta formación e acompañamento.

Como resultado deste proceso producíronse 3 curtametraxes realizadas polo alumnado do CPI A Xunqueira (Fene), CPI As Mirandas (Ares) e o IES Breamo (Pontedeume).

O programa contou cos docentes e cineastas Marcos Flórez e Xacio Baño baixo a coordinación do Laboratorio NUMAX.


Entre o río e o mar
Dirección: alumnado de 3º da ESO do IES Breamo, Pontedeume
Belén Carballeira Ageitos, Vítor Castelos Pérez, Lucía Cots Vera, María López Álvarez, Cástor Regueira Dosil, Sara Rubido Varela e Emilio Sánchez Ródenas.

Deixándose levar pola corrente do río Eume, alí onde se confunde coas augas do mar, esta peza demórase en conversas cos mariñeiros do porto e a singular paisaxe da desembocadura ao seu paso por Pontedeume.


De corazón, mariñeiro

Dirección:alumnado de 3º e 4º da ESO do CPI A Xunqueira, Fene
Ángelo A. Cazorla Villarroel, Paula Leite Pico, Sofía Moure Dopico, María Pérez Seoane, Alicia Prieto López, Marta Seco Ameneiro, Caio Augusto Severiano Artiaga, María Souto Rodríguez

A través das palabras de Vituco, da Estación de Bioloxía Mariña da Graña, mergullámonos na ría de Ferrol para coñecer algunhas das especies que a habitan, ao tempo que coñecemos o traballo que desenvolve o seu equipo científico.






Dirección: alumnado de 4º da ESO do CPI As Mirandas, Ares

Uxía Amorín Gómez, Icía Bermúdez Fornos, Vera Candal Jacob, Vanessa Carpente Martínez, Aitana Feal Vilar, Adrián Fernández Filgueiras, Lara Fonte Allegue, Miriam Giraldo Herrera, Paula López Vilasánchez, Isabel Maceiras Varela, Carmen Martínez Dragó, Yasmina Martínez Oufquir, Paula Mesías Fernández, Julia Roade Conejo, Verónica Rodríguez Martínez, Borja Souto Prego, Judith Zabala Martínez.

Retrato colectivo das mulleres de Ares que traballaban nas fábircas de salgadura da zona. A través delas sabemos do que era o seu oficio e as súas condicións laborais, pero támen das súas lembranzas e arelas.







Ningún comentario:

Publicar un comentario