Dentro do proxecto de cooperación Galicia Norte, Mares de Experiencias no que estamos a participar xunto co GALP A Mariña- Ortegal, no mes de outubro celebráronse dúas xornadas colaborativas de turismo mariñeiro no noso ámbito territorial.
Galicia Norte, Mares de Experiencias é un proxecto promovido polo GALP Golfo Ártabro Norte e o GALP A Mariña - Ortegal para impulsar a cooperación interterritorial do turismo mariñeiro, dinamizando así a economía da costa norte de Galicia.
Estas Xornadas Colaborativas de Turismo Mariñeiro que se celebraron estaban dirixidas principalmente a empresas de servizos turísticos, asociacións, clubes e organismos públicos.
A primeira das xornadas celebrouse no Concello de Narón o pasado 22 de outubro, no Centro de Formación Irmas Froilaz.
O dia 29 de outubro, celebrouse a segunda destas xornadas colaborativas, na Casa do Pescador do Concello de Miño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario