Invitámosche a descubrir, de primeira man, Oficios do Mar vixentes aínda na actualidade: redeiras, actividade conserveira, carpintería de ribeira, artes de pesca ou marisqueo a pé distribuídos pola zona da Mariña, Ortegal ou do Golfo Ártabro Norte, a través de Visitas Demostrativas protagonizadas polos propios profesionais que manteñen viva a tradición.
Descobre as datas, horarios e lugares no noso ámbito territorial:
- En Miño o día 31 de outubro ás 15 horas, MARISCADORAS de Miño, coa colaboración da Confraría de Pescadores de Miño
- En Pontedeume o día 12 de novembro ás 12 horas, ARTES DE PESCA coa colaboración da Confraría de Pescadores de Pontedeume
Se estás interesad@, fainos chegar a túa elección reservando praza a través do seguinte formulario: https://goo.gl/a6hib2
Se o prefires, podes facelo respondendo a este mesmo correo electrónico maresdeexperiencias@gmail.com ou contactar con nós no número de teléfono 673 472 735.
OLLO! Podes apuntarte a varias visitas demostrativas pero non esquezas reservar praza porque o aforo é limitado!
Galicia Norte, Mares de Experiencias é un proxecto de cooperación interterritorial promovido polo GALP A Mariña - Ortegal e o GALP Golfo Ártabro Norte que pretende potenciar o turismo mariñeiro na costa norte de Galicia. Para máis información preme aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario