Amosando publicacións coa etiqueta Galp Mariña Ortegal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Galp Mariña Ortegal. Amosar todas as publicacións

8 de novembro de 2018

Demostración Oficios do Mar en Pontedeume







Invitámosche a que participes desta Demostración dos Oficios do Mar que se vai celebrar en PONTEDEUME, o luns día 12 de novembro ás 12 horas.  









A quen vai dirixida? A público en xeral, empresas, asociacións, centros educativos, administracións públicas, clubes, etc.

Se estás interesad@, fainos chegar os teus datos a través do seguinte formulario: https://goo.gl/a6hib2

Se o prefires, podes reservar a túa praza enviando un correo electrónico a maresdeexperiencias@gmail.com ou contactar con nós no número de teléfono 673 472 735.

"Galicia Norte, Mares de Experiencias" é un proxecto promovido polo GALP Golfo Ártabro Norte e o GALP A Mariña - Ortegal para impulsar a cooperación interterritorial do turismo mariñeiro, dinamizando así a economía da costa norte de Galicia.

Segue o día a día deste proxecto de cooperación no que estamos participando, premendo AQUÍ

25 de setembro de 2018

Rematan as xornadas de difusión do proxecto de cooperación Galicia Norte, Mares de Experiencias


Onte luns día 24, estivemos acompañando ao equipo técnico que está traballando no proxecto de cooperación Galicia Norte, Mares de Experiencias, na última xornada de difusión deste proxecto no noso territorio. Iniciativa promovida polo GALP Golfo Ártabro Norte e o GALP A Mariña Ortegal a través do Programa FEMP 2014-2020.





A xornada celebrouse no Centro Comunitario Casas da Mariña, no Concello de Narón, onde se lles explicou aos asistentes (empresas do sector turístico, da hostalería e restauración), como participar nesta interesante iniciativa posta en marcha no noso territorio. En breve, iniciaránse as actuacións previstas dentro deste proxecto.


Os obxectivos deste proxecto son:
  • Dinamizar os axentes turísticos locais que poidan verse beneficiados polas rutas turísticas creadas "Galicia Norte, Mares de Experiencias" a través de: 
    • Xornadas de NETWORKING para a integración do tecido empresarial nas rutas turísticas.
    • Unha visita de ASESORAMENTO INDIVIDUALIZADO, ás empresas seleccionadas que contribúa á mellora da calidade turística.   
  • Implicar á poboación local nos valores mariñeiros do territorio a través de OBRADOIROS DEMOSTRATIVOS dos oficios vinculados ao mar e ao territorio.
Beneficios para os participantes: 
  • Formar parte dunha marca con proxección internacional: Galicia Norte, Mares de Experiencias.
  • Maior visibilidade no territorio.
  • Promoción en redes sociais
  • Asesoramento empresarial personalizado
  • Colaboración empresarial

Se estás interesad@ en participar, segue esta ligazón para adherirte ao programa : 

Segue o día a día deste proxecto a través das redes sociais: FACEBOOK

18 de setembro de 2018

Xornada Difusión Narón. Galicia Norte, Mares de Experiencias

"Galicia Norte, Mares de Experiencias" é un proxecto de cooperación entre o GALP A Mariña-Ortegal e o GALP Golfo Ártabro Norte. Nace coa intención de visibilizar a cultura ligada ao patrimonio mariñeiro a través do turismo. 
Anímaste?

Dende Galicia Norte. Mares de Experiencias partimos de novo para darlle continuidade á nosa travesía cunha Xornada Informativa que terá lugar o vindeiro luns 24 de setembro no Centro Comunitario Casas da Mariña, en Narón, ás 18:00 horas.
Nesta xornada poderás coñecer as actividades que se van realizar no marco do proxecto, os obxectivos e os beneficios de adhesión e participación no mesmo.
Para facilitar a chegada ao centro, engadimos a ligazón co mapa do acceso: https://goo.gl/maps/AtXBESfmqAv

Podes seguir este proxecto a través das Redes Sociais:

Equipo Técnico Galicia Norte. Mares de Experiencias
Teléfonos contacto: 670 253 026 / 673 472 735



4 de xullo de 2017

Presentación pública do proxecto de cooperación de turismo mariñeiro "Galicia Norte, mares de experiencias"

O GALP Golfo Ártabro Norte xunto co GALP A Mariña Ortegal están a impulsar un proxecto de cooperación interterritorial de turismo mariñeiro co obxecto de dinamizar a economía da costa norte de Galicia: "GALICIA NORTE, MARES DE EXPERIENCIAS"

O resultado desta colaboración será o desenvolvemento e a promoción de rutas e experiencias turísticas para a posta en valor do patrimonio natural e cultural dos 23 concellos nos que actúan, e que van dende o municipio coruñés de Paderne ata o lucence de Ribadeo.  En total, o proxecto levarase a cabo en dous territorios contiguos con características comúns e que contan cun rico patrimonio marítimo pesqueiro, cultural e natural moi relevante, que se estende ao longo de 384 quilómetros de costa, unha cuarta parte de toda a liña costeira galega.

A promoción dun único territorio sen fronteiras na costa máis septentrional de Galicia permitirá focalizar mellor os atractivos turísticos máis relevantes e favorecer estadías máis longas dos viaxeiros, o que permitirá un maior volume de ingresos para a poboación.

Baixo o nome "Galicia Norte, mares de experiencias", esta iniciativa pretende aproveitar o potencial da actividade pesqueira e mariñeira da zona, que representa o 8,8% do emprego nos concellos de A Mariña-Ortegal e o 3,3% dos pertencentes ao Golfo Ártabro Norte.

Para dar a coñecer este proxecto nos dous territorios, está prevista unha presentación pública no Auditorio da Casa da Cultura do Concello de Valdoviño o próximo xoves 6 de xullo ás 11 horas.