§ Pobos con pasado baleeiro, casas indianas que lembran a emigración e as
árbores e cantís máis altos de Europa, todo entre Paderne e Ribadeo.
O norte do norte sempre asemella
un lugar inalcanzable e solitario, onde o vento bate con tanta forza que un
teme saír voando. Na costa norte de Galicia, entre os concellos de Paderne e
Ribadeo, hai vento e tamén hai sitios solitarios e, ás veces, case inalcanzables
por permanecer en cabos afastados da civilización.
Pero os case 400 quilómetros de
distancia entre ambos puntos son todo menos solitarios e inalcanzables. De
feito, o proxecto 'Galicia Norte, Mares de Experiencias' acaba de editar unha
guía turística que ofrece ao visitantes 10 novas rutas para descubrir os
encantos desta terra de paisaxe salvaxe pero con xente moi acolledora.
Estes novos itinerarios non teñen
en conta as fronterias de cada concello. Todo o territorio é un. A única
fronteira que pode existir é a de non querer vivir as experiencias que achega
esta nova proposta turística. 10 rutas temáticas e transversais coas que gozar
en todas as estacións do ano. Na costa norte de Galicia o lecer non ten data de
caducidade.
Barrios con alma
mariñeira
Pedro Almodóvar namorouse da
pequena vila de Redes, en Ares, e desde aquí pódese iniciara unha viaxe que
levará ao visitante a coñecer a verdadeira alma marilñeira dos pobos desta
costa. Desde a “ponte do demo” de Pontedeume ata os 900 anos do casco histórico
de Viveiro.
Vixías do norte
Os faros contemplan solemnes o
paso do tempo e, mentres tanto, guían a milleiros de embarcacións na súa
travesía entre o mar Cantábrico e o oceáno Atlántico. Colosos de 100 metros de
altura protexen aos navegantes desta costa rochosa, na que tamén se atopan
faros convertidos en pequenas illas, como o da illa Pancha, e faros que
custodian o punto máis setentrional da península, Estaca de Bares.
Pontes entre o
pasado e o presente
As pontes son un símbolo universal
de tránsito e conexión. Neste territorio son, ademais, importantes testemuñas
da súa historia. Desde o atrevemento da ponte do Pedrido, o turista cruzará por
outros emblemas da arquitectura antiga e moderna como a ponte de Pedra, a ponte
das Pías ou a ponte do Barqueiro.
A Galicia
indiana
Estas exóticas vivendas son as
herdeiras da dura historia da emigración galega, aínda que conteñen un sabor de
boca máis dulce por ter sido propiedade de galegos que retornaron ricos de
América. Espectaculares construcións como a Casa da Maleta, a Casa Santa
Amalia, o Chalé do Fondón ou a Torre dos Moreno enchen de eclecticismo decenas
de pobos mariñeiros.
Tradición
baleeira
Os galegos foron, xunto cos
vascos, os maiores cazadores de baleas de España durante séculos. De ese pasado
aínda se lembran oito pobos costeiros do norte de Galicia nos que a pesca dos
cetáceos supuxo unha importante actividade. As pegadas máis destacadas desa
tradición gárdanse no Museo do Mar de San Cibrao, en Cervo, que é un dos museos
máis relevantes na súa categoría.
Unha ruta de
altos voos
Os amantes da observación de aves
están de sorte. A costa norte de Galicia é unha importante zona de migración de
numerosas especies. Nas súas rías, marismas e illotes déixanse ver exemplares
de escasa visibilidade noutros lugares, como o paíño pequeño ou a sorprendente
aguia pescadora.
Ningún comentario:
Publicar un comentario