22 de setembro de 2017
18 de setembro de 2017
Xornadas divulgativas sobre o potencial económico e laboral do turismo mariñeiro
§
Os GALP
A Mariña-Ortegal e Golfo Ártabro Norte organizan 5 sesións formativas en aberto
e dirixidas á poboación en xeral.
§
Serán en Cedeira, Miño, Viveiro, Foz e Narón.
Valdoviño/Viveiro, 15 de setembro de 2017.- O proxecto de turismo mariñeiro “Galicia Norte,
mares de experiencias” continúa o seu calendario de accións formativas coa
convocatoria de 5 xornadas de
difusión da cultura mariñeira. Durante estas sesións abertas a calquera
interesado, informarase sobre o
potencial económico e de xeración de emprego do turismo mariñeiro.
CALENDARIO DAS XORNADAS DE
DIFUSIÓN
• Cedeira. Martes, 19 setembro. Horario: 11:00-12:30h. Biblioteca do Auditorio Municipal. Rúa
Convento, s/n Baixo, esq. R/ María Mediadora
•
Miño. Mércores, 20 setembro. Horario: 11:00-12:30h.
Casa do Pescador. Rúa Curro, 33
• Viveiro. Luns, 25 setembro. Horario: 11:00 – 12:30 horas. Salón Multiusos do Concello - Praza Pastor
Díaz, 1
•
Foz. Martes, 26 setembro. Horario: 11:30
horas. Salón da Casa da Cultura. Rúa
Lugo, 1
• Narón. Mércores, 27 setembro. Horario: 11:00 – 12:30 horas. Salón Café Teatro. Pazo da Cultura, Rúa
Holanda, s/n
Despois destes seminarios de
difusión, celebraranse unhas xornadas formativas para a diversificación do
sector turístico e pesqueiro, das que se ofrecerá máis información en cada un
dos 5 encontros referidos.
“Galicia Norte. Mares de Experiencias” é un proxecto de cooperación
interterritorial de turismo mariñeiro impulsado polos GALP (Grupos de acción
local del sector pesquero) A Mariña-Ortegal e Golfo Ártabro Norte, e financiado
con fondos europeos nos 23 concellos da Coruña e de Lugo que conforman a súa
área de actuación.
GALP Golfo Ártabro Norte
|
GALP A Mariña-Ortegal
|
Paderne
Miño
Pontedeume
Cabanas
Ares
Mugardos
Fene
Neda
Ferrol
Narón
|
Valdoviño
Cedeira
Cariño
Ortigueira
Mañón
O Vicedo
Viveiro
Xove
Cervo
Burela
Foz
Barreiros
Ribadeo
|
Esta iniciativa terá como resultado a creación de 10 experiencias
turísticas (5 por cada GALP) ao longo de 384 kilómetros da Galicia máis
septentrional, a cuarta parte da costa galega. Outro dos obxectivos é formar á
poboación para dinamizar a creación de novos produtos e servizos relacionados
co mar e co turismo para impulsar o relevo xeracional no sector da pesca e a
fixación de poboación nova.
15 de setembro de 2017
12 de setembro de 2017
4 de setembro de 2017
O GALP Golfo Ártabro Norte pon en marcha un curso presencial-práctico co obxecto de aumentar as competencias no desenvolvemento de actividades de turismo mariñeiro no seu ámbito territorial.
Os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) de Galicia están a traballar dende hai anos, de xeito individual e coordinadamente, no desenvolvemento do turismo mariñeiro. Froito de esta colaboración xurdíu o proxecto MarGalaica, que trata de aglutinar e incorporar toda a oferta de turismo mariñeiro de Galicia.
Os GALP de
Galicia, a través de Margalaica no ano 2017 están a por en marcha a Ruta dos
Faros de Galicia, un proxecto de grande ruta que, recorrendo toda a costa de
Galicia pretende integrar recorridos, recursos, visitas a Faros, oferta de
restauración e actividades turísticas, especialmente as de contido mariñeiro,
así como visitas a portos pesqueiros e Lonxas.
OBXECTIVOS
Neste
contexto, dende Margalaica Turismo Mariñeiro preténdese potenciar a presenza de
actividades de turismo mariñeiro na Ruta dos Faros de Galicia, ao tempo que se
persigue consolidar a oferta de turismo mariñeiro existente e por en marcha
iniciativas que estean a dar os primeiros pasos.
Mellorar as competencias e capacidades de certos colectivos dos profesionais do mar para o desenvolvemento de actividades de turismo mariñeiro.
DESTINATARIOS
Os
destinatarios preferentes destes cursos son:
-Mulleres
profesionais do mar ou con vínculos familiares co sector do mar.
-Xoves, ata 35
anos profesionais do mar ou con vínculos familiares co sector do mar.
-Propietarios,
traballadores e familiares de estaleiros, carpinterías de ribeira e
embarcacións tradicionais.
-Calquera persoa con inquetudes en actividades turísticas mariñeiras
CONTIDOS
COMÚNS DOS CURSOS
Todos os
cursos adaptaranse ás necesidades e composición do alumnado.
Os contidos
estarán orientados a aportar aos prestadores de actividades de turismo
mariñeiro as capacidades mínimas para dirixirse ao mercado para a captación de
usuarios (clientes), a creación de produtos e experiencias e a xestión da
actividade de turismo mariñeiro. O curso terá un carácter eminentemente práctico e se realizarán sesións personalizadas nas sedes e nas localizacións das actividades de turismo mariñeiro cunha duración mínima de dúas xornadas.
CALENDARIO E SEDES
A data de realización do curso presencial será o 25 de setembro de 2017 e terá unha duración de catro horas, de 16 a 20 horas. Confirmarase a todas as persoas inscritas o lugar e local dentro do territorio do GALP GOLFO ÁRTABRO NORTE.
PRAZO E PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo para a presentación de solicitudes de participación remata o 20 de setembro, debendo enviar recheado o formulario de inscrición cos datos solicitados ao enderezo electrónico galpgolfoartabronorte@gmail.com
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)