12 de novembro de 2015

Onte tivo lugar a a reunión aberta do Galp Golfo Ártabro Norte onde se traballou na estratexia participativa para o vindeiro período FEMP 2014-2020


Onte tivo lugar a reunión aberta do Galp Golfo Ártabro Norte onde se presentou o traballo realizado na extratexia e nas mesas sectoriais.
QUEREMOS AGRADECER A VOSA ASISTENCIA E APORTACIÓNS.

Xuntamos a presentación de sintese para que podades aportar as vosas suxestións e propostas para que a empresa que está a rematar o plan as poida incorporar as vosas suxestións e propostas.

Documento presentación estratexia faga click aquí 
Podedes enviar todas as vosas suxerencias a correo: galpgolfoartabronorte@gmail.com







8 de novembro de 2015

Cambio de Data da Reunión GALP Golfo Ártabro Norte para seguir coa preparación da Estratexia o Mércores 11 de novembro de 2015, na Casa do Pescador de Miño ás 18:00

Se tivo que cambiar a data da vindeira reunión aberta do GALP Golfo Ártabro Norte para seguir coa elaboración da estratexia, será o vindeiro MÉRCORES 11 DE NOVEMBRO de 2015 ás 18:00, na Casa do Pescador de Miño, xunto o cuartel da Garda Civil de Miño. Esperámoste!!! A túa opinión conta!!!
Máis información

6 de novembro de 2015

O vindeiro Martes 10 outubro 2015 na Casa do Pescador de Miño celebrarase unha reunión aberta para seguir coa preparación da Estratexia Participativa do GALP Golfo Ártabro Norte

Seguimos traballando para preparar unha estratexia para o territorio, o vindeiro martes 10 de outubro de 2015 celebrarase unha reunión aberta na Casa do Pescador de Miño, sita xunta a cuartel da Garda Civil de Miño, ás 18:00, non esquenzades é moi importante para tódos nos as vosas aportacións.

Máis información

23 de outubro de 2015

Xuntazas temáticas para elaboración da Estratexia Participativa do GALP Golfo Ártabro Norte Luns 26 e Martes 27 de Outubro ás 18:00 na Casa do Pescador de Miño

O vindeiro Luns 26 e Martes 27 de Outubro, os invitamos a tod@s a que veñadades as mesas que imos realizar sobre Patrimonio Cultura e Ambiental, emprego e emprendemento e turismo mariñeiro, se realizarán na Casa do Pescador de Miño sita na R Curro 33 xunto o cuartel da Garda Civil de Miño. Non te esquenzas empezarán as 18:00.. Participa!!!!!!
máis información
documentación

Casa do Pescador de Miño

Esta  aberta a t@das as entidades, concellos, asociacións, empresas, persoas e axentes do territorio que teñan ideas para  estratexia do GALP Golfo Ártabro Norte


ONTE SE CELEBROU A PRIMEIRA XUNTAZA PARA ELABORACIÓN DA ESTRATEXIA DO GALP GOLFO ÁRTABRO NORTE NA CASA DO PESCADOR DE MIÑO

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte mantivo onte a Primeira Xuntaza aberta para elaboración da Estratexia  de Desenvolvemento Participativo para o período 2014-2020.
Agradeceros a todas as persoas presentes a vosa participación nesta xuntaza.
Nesta xuntaza informouse do proceso de elaboración da estratexia e a importancia da participación.
A participación é fundamental dos axentes do territorio: confrarías de pescadores, concellos, asociacións, empresas e todas as persoas que queiran aportar ideas para elaboración da Estratexia.
A Estratexia queremos sexa construida entre todos os axentes do territorio polo que é e será moi importante a túa colaboración!!!!! Anímate e participa!!!!!
Documentación da Xuntaza

O vindeiro Luns 26 e Martes 27 de Outubro, os invitamos a tod@s a que veñadades as mesas que imos realizar sobre Patrimonio Cultura e Ambiental, emprego e emprendemento e turismo mariñeiro, se realizarán na Casa do Pescador de Miño sita na R Curro 33 xunto o cuartel da Garda Civil de Miño. Non te esquenzas empezarán as 18:00.. Participa!!!!!!
máis información
Casa do Pescador de Miño


20 de outubro de 2015

O GALP Golfo Ártabro Norte invita o xoves 22 de Outubro ás 18:00 na Casa do Pescador de Miño a todas entidades do territorio a participar no desenvolvemento da Estratexia de Desenvolvemento Participativo para o vindeiro período 2014-2020 para o territorio.

O Grupo de Acción Local Golfo Ártabro Norte, invita a tódalas entidades interesadas e persoas do territorio o vindeiro xoves 22 de outubro ás 18:00 na Casa do Pescador de Miño, sita na Rúa do Curro nº33 xunto o Cuartel da Garda Civil de Miño. para participar no desenvolvemento da Estratexia de Desenvolvemento Participativo para o territorio 2014-2020 que será financiado polo Fondo Europeo Marítimo Pesqueiro.

A estratexia de desenvolvemento participativo será a guía de desenvolvemento do noso territorio para os vindeiro período 2014-2020 en canto a todo relacionado coa pesca, o marisqueo, o turismos e medio ambiente, e patrimonio cultural mariñeiro, así como para xeración de emprego para as comunidades costeiras do territorio Galp Golfo Ártabro Norte, que vai dende Narón a Paderne.
Vén e Participa!!!!!

Enviar correo electrónico a galpgolfoartabronorte@gmail.com para confirmar asistencia.



 

15 de setembro de 2015

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro invita a tódas as entidades do territorio, que estén interesadas no desenvolvemento do territorio a adherirse a Asociación.

O GALP Golfo Ártabro Norte invita a todas as entidades do seu territorio, que abarca os Concellos de Narón, Ferrol, Neda, Fene, Mugardos, Ares, Cabanas, Pontedeume, Miño e Paderne, a adherirse a nosa entidade, para desenvolver a Estratexia de desenvolvemento Participativo que servirá para financiar proxectos neste territorio, con Fondo Europeo Marítimo Pesqueiro.

Pode adherirse todo tipo de entidades asociativas culturais, de veciños, deportivas, empresariais, ambientais, etc. que quera participar no desenvolvemento económico, social e medio ambiental do Territorio Golfo Ártabro Norte, para máis información para adhesión enviar correo electrónico a: galpgolfoartabronorte@gmail.com


5 de agosto de 2015

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte foi elexido cándidato Consellería do Mar para elaborar a Estratexia de Desenvolvemento Participativo do Ámbito territorial do Golfo Ártabro entre Paderne e Narón.

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte foi elexido pola Consellería do Mar, como candidato para presentar a Estratexia de Desenvolvemento Participativo, segundo o acordo da Resolución de 5 de agosto de 2015 da Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, ver resolución.

A GALP Golfo Ártabro Norte terá 22.000€ para elaborar a súa estratexia de desenvolvemento participativo.

A Presidenta do GALP María José Crespo Fraga, Patroa Maior de Miño, asinará nos vindeiras semanas o convenio de Colaboración.

19 de xullo de 2015

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte se constituíu para presentar su Candidatura a los GALP 2014-2020

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte se constituíu o 19  de maio de 2015 co obxecto de presentar a candidatura ao Programa dos Grupos de Acción  Local do Sector Pesqueiro 2014-2020.
Os socios fundadores desta Asociación son as Confrarías de Pescadores de Barallobre, Miño, Mugardos e Pontedeume e os Concellos de Narón e Paderne. Na actualidade a Asociación sen ánimo de lucro, ten a súa sede na Casa do Pescador, sita no número 33 da Rúa Curro, 15630 Miño.

O ámbito territorial desta asociación abrangue os concellos de Paderne, Miño, Pontedeume, Cabanas, Ares, Mugardos, Fene, Neda, Ferrol e Narón.

Esta asociación está aberta a todas a entidades do territorio que queran participar no desenvolvemento sustententable das Zonas Costeiras, para elo póden solicitar os documentos para adherirse no seguinte correo electrónico: galpgolfoartabronorte@gmail.com


Este programa está financiado por el Fondo Europeo Marítimo Pesquero.