27 de xullo de 2022

Enquisa de participación para o desenvolvemento da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo 2021-2027

Porque A TÚA OPINIÓN É O QUE CONTA, abrimos a participación á cidadanía para a elaboración da Estratexia FEMPA 2021-2027 no ámbito territorial do Golfo Ártabro Norte coa presente enquisa.

FORMULARIO ONLINE

Consciente de que un proceso de desenvolvemento sostible e participativo precisa da implicación dos principais actores do territorio, dos seus veciños e veciñas e dos seus axentes sociais (asociacións, clubs, entidades locais, confrarías....), este formulario é unha ferramenta útil para que aporte o seu grao de area na transformación positiva deste territorio e de a súa realidade socioeconómica.
Agradecemos de antemán a dedicación e o tempo prestado, que non superará os 10 minutos, pero que terá implicacións polo menos nos próximos anos para os concellos deste ámbito territorial. Os datos recollidos son de uso exclusivo do GALP, no marco da elaboración da estratexia de desenvolvemento local participativo. GRACIAS


 
 
 

26 de xullo de 2022

Primeira xuntanza presencial para traballar no deseño da nova Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo desta zona costeira

 a primeira xuntanza presencial "Diagnose e retos da zona costeira cara ao FEMPA" celebrouse o martes 19 de xullo na Casa do Pescador de Miño reunindo a máis de 65 persoas, e na que se traballou no deseño da nova Estratexia de Desenvolvemento Local da zona pesqueira para o período de programación 2023-2027 do Fondo Europeo Marítimo, da Pesca e da Acuicultura (FEMPA).

En horario de mañá estaban convidados a participar nesta xuntanza os e as representantes da administración local, asistindo os alcaldes dos concellos de Miño e Paderne, a concelleira de Turismo, Novas Tecnoloxías, Formación e Emprego de Pontedeume, o tenente alcalde de Cabanas, a concelleira de promoción económica de Fene, a concelleira de benestar e igualdade de Mugardos, o concelleiro de servizos de Narón, así como técnicas e técnicos de desenvolvemento local, emprego, promoción económica…dos diferentes concellos.

 

Pola tarde, foi a quenda, das confrarías de pescadores (patróns, persoal técnico e biólogos) de Miño, Pontedeume, Barallobre, Mugardos e Ferrol; asociacións empresarios, deportivas, de interese social, de veciños...; empresas; persoas beneficiarias das axudas do Programa FEMP 2014-2020......e público en xeral...   

                       

A finalidade desta xuntanza da que se pode destacar a súa produtividade, e onde os protagonistas da mesma foron todas as persoas que participaron coas súas achegas e intervencións, era comezar os traballos do deseño da nova Estratexia de Desenvolvemento Local da zona pesqueira para o período de programación 2023-2027 do Fondo Europeo Marítimo, da Pesca e da Acuicultura (FEMPA), para este ámbito territorial que abrangue os concellos de Ferrol, Narón, Neda, Fene, Mugardos, Ares, Cabanas, Pontedeume, Miño e Paderne.

Destacar entre as conclusións extraídas das aportacións realizadas, á necesidade de fomentar a cooperación entre entidades en cuestións relacionadas co turismo, a valoración do patrimonio, a revalorización das vilas... así como na promoción do produto pesqueiro local, eixo central do traballo do GALP co sector pesqueiro da zona.

Os representantes do sector pesqueiro e acuícola insistiron moito no coidado do medio mariño, a necesidade de formación e apoio financeiro á innovación no sector ou a posta en valor de produto (campañas de calidade diferencial). Tamén fixeron referencia á necesidade detectada de desenvolvemento dos canles de comercialización.

En canto a diversificación e desenvolvemento azul sostible, tratáronse cuestións relacionadas coa accesibilidade, a diversificación de actividades e a necesidade dunha boa comunicación de proxectos e produtos.

Os e as asistentes tamén mostraron a súa preocupación polo estado medioambiental da contorna, e da necesidade de formación para a concienciación

Outros temas que se trataron foron o empoderamento e formación do sector pesqueiro e temas relacionados coa inclusión social no litoral, a potenciación de vínculos coa economía social da contorna e a rotura de barreiras á accesibilidade.

 

Informar que este proceso é aberto, e se pode participar de maneira presencial, virtual, ou a través da web e redes sociais do GALP Golfo Ártabro Norte.

Así o 26 de xullo teremos a primeira das reunións virtuais, que abordarán o seu deseño. É da que é moi importante a participación, porque redundará nunha mellora dos fondos na zona costeira para o vindeiro programa de axudas. Para participar é necesario ter convite, poñéndose en contacto co GALP.

O vindeiro 23 de agosto teremos a segunda reunión presencial na Casa do Pescador de Miño, onde manteremos un encontro presencial aberto ao público interesado, con axentes clave do territorio co obxectivo de coñecer a fondo as súas necesidades, reflexionando entre todos sobre cal foi a súa evolución e cales poden ser as perspectivas de futuro.

Tamén pódense facer achegas para a elaboración da estratexia a través dun formulario online (ver enlace no folleto) onde preténdese recoller todas as suxestións e recomendacións para elaborar a Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo para o período 2021-2027 do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Norte, ou a través do correo electrónico maraberto.edlp@gmail.com

Recordamos que o GALP segue a traballar co principio de “Portas abertas” dende a súa creación, e calquera asociación, entidade ou organismo pode asociarse ao noso GALP co obxecto de impulsar e dinamizar a nosa zona costeira. Tan só é necesario presentar a ficha socio e certificado de adhesión que se poden descargar na nosa web ou contactando coa nosa oficina.

Animámosvos a todas e a todos a participar neste traballo conxunto, co obxectivo de conseguir unha estratexia de futuro para o noso territorio, agardando poder contar cunha alta participación tanto das entidades asociadas ao GALP Golfo Ártabro Norte como de todas as interesadas en participar neste proceso e que queiran adherirse á nosa Asociación, como do público en xeral.

Para información máis detallada sobre o proceso podes poñerte en contacto co Equipo Técnico no teléfono 981 784 417 ou ben manda un mail a galp.mar.golfoartabronorte@xunta.gal