14 de xullo de 2017

Primeira mesa de traballo do proxecto de turismo mariñeiro "Galicia Norte. Mares de Experiencias"





Primeira mesa de traballo para a creación das 10 experiencias turísticas do proxecto de turismo mariñeiro “Galicia Norte. Mares de Experiencias”
Terá lugar o día  18 en Miño.
Están convocados representantes da administración, do tecido asociativo e empresarial dos 10 concellos do territorio do Galp Golfo Ártabro Norte.

O obxectivo destes encontros cos axentes do sector é decidir que recursos naturais e culturais relacionados co mar, e que conten con atractivo turístico, se incluirán nos 10 paquetes experienciais que resultarán deste proxecto de turismo mariñeiro.
“Galicia Norte. Mares de Experiencias” é un proxecto de cooperación interterritorial de turismo mariñeiro impulsado polos GALP (Grupos de acción local del sector pesquero) A Mariña-Ortegal e Golfo Ártabro Norte, e financiado con fondos europeos nos 23 concellos da Coruña e de Lugo que conforman a súa área de actuación. GALP Golfo Ártabro Norte e GALP A Mariña-Ortegal
Esta iniciativa terá como resultado a creación de 10 experiencias turísticas (5 por cada GALP) ao longo de 384 kilómetros da Galicia máis septentrional, a cuarta parte da costa galega. Tamén se formará á poboación para dinamizar a creación de novos produtos e servizos relacionados co mar e co turismo para impulsar o relevo xeracional no sector da pesca e a fixación de poboación nova.

10 de xullo de 2017

Convocatoria da primeira mesa sectorial "Galicia Norte - Mares de Experiencias" en Miño



Quentamos motores e arrancamos!

O martes 18 de xullo (10.30h) está convocada a primeira mesa de traballo para a creación das 10 experiencias turísticas do proxecto cooperativo de turismo mariñeiro “Galicia Norte. Mares de Experiencias”.

Será na Casa do Pescador do Concello de Miño (10.30h).

Asistirán representantes da administración, do tecido asociativo e empresarial da zona.

+info:
GALP Golfo Ártabro Norte
galpgolfoartabronorte@gmail.com - 981 784 417 / 636 736 788




7 de xullo de 2017

Presentación pública proxecto de cooperación interterritorial "Galicia Norte. Mares de Experiencias"










Os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte e A Mariña-Ortegal, presentaron onte na Casa da Cultura de Valdoviño o proxecto de cooperación interterritorial de turismo mariñeiro "Galicia Norte. Mares de Experiencias".
Este proxecto pretende dinamizar a economía da costa norte de Galicia.
A presentación correu a cargo de María José Crespo Fraga, presidenta do GALP Golfo Ártabro Norte e patroa maior da Confraría de Miño; Alfredo Llano García, vicepresidente do GALP A Mariña-Ortegal e alcalde de Burela; Paloma Vázquez Fernández, xefa da área provincial de Turismo de Galicia en Lugo; e o alcalde de Valdoviño, Alberto González Fernández, que exerceu de anfitrión.
Esta colaboración dará como resultado o desenrolo e a promoción de rutas e experiencias turísticas para a posta en valor do patrimonio natural e cultural dos 23 concellos nos que actúan, que van dende Ribadeo ata Paderne. Esta iniciativa comeza neste mes de xullo e se desenrolará ao longo das próximas semanas ata finais de outubro.
A promoción dun único territorio sen fronteiras na costa máis septentrional de Galicia permitirá focalizar mellor os atractivos turísticos máis relevantes e favorecer as estadías máis longas aos viaxeiros, o que incrementará o volumen de ingresos para a población.
Os GALPs realizarán cinco xornadas de difusión entre a poboación para explicar as vantaxes do turismo mariñeiro. 
Realizaranse 18 sesións formativas e 5 prácticas que se impartirán sobre a creación de empresas e o deseño de actividades turísticas vinculadas ao patrimonio marítimo do territorio. 
A presidenta do GALP Golfo Ártabro Norte manifestou que un dos obxetivos principais do proxecto e desestacionalizar o turismo na zona, indicando que o "turismo mariñeiro ten que ser para o verán e o inverno".

4 de xullo de 2017

Presentación pública do proxecto de cooperación de turismo mariñeiro "Galicia Norte, mares de experiencias"

O GALP Golfo Ártabro Norte xunto co GALP A Mariña Ortegal están a impulsar un proxecto de cooperación interterritorial de turismo mariñeiro co obxecto de dinamizar a economía da costa norte de Galicia: "GALICIA NORTE, MARES DE EXPERIENCIAS"

O resultado desta colaboración será o desenvolvemento e a promoción de rutas e experiencias turísticas para a posta en valor do patrimonio natural e cultural dos 23 concellos nos que actúan, e que van dende o municipio coruñés de Paderne ata o lucence de Ribadeo.  En total, o proxecto levarase a cabo en dous territorios contiguos con características comúns e que contan cun rico patrimonio marítimo pesqueiro, cultural e natural moi relevante, que se estende ao longo de 384 quilómetros de costa, unha cuarta parte de toda a liña costeira galega.

A promoción dun único territorio sen fronteiras na costa máis septentrional de Galicia permitirá focalizar mellor os atractivos turísticos máis relevantes e favorecer estadías máis longas dos viaxeiros, o que permitirá un maior volume de ingresos para a poboación.

Baixo o nome "Galicia Norte, mares de experiencias", esta iniciativa pretende aproveitar o potencial da actividade pesqueira e mariñeira da zona, que representa o 8,8% do emprego nos concellos de A Mariña-Ortegal e o 3,3% dos pertencentes ao Golfo Ártabro Norte.

Para dar a coñecer este proxecto nos dous territorios, está prevista unha presentación pública no Auditorio da Casa da Cultura do Concello de Valdoviño o próximo xoves 6 de xullo ás 11 horas.