7 de decembro de 2018

"Entre o río e o mar" gaña o Premio ao mellor guión no Ouff Escola 2018


Entre o río e o mar, curtametraxe realizada o curso pasado por alumnado de 3º ESO do IES Breamo, e que tamén foi finalista nos premios Olloboi 2018 na categoría documental, recibiu o pasado 3 de decembro, o premio ao mellor guión no IX Certame de cine OUFF Escola, dentro da 23ª edición do Ourense Film Festival.

A curta realizouse dentro do programa "Vidas Mariñeiras" impulsado polo GALP Golfo Ártabro Norte o pasado ano, dentro das súas actividades de animación e difusión e que contaron co apoio do Programa Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) 2014-2020

O porto de Pontedeume foi o escenario escollido para rodar Entre o río e o mar, que amosa os oficios das xentes da zona no lugar onde se xuntan as augas do río Eume e do mar.

Entre o río e o mar
Dirección: alumnado de 3º da ESO do IES Breamo, Pontedeume

Belén Carballeira Ageitos, Vítor Castelos Pérez, Lucía Cots Vera, María López Álvarez, Cástor Regueira Dosil, Sara Rubido Varela e Emilio Sánchez Ródenas



Deixándose levar pola corrente do río Eume, alí onde se confunde coas augas do mar, esta peza demórase en conversas cos mariñeiros do porto e a singular paisaxe da desembocadura ao seu paso por Pontedeume.

Ningún comentario:

Publicar un comentario