29 de maio de 2017

Convenio Financeiro entre Abanca e o Galp Golfo Ártabro Norte

Hoxe día 29 de maio o Director de zona de Abanca no territorio do Galp Golfo Ártabro Norte, José Ulfe Bugallo e a Presidenta do Galp Golfo Ártabro Norte, Mª José Crespo Fraga, asinaron en Miño un convenio de colaboración para o mantemento de relacións financeiras,  dirixido aos beneficiarios de proxectos vinculados ao Galp Golfo Ártabro Norte, sendo o seu ámbito territorial os concellos de Miño, Paderne, Pontedeume, Cabanas, Ares, Mugardos, Fene, Neda, Ferrol e Narón.
Neste mesmo convenio asinouse tamén unha oferta financeira dirixida aos beneficiarios de proxectos pesqueiros, vinculados tamén ao Galp Golfo Ártabro Norte.
A través deste convenio daranse a coñecer as liñas de financiación de Abanca para este territorio nos proxectos que obteñan ás axudas do Fondo Europeo Maritimo de Pesca (FEMP 2014-2020), do que está aberto o prazo para solicitudes ata marzo de 2020.

https://galp.xunta.gal/golfo-artabro

25 de maio de 2017

Campaña escolar "ONDAS DE ILUSIONS: ESCOLAS DO MAR"








O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (Galp) Golfo Ártabro Norte, promove por primeira vez a campaña escolar "ONDAS DE ILUSIÓNS: ESCOLAS DO MAR "
A campaña escolar de divulgación dos recursos do mar do Golfo Ártabro Norte "Ondas de ilusións: escolas do mar", preséntase como unha iniciativa de sensibilización e divulgación dos valores e dos recursos do mar, a través dun completo programa de actividades durante o terceiro trimestre do curso escolar 2016-2017. A campaña pretende ser un referente a nivel autonómico, consolidándose como complemento educativo dentro do programa de actividades escolares dos centros participantes.
O principal obxectivo é achegar a un elevado número de escolares de primaria ó entorno litoral do Golfo Ártabro Norte, para descubrir in-situ a cultura mariñeira, os recursos naturais e as artes e tradicións pesqueiras relacionadas coa pesca artesanal. Persegue ademais, provocar na poboación escolar un cambio de perspectiva cara o respeto do medio mariño e uns hábitos de consumo responsable dos produtos do mar. O mesmo tempo, a través desta campaña, póñense en valor as actividades económicas do sector do mar dunha forma sustentable.
A campaña vai dirixida a escolares de entre 8 e 12 anos, dos centros públicos educativos do territorio do Golfo Ártabro Norte, en total 500 participantes dos concellos de Paderne, Miño, Pontedeume, Cabanas, Ares, Mugardos, Fene, Neda, Ferrol e Narón.
O contido da campaña consta de:
  • Presentación no centro educativo - charla divulgativa.
  • Xornada de excursión e actividades.
  • Material didáctico.
  • Concurso de contos.
  • Premio concurso "Ondas de ilusións: escolas do mar 2016-2017"











19 de maio de 2017

Intercambio de experiencias con outros Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro

Membros da Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Norte e representantes das súas Confrarías de Pescadores, estiveron visitando no territorio do GALP A Mariña - Ortegal algúns dos proxectos subvencionados por dito GALP: Reef Water Coral Farm en Viveiro; Conservas Artesáns Currican, S.L. en Xove; Restaurante AMarquesa en Burela; Maremasma, S.L. en Foz e Chocolates Moreno en Ribadeo, agradecendo a amabilidade de todos os promotores en explicarnos as súas iniciativas, que valoramos moi interesantes e orixinais, desexándolles moita sorte a tod@s.
Agradecer tamén ao Presidente e Xerente do GALP A Mariña - Ortegal a súa atención, así como a dispoñibilidade para acompañarnos todo o día aos diferentes proxectos.
Esta actividade está enmarcada dentro das actividades de animación e dinamización previstas para este ano 2017 polo GALP Golfo Ártabro Norte.