29 de novembro de 2018
15 de novembro de 2018
Seminario "Un mar de vida para a cidadanía, traballando pola pesca responsable no Golfo Ártabro"
O GALP Golfo Ártabro Norte colabora no Seminario de sensibilización para o sector turístico: “UN MAR DE VIDA PARA A CIDADANÍA, TRABALLANDO POLA PESCA RESPONSABLE NO GOLFO ÁRTABRO”, organizado polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental Galicia) que terá lugar o próximo sábado 24 de novembro na Casa do Pescador de Miño (sede do GALP Golfo Ártabro Norte), ás 10.00 horas.
Dirixido a:
- Profesionais do sector pesqueiro e marisqueiro do Golfo Ártabro: pescadores/as e mariscadores/as; persoal das confrarías de pescadores.
- Representantes, socios/as e persoal técnico dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro
- Persoal técnico e representantes das Administracións públicas con competencias no medio litoral.
- Público en xeral interesado.
Acción gratuíta, para inscribirte rechea cos teus datos o formulario de inscrición do CEIDA: FORMULARIO
Máis información no 981 630 618 / ceida@ceida.org (Carmen Borobio ou Mónica Agrazo)
O CEIDA, este ano está a desenvolver un proxecto da convocatoria Pleamar denominado “Un mar de vida para a cidadanía”, co obxectivo de divulgar e poñer en valor a rica biodiversidade do Golfo Ártabro e a súa importancia para o benestar a través do concepto de servizos dos ecosistemas.
Obxectivos:
- Dar a coñecer o valor da biodiversidade do Golfo Ártabro e os servizos que ofrece á sociedade.
- Presentar experiencias e exemplos de boas prácticas de pesca ambientalmente responsable.
- Sensibilizar ao sector pesqueiro e marisqueiro na compatibilización das súas actividades co patrimonio natural do territorio.
- Identificar oportunidades para o desenvolvemento dunha pesca e acuicultura sustentable no litoral do Golfo Ártabro.
Etiquetas:
Ares,
Cabanas,
CEIDA,
Fene,
Ferrol,
Fundación Biodiversidad,
Galp Golfo Ártabro Norte,
golfoartabro,
Miño,
Mugardos,
Narón,
Neda,
Paderne,
Pontedeume
14 de novembro de 2018
Demostración Oficios do Mar en Miño
📢 ⚠️Finalmente a Demostración dos Oficios do Mar coas #MariscadorasdeMiño terá lugar o vindeiro 🗓️ 23 de Novembro na 📍Praia Grande de #Miño as 🕙 11:00h.
🗣️Importante: Recomendase traer botas de auga! 💦👢👢💦
Inscricións: maresdeexperiencias@gmail.com ou no teléfono 672 129 860
Etiquetas:
Demostracións,
Galicia Norte,
Mares de Experiencias,
oficios do mar,
sube a Bordo,
turismo mariñeiro
Ubicación:
Praia Grande de Miño, España
13 de novembro de 2018
Demostración de oficios do mar en Pontedeume
Onte luns día 12 tivo lugar en Pontedeume o Obradoiro Demostrativo dos Oficios do Mar das Artes de Pesca na Confraría de Pescadores de Pontedeume.
Esta actividade está incluída dentro do proxecto de cooperación"Galicia Norte, Mares de Experiencias", que é un proxecto promovido polo GALP Golfo Ártabro Norte e o GALP A Mariña - Ortegal para impulsar a cooperación interterritorial do turismo mariñeiro, dinamizando así a economía da costa norte de Galicia.
Adiantamos que o vindeiro obradoiro demostrativo será de marisqueo en Miño, o venres 23 de novembro ás 11 horas na zona da marisma da praia grande de Miño.
12 de novembro de 2018
O Galp Golfo Ártabro Norte celebrou unha xornada de familiarización para a Ruta dos Faros
15 entidades relacionadas coa industria turística coñecen os pormenores da Ruta dos Faros no territorio do GALP Golfo Ártabro Norte.
O pasado xoves 08 de novembro, celebrouse unha xornada dedicada a salientar os recursos turísticos vencellados á Ruta dos Faros de Galicia que representa aos concellos que comprende este organismo.
Esta actividade, á que estaban convidadas todas as empresas asociadas a Mar Galaica, gozou coa representación de 15 entidades turísticas do territorio, quen deron a coñecer as potencialidades dos seus negocios e do entorno que os rodea ao resto de participantes mediante unha xornada de networking.
A creación da rede de contactos continuou durante a comida namentres se degustaba unha selección de pratos do mar no edificio do Antigo Hospicio Municipal de Ferrol.
Ademais de crear unha rede de contactos con outros negocios da zona, as persoas participantes recoñeceron os atractivos turísticos salientados pola Ruta dos Faros nunha presentación que foi complementada con visitas interpretadas a recursos representativos do territorio: o Museo Naval e Ferrol, o Faro de Cabo Prioriño, un paseo en barco de Ferrol a Mugardos e unha visita á Aula do Mar de Ares.
As persoas participantes coñeceron de primeira man a información relativa a estes bens e ao produto turístico A Ruta dos Faros de Galicia de maneira que poderán influenciar aos seus clientes para que os visiten con fundamentados argumentos.
8 de novembro de 2018
Demostración Oficios do Mar en Pontedeume
Invitámosche a que participes desta Demostración dos Oficios do Mar que se vai celebrar en PONTEDEUME, o luns día 12 de novembro ás 12 horas.
A quen vai dirixida? A público en xeral, empresas, asociacións, centros educativos, administracións públicas, clubes, etc.
Se estás interesad@, fainos chegar os teus datos a través do seguinte formulario: https://goo.gl/a6hib2
Se o prefires, podes reservar a túa praza enviando un correo electrónico a maresdeexperiencias@gmail.com ou contactar con nós no número de teléfono 673 472 735.
"Galicia Norte, Mares de Experiencias" é un proxecto promovido polo GALP Golfo Ártabro Norte e o GALP A Mariña - Ortegal para impulsar a cooperación interterritorial do turismo mariñeiro, dinamizando así a economía da costa norte de Galicia.
Segue o día a día deste proxecto de cooperación no que estamos participando, premendo AQUÍ
5 de novembro de 2018
FAM TRIP A RUTA DOS FAROS GALP GOLFO ÁRTABRO NORTE
O GALP Golfo Ártabro Norte convida o vindeiro xoves 8 de novembro ás empresas de Mar Galaica, do seu ámbito de actuación así como a aquelas dos territorios limítrofes, a participar nunha xornada de familiarización da Ruta dos Faros.
Dirixido a empresas asociadas a MarGalaica, periodistas do territorio, informadores, técnicos de turismo, axencias de viaxes...
Esta actividade encádrase nun proxecto de cooperación que involucra a tódolos GALP galegos buscando converter ao persoal dos establecementos do territorio nos principais prescriptores da Ruta dos Faros.
Para elo deseñouse un programa que contempla a visita a recursos fundamentais deste territorio complementándoas cunha xornada de traballo e unha sesión de networking que remata cun pincho de inspiración mariñeira.
As persoas interesadas en participar poderán inscribirse cubrindo o cuestionario ao que se accede premendo na seguinte ligazón:
Para facilitar a participación disporase de transporte público que sairá dende os seguintes puntos: Museo Naval de Ferrol, estación de autobuses de A Coruña, estación de autobuses de Viveiro.
O evento contará cunha visitas ao Museo Naval de Ferrol e o Faro de Cabo Prior, e dous paseos en barco.
PROGRAMA:
07:45 – Recollida participantes na estación de autobuses de Viveiro
08:00 – Recollida participantes na estación de autobuses da Coruña
09:00 – Visita ao Museo Naval de Ferrol
10:30 – Visita ao Faro Cabo Prior
12:00 – Xornada de traballo: Identificación dos recursos existentes e potencialidades de desenvolvemento.
13:00 – Elevator pitch
14:00 – Pincho mariñeiro
15:30 – Paseo en barco de Ferrol a Mugardos
16:00 – Visita Aula do Mar de Ares
17:30 – Volta aos puntos de recollida
18:00 – Chegada ao Museo Naval de Ferrol
18:30 – Chegada á estación de autobuses de A Coruña
Etiquetas:
axencias de viaxes,
Cabo Prior,
cooperación,
empresas,
FEMP,
GALP,
MarGalaica,
Museo Naval de Ferrol,
promoción,
ría de ferrol,
Ruta dos Faros de Galicia,
técnicos,
turismo
Xornadas colaborativas de turismo mariñeiro no territorio do GALP Golfo Ártabro Norte
Dentro do proxecto de cooperación Galicia Norte, Mares de Experiencias no que estamos a participar xunto co GALP A Mariña- Ortegal, no mes de outubro celebráronse dúas xornadas colaborativas de turismo mariñeiro no noso ámbito territorial.
Galicia Norte, Mares de Experiencias é un proxecto promovido polo GALP Golfo Ártabro Norte e o GALP A Mariña - Ortegal para impulsar a cooperación interterritorial do turismo mariñeiro, dinamizando así a economía da costa norte de Galicia.
Estas Xornadas Colaborativas de Turismo Mariñeiro que se celebraron estaban dirixidas principalmente a empresas de servizos turísticos, asociacións, clubes e organismos públicos.
A primeira das xornadas celebrouse no Concello de Narón o pasado 22 de outubro, no Centro de Formación Irmas Froilaz.
O dia 29 de outubro, celebrouse a segunda destas xornadas colaborativas, na Casa do Pescador do Concello de Miño.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)