25 de setembro de 2018

Rematan as xornadas de difusión do proxecto de cooperación Galicia Norte, Mares de Experiencias


Onte luns día 24, estivemos acompañando ao equipo técnico que está traballando no proxecto de cooperación Galicia Norte, Mares de Experiencias, na última xornada de difusión deste proxecto no noso territorio. Iniciativa promovida polo GALP Golfo Ártabro Norte e o GALP A Mariña Ortegal a través do Programa FEMP 2014-2020.





A xornada celebrouse no Centro Comunitario Casas da Mariña, no Concello de Narón, onde se lles explicou aos asistentes (empresas do sector turístico, da hostalería e restauración), como participar nesta interesante iniciativa posta en marcha no noso territorio. En breve, iniciaránse as actuacións previstas dentro deste proxecto.


Os obxectivos deste proxecto son:
  • Dinamizar os axentes turísticos locais que poidan verse beneficiados polas rutas turísticas creadas "Galicia Norte, Mares de Experiencias" a través de: 
    • Xornadas de NETWORKING para a integración do tecido empresarial nas rutas turísticas.
    • Unha visita de ASESORAMENTO INDIVIDUALIZADO, ás empresas seleccionadas que contribúa á mellora da calidade turística.   
  • Implicar á poboación local nos valores mariñeiros do territorio a través de OBRADOIROS DEMOSTRATIVOS dos oficios vinculados ao mar e ao territorio.
Beneficios para os participantes: 
  • Formar parte dunha marca con proxección internacional: Galicia Norte, Mares de Experiencias.
  • Maior visibilidade no territorio.
  • Promoción en redes sociais
  • Asesoramento empresarial personalizado
  • Colaboración empresarial

Se estás interesad@ en participar, segue esta ligazón para adherirte ao programa : 

Segue o día a día deste proxecto a través das redes sociais: FACEBOOK

Ningún comentario:

Publicar un comentario