Amosando publicacións coa etiqueta oficios do mar. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta oficios do mar. Amosar todas as publicacións

14 de novembro de 2018

Demostración Oficios do Mar en Miño

📢 ⚠️Finalmente a Demostración dos Oficios do Mar coas #MariscadorasdeMiño terá lugar o vindeiro 🗓️ 23 de Novembro na 📍Praia Grande de #Miño as 🕙 11:00h.















Inscricións: maresdeexperiencias@gmail.com ou no teléfono 672 129 860

🗣️Importante: Recomendase traer botas de auga! 💦👢👢💦

9 de outubro de 2018

Seleccionados os proxectos e os centros da nova edición de "Vidas Mariñeiras"



Alumnas e alumnos dos IES de Canido (Ferrol) e Breamo (Pontedeume) comezarán esta semana a formarse nos principios básicos do audiovisual e a desenvolver os seus proxectos dentro do programa "Vidas Mariñeiras" para o curso 2018-2019. Actividade incluída dentro das actividades de animación e divulgación 2018 deste GALP, financiadas co Programa FEMP 2014-2020.






Rematado o prazo para presentar ideas relacionadas coa vida e a paisaxe na costa ou que teñan como punto de partida o retrato dos oficios vinculados ao mar, o equipo técnico de "Vidas Mariñeiras" decidiu escoller dous centros escolares do ámbito territorial do GALP Golfo Ártabro Norte. 

Os finalistas do programa, que se beneficiarán dun programa pedagóxico que os levará a desenvolver os seus proxectos cinematográficos (curtametraxes) baixo a titorización de profesionais do audiovisual, son os que seguen:

-IES Canido (Ferrol): Alumnado de 2º e 3º da ESO cun proxecto cuxo título provisional é “Actuación urxente”. A partir de testemuños de pescadores/as, mariscadores/as e a veciñanza do barrio de Caranza, reflexionarase sobre a concienciación e os efectos da contaminación da ría de Ferrol. Tamén tratará o proceso de depuración da propia ría.

-IES Breamo (Pontedeume): Alumnado de 4º da ESO cun proxecto baixo o título provisional de “Antigos labores no peirao”, arredor dos antigos traballos e oficios do porto e muelle de Pontedeume e a súa memoria.



18 de setembro de 2018

Un concurso dirixido ao alumnado premia as mellores ideas sobre o mar e a vida nel para despois filmalas



Por segundo ano o programa audiovisual Vidas Mariñeiras chega aos concellos do Golfo Ártabro Norte. O prazo para que grupos de alumnos e alumnas de 3º e 4º da E.S.O e 1º de Bacharelato, presenten ideas relacionadas coa vida e a paisaxe na costa ou que teñan como punto de partida o retrato dos oficios vinculados ao mar remata o 3 de outubro.






Ata o próximo mércores 3 de outubro, o alumnado de 3º e 4º da ESO e de 1º Bacharelato dos concellos que abranxe o GALP Golfo Ártabro Norte (Ares, Cabanas, Fene, Ferrol, Miño, Mugardos, Narón, Neda, Paderne e Pontedeume) pode presentar proxectos audiovisuais enfocados á realización dunha curtametraxe.

Trátase do programa pedagóxico Vidas Mariñeiras, convocado polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte no marco das actividades que está organizando este ano 2018 a través do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP 2014-2020) co obxectivo de dinamizar e poñer en valor o litoral da súa área.

Vidas Mariñeiras contempla a selección, titorización e desenvolvemento de proxectos cinematográficos a cargo de profesionais do audiovisual nun programa formativo dunhas 50 horas, repartidas en varias sesións ao longo dos meses de outubro e novembro. O resultado: curtametraxes elaboradas polo propio alumnado que poderán ser de ficción, documentais ou experimentais e que terán como tema o medio mariño e todo o que o rodea.

Máis información na páxina web: Vidas Mariñeiras