15 de novembro de 2018

Seminario "Un mar de vida para a cidadanía, traballando pola pesca responsable no Golfo Ártabro"




O GALP Golfo Ártabro Norte colabora no Seminario de sensibilización para o sector turístico: “UN MAR DE VIDA PARA A CIDADANÍA, TRABALLANDO POLA PESCA RESPONSABLE NO GOLFO ÁRTABRO”, organizado polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental Galicia) que terá lugar o próximo sábado 24 de novembro na Casa do Pescador de Miño (sede do GALP Golfo Ártabro Norte), ás 10.00 horas.

Dirixido a: 

  • Profesionais do sector pesqueiro e marisqueiro do Golfo Ártabro: pescadores/as e mariscadores/as; persoal das confrarías de pescadores.
  • Representantes, socios/as e persoal técnico dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro
  • Persoal técnico e representantes das Administracións públicas con competencias no medio litoral.
  • Público en xeral interesado.

Acción gratuíta, para inscribirte rechea cos teus datos o formulario de inscrición do CEIDA: FORMULARIO

Máis información no 981 630 618 / ceida@ceida.org (Carmen Borobio ou Mónica Agrazo)



O CEIDA, este ano está a desenvolver un proxecto da convocatoria Pleamar denominado “Un mar de vida para a cidadanía”, co obxectivo de divulgar e poñer en valor a rica biodiversidade do Golfo Ártabro e a súa importancia para o benestar a través do concepto de servizos dos ecosistemas.

 Obxectivos: 


  • Dar a coñecer o valor da biodiversidade do Golfo Ártabro e os servizos que ofrece á sociedade.
  • Presentar experiencias e exemplos de boas prácticas de pesca ambientalmente responsable.
  • Sensibilizar ao sector pesqueiro e marisqueiro na compatibilización das súas actividades co patrimonio natural do territorio.
  • Identificar oportunidades para o desenvolvemento dunha pesca e acuicultura sustentable no litoral do Golfo Ártabro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario