Amosando publicacións coa etiqueta cooperación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta cooperación. Amosar todas as publicacións

5 de novembro de 2018

FAM TRIP A RUTA DOS FAROS GALP GOLFO ÁRTABRO NORTE

O GALP Golfo Ártabro Norte convida o vindeiro xoves 8 de novembro ás empresas de Mar Galaica, do seu ámbito de actuación así como a aquelas dos territorios limítrofes, a participar nunha xornada de familiarización da Ruta dos Faros. 

Dirixido a empresas asociadas a MarGalaica, periodistas do territorio, informadores, técnicos de turismo, axencias de viaxes...

Esta actividade encádrase nun proxecto de cooperación que involucra a tódolos GALP galegos buscando converter ao persoal dos establecementos do territorio nos principais prescriptores da Ruta dos Faros. 

Para elo deseñouse un programa que contempla a visita a recursos fundamentais deste territorio complementándoas cunha xornada de traballo e unha sesión de networking que remata cun pincho de inspiración mariñeira.

As persoas interesadas en participar poderán inscribirse cubrindo o cuestionario ao que se accede premendo na seguinte ligazón:

Para facilitar a participación disporase de transporte público que sairá dende os seguintes puntos: Museo Naval de Ferrol, estación de autobuses de A Coruña, estación de autobuses de Viveiro. 

O evento contará cunha visitas ao Museo Naval de Ferrol e o Faro de Cabo Prior, e dous paseos en barco. 

PROGRAMA:
07:45 – Recollida participantes na estación de autobuses de Viveiro
08:00 – Recollida participantes na estación de autobuses da Coruña
09:00 – Visita ao Museo Naval de Ferrol
10:30 – Visita ao Faro Cabo Prior
12:00 – Xornada de traballo: Identificación dos recursos existentes e potencialidades de desenvolvemento.
13:00 – Elevator pitch
14:00 – Pincho mariñeiro
15:30 – Paseo en barco de Ferrol a Mugardos
16:00 – Visita Aula do Mar de Ares
17:30 – Volta aos puntos de recollida 
18:00 – Chegada ao Museo Naval de Ferrol
18:30 – Chegada á estación de autobuses de A Coruña
19:20 – Chegada á estación de autobuses de Viveiro



10 de xullo de 2017

Convocatoria da primeira mesa sectorial "Galicia Norte - Mares de Experiencias" en Miño



Quentamos motores e arrancamos!

O martes 18 de xullo (10.30h) está convocada a primeira mesa de traballo para a creación das 10 experiencias turísticas do proxecto cooperativo de turismo mariñeiro “Galicia Norte. Mares de Experiencias”.

Será na Casa do Pescador do Concello de Miño (10.30h).

Asistirán representantes da administración, do tecido asociativo e empresarial da zona.

+info:
GALP Golfo Ártabro Norte
galpgolfoartabronorte@gmail.com - 981 784 417 / 636 736 788




28 de xuño de 2017

Candieira, rede de apoio á muller da costa galega, bota a andar cos primeiros encontros locais no territorio do GALP Golfo Ártabro Norte


O 5 de xullo celebraranse as primeiras reunións do GALP Golfo Ártabro Norte, abertas á implicación de axentes locais e persoas que a título individual queiran guiar este proxecto 

Candieira, a rede de apoio e promoción das mulleres do mar en Galicia, prepárase para dar o seu pistoletazo de saída. Este proxecto de cooperación promovido polos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Ría de Pontevedra, Golfo Ártabro Norte, Costa da Morte, Seo de Fisterra-Ría Muros-Noia Costa Sostible, Ría de Arousa e Ría de Vigo-A Guarda, nace para alentar e acompañar o emprendemento das mulleres nas zonas costeiras dos territorios dos GALP participantes.
A zona do GALP Golfo Ártabro Norte, que comprende os concellos de Paderne, Neda, Narón, Pontedeume, Mugardos, Miño, Ferrol, Fene, Cabanas e Ares, celebrará os seus primeiros encontros o mércores 5 de xullo. A primeira xuntanza, o ENCONTRO INSTITUCIONAL, será na Casa do Pescador de Miño (ao carón do Cuartel da Garda Civil, R/ do Curro, 33), ás 13:30 e busca a implicación de responsables políticos e técnicos de diferentes áreas: desenvolvemento local, igualdade, emprego, xuventude, cultura, etc. Nel presentarase Candieira, compartiranse as necesidades do proxecto e recolleranse as achegas dos axentes da zona.
Xa pola tarde, ás 18:30 no mesmo lugar, terá lugar o ENCONTRO SOCIAL, aberto a confrarías, entidades sociais e empresariais, asociacións culturais, ambientais e persoas a título individual que queiran implicarse no proxecto.
Un grupo motor en cada zona
Durante a primeira quincena de xullo seguirán a celebrarse encontros en varias localidades para dar a coñecer o proxecto ás entidades e axentes locais, cuxa participación é fundamental para desenvolver Candieira. As xuntanzas están abertas á participación de toda a sociedade, especialmente a daquelas persoas que traballen na promoción da igualdade, que pertenzan ao sector pesqueiro, patrimonial, cultural e ambiental ou que estean vinculadas ao ámbito do emprendemento e a innovación. O obxectivo último é a constitución dun grupo motor en cada territorio, que se encargará de dinamizar e guiar o proceso entre este ano e o que vén, e á súa vez favorecer a incorporación de novos axentes. 
Entre setembro deste ano e abril de 2018 programaranse “laboratorios” ou obradoiros prácticos de impulso ás iniciativas que nazan e medren ao abeiro do Candieira. 
Estes espazos de creación alentarán a posta en marcha de proxectos baixo unha perspectiva Maker (aprender a través da experiencia). 
A inscrición, de balde, dirixirase a mulleres emprendedoras dispostas a mergullarse na xeración de experiencias innovadoras e intercambiar saberes e coñecementos, ao tempo que se vai tecendo unha rede de traballo colaborativa entre elas.
A previsión é que en maio de 2018 esta rede de apoio e de traballo compartido das mulleres da costa galega estea consolidada e que se manteña ao longo do tempo.
Presentación oficial
O pasado 6 de xuño tiña lugar a presentación oficial do proxecto, que contou coa presenza e apoio da conselleira do Mar, Rosa Quintana, en Marín.
Este exercicio de cooperación laboral entre os 56 municipios costeiros que conforman os seis GALP participantes, e que van desde A Guarda ata Narón, conta cunha axuda da Consellería do Mar, no marco da convocatoria deste ano, destinada a proxectos de cooperación interterritoriais e transnacionais dos GALP.

Máis información sobre o proxecto na páxina web:
CANDIEIRA - REDE DE APOIO E PROMOCIÓN DAS MULLERES DO MAR: 
http://candieira.net/