28 de decembro de 2018




O luns 31 de decembro a sede do GALP Golfo Ártabro Norte permanecerá pechada.

Feliz ano 2019!!!

20 de decembro de 2018

Obradoiro: Desenvolvemento de iniciativas de emprendemento e oportunidades de financiamento


Xornada dedicada a salientar as oportunidades que o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro brinda para a creación ou ampliación de negocios no territorio. 
Para elo organiza un obradoiro gratuíto no que as persoas participantes poderán ademais coñecer outras entidades que xa están a desfrutar destas axudas, tanto no propio territorio como no de outros GALP da costa galega.

As persoas interesadas en asistir poderán inscribirse na seguinte ligazón: http://bit.ly/GALPObradoiro
Nesta xornada estudaranse casos de éxito levados a cabo coas axudas dos GALP. 
Deste xeito preténdese mellorar a competitividade do sector empresarial e buscar novas alternativas de explotación reproducibles no territorio para así motivar a retención de talento e o crecemento sostible do territorio.
O evento contará tamén cun obradoiro que servirá para orientar ás persoas interesadas nos procesos de solicitude e das axudas financeiras que poden ter ao seu alcance.
A actividade rematará cunha degustación de produtos do mar co obxectivo de crear unha rede de contactos entre as persoas participantes.

PROGRAMA:
  • 18:00 O GALP Golfo Ártabro Norte, un abano de posibilidades para o emprendemento.
  • 18:30 Pechakucha - Casos de éxito a partir das axudas dos GALP
  • 19:30 Como e quen pode solicitar unha axuda para o seu negocio?
  • 20:00 Pincho mariñeiro e networking


13 de decembro de 2018

Concurso de proxectos audiovisuais Vidas Mariñeiras 2018. Exhibición dos proxectos gañadores





martes día 18 de decembro ás 19:30 horas no Teatro Jofre de Ferrol, (Praza Galicia s/n), terá lugar a exhibición das curtametraxes elaboradas polo alumnado que participou no Concurso de Proxectos Audiovisuais VIDAS MARIÑEIRAS 2018. 






O programa VIDAS MARIÑEIRAS Golfo Ártabro Norte, neste ano 2018 estaba dirixido ao alumnado de 3º e 4º da E.S.O e 1º de Bacharelato de Ares, Cabanas, Fene, Ferrol, Miño, Mugardos, Narón, Neda, Paderne e Pontedeume.



Os centros escolares que presentarán os seus proxectos audiovisuais son: IES BREAMO DE PONTEDEUME E IES CANIDO DE FERROL.



PROGRAMA: 

Abrir os ollos 
(alumnado de 4º da ESO do IES Breamo de Pontedeume) 

Atlántico de plástico
(alumnado de 2º e 3º da ESO do IES Canido de Ferrol)

A entrada é gratuíta ata completar aforo.

7 de decembro de 2018

"Entre o río e o mar" gaña o Premio ao mellor guión no Ouff Escola 2018


Entre o río e o mar, curtametraxe realizada o curso pasado por alumnado de 3º ESO do IES Breamo, e que tamén foi finalista nos premios Olloboi 2018 na categoría documental, recibiu o pasado 3 de decembro, o premio ao mellor guión no IX Certame de cine OUFF Escola, dentro da 23ª edición do Ourense Film Festival.

A curta realizouse dentro do programa "Vidas Mariñeiras" impulsado polo GALP Golfo Ártabro Norte o pasado ano, dentro das súas actividades de animación e difusión e que contaron co apoio do Programa Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) 2014-2020

O porto de Pontedeume foi o escenario escollido para rodar Entre o río e o mar, que amosa os oficios das xentes da zona no lugar onde se xuntan as augas do río Eume e do mar.

Entre o río e o mar
Dirección: alumnado de 3º da ESO do IES Breamo, Pontedeume

Belén Carballeira Ageitos, Vítor Castelos Pérez, Lucía Cots Vera, María López Álvarez, Cástor Regueira Dosil, Sara Rubido Varela e Emilio Sánchez Ródenas



Deixándose levar pola corrente do río Eume, alí onde se confunde coas augas do mar, esta peza demórase en conversas cos mariñeiros do porto e a singular paisaxe da desembocadura ao seu paso por Pontedeume.

4 de decembro de 2018

Galicia Norte, Mares de Experiencias: Presentación de resultados e degustación gastronómica

O vindeiro  xoves 13 de decembro terá lugar no Hotel Talaso Cantabrico Las Sirenas Covas en Viveiro, a Presentación Final de Resultados e Degustación de Gastronomía Mariñeira do proxecto 🦞 Galicia Norte, Mares de Experiencias" no que estivemos participando xunto cos compañeir@s do GALP A Mariña-Ortegal

Se queres asistir, podes reservar a túa praza a través do correo electrónico maresdeexperiencias@gmail.com ou nos teléfonos 673 472 735 / 672 129 860.

Haberá transporte gratuíto que realizará paradas en Souto - Paderne (9:30h - Parada de bus), Miño (9:45h - Parada de bus Restaurante Puki's), Pontedeume (10:00h - Parada de bus) e Narón (10:20h frente Pazo da Cultura).




Galicia Norte, Mares de Experiencias é un proxecto promovido polo GALP Golfo Ártabro Norte e o GALP A Mariña - Ortegal para impulsar a cooperación interterritorial do turismo mariñeiro, dinamizando así a economía da costa norte de Galicia. 

No marco deste proxecto, téñense creado 10 itinerarios turísticos que contribúen á dinamización do territorio e pretendeu, nesta edición do 2018, vincular estes itinerarios con empresas e entidades que ofrezan servizos turísticos e actividades relacionadas co mar nos 23 concellos que forman parte do territorio que abarca o proxecto.