25 de setembro de 2018

Rematan as xornadas de difusión do proxecto de cooperación Galicia Norte, Mares de Experiencias


Onte luns día 24, estivemos acompañando ao equipo técnico que está traballando no proxecto de cooperación Galicia Norte, Mares de Experiencias, na última xornada de difusión deste proxecto no noso territorio. Iniciativa promovida polo GALP Golfo Ártabro Norte e o GALP A Mariña Ortegal a través do Programa FEMP 2014-2020.





A xornada celebrouse no Centro Comunitario Casas da Mariña, no Concello de Narón, onde se lles explicou aos asistentes (empresas do sector turístico, da hostalería e restauración), como participar nesta interesante iniciativa posta en marcha no noso territorio. En breve, iniciaránse as actuacións previstas dentro deste proxecto.


Os obxectivos deste proxecto son:
  • Dinamizar os axentes turísticos locais que poidan verse beneficiados polas rutas turísticas creadas "Galicia Norte, Mares de Experiencias" a través de: 
    • Xornadas de NETWORKING para a integración do tecido empresarial nas rutas turísticas.
    • Unha visita de ASESORAMENTO INDIVIDUALIZADO, ás empresas seleccionadas que contribúa á mellora da calidade turística.   
  • Implicar á poboación local nos valores mariñeiros do territorio a través de OBRADOIROS DEMOSTRATIVOS dos oficios vinculados ao mar e ao territorio.
Beneficios para os participantes: 
  • Formar parte dunha marca con proxección internacional: Galicia Norte, Mares de Experiencias.
  • Maior visibilidade no territorio.
  • Promoción en redes sociais
  • Asesoramento empresarial personalizado
  • Colaboración empresarial

Se estás interesad@ en participar, segue esta ligazón para adherirte ao programa : 

Segue o día a día deste proxecto a través das redes sociais: FACEBOOK

18 de setembro de 2018

Intercambio de Experiencias con outros Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro: Flag Quimper Cornouaille Developpement

Unha delegación do GALP Golfo Ártabro Norte, foi recibida onte polos representantes do GALP Quimper Cornouaille, na Bretaña Francesa, para compartir durante tres días experiencias sobre o aproveitamento dos fondos europeos para o desenvolvemento do sector pesqueiro.


Entre outros, visitaron un proxecto proxecto posto en marcha coas axudas do FEAMP: Haliòtika, citè de la pêche en mer (http://www.haliotika.com/); unha empresa de conservas familiar que leva en funcionamento dende 1920,  a Conserverie Compagnie Bretonne (https://www.lacompagniebretonne.fr/).

Para hoxe martes día 17, estarán en Douarnenez donte está programada unha visita ao Museo Pòrt Museè (http://www.port-musee.org/) ; outra a un centro de formación de carpintería de ribeira, Les Ateliers de l'Enfer (http://www.lesateliersdelenfer.fr/) e ao Porto Pesqueiro de Rosmeur.

Tamén aproveitando a visita do noso GALP á Bretaña Francesa, hoxe no Auditorium de Quimper, presentaran a "Red de Espacios Museísiticos Atlánticos" ante os representantes dos Museos Marítimos de Cornouaille (Francia). O obxecto desta presentación é convidalos a adherirse a esta Rede, explicar os obxectivos do proxecto, o protocolo de adhesión e as ventaxas desta rede, que xa conta con oito exposicións galegas e un museo adherido en Portugal.

"REMA" es la primera red europea especializada en contenidos de cultura y patrimonio marinero del Atlántico Europeo y, hasta el momento, cuenta con ocho exposiciones gallegas (Arquivo da Pesca da Confraría de Caión, Museo do Mar de Laxe, Museo de Man de Camelle, Pozo do Cachón en Muros, Ecomuseo Forno do Forte de Malpica, Museo da Pesca de Fisterra, Fábrica de Sel de Muros, Museo Museo Marea de Porto do Son) y el Museu Marítimo de Ílhavo (Portugal).

Esta iniciativa está incluída dentro do Proxecto de Cooperación no que estamos participando xunto con outros GALP galegos, de Andalucia, Islas Canarias e Portugal:

Xornada Difusión Narón. Galicia Norte, Mares de Experiencias

"Galicia Norte, Mares de Experiencias" é un proxecto de cooperación entre o GALP A Mariña-Ortegal e o GALP Golfo Ártabro Norte. Nace coa intención de visibilizar a cultura ligada ao patrimonio mariñeiro a través do turismo. 
Anímaste?

Dende Galicia Norte. Mares de Experiencias partimos de novo para darlle continuidade á nosa travesía cunha Xornada Informativa que terá lugar o vindeiro luns 24 de setembro no Centro Comunitario Casas da Mariña, en Narón, ás 18:00 horas.
Nesta xornada poderás coñecer as actividades que se van realizar no marco do proxecto, os obxectivos e os beneficios de adhesión e participación no mesmo.
Para facilitar a chegada ao centro, engadimos a ligazón co mapa do acceso: https://goo.gl/maps/AtXBESfmqAv

Podes seguir este proxecto a través das Redes Sociais:

Equipo Técnico Galicia Norte. Mares de Experiencias
Teléfonos contacto: 670 253 026 / 673 472 735



Un concurso dirixido ao alumnado premia as mellores ideas sobre o mar e a vida nel para despois filmalas



Por segundo ano o programa audiovisual Vidas Mariñeiras chega aos concellos do Golfo Ártabro Norte. O prazo para que grupos de alumnos e alumnas de 3º e 4º da E.S.O e 1º de Bacharelato, presenten ideas relacionadas coa vida e a paisaxe na costa ou que teñan como punto de partida o retrato dos oficios vinculados ao mar remata o 3 de outubro.






Ata o próximo mércores 3 de outubro, o alumnado de 3º e 4º da ESO e de 1º Bacharelato dos concellos que abranxe o GALP Golfo Ártabro Norte (Ares, Cabanas, Fene, Ferrol, Miño, Mugardos, Narón, Neda, Paderne e Pontedeume) pode presentar proxectos audiovisuais enfocados á realización dunha curtametraxe.

Trátase do programa pedagóxico Vidas Mariñeiras, convocado polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte no marco das actividades que está organizando este ano 2018 a través do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP 2014-2020) co obxectivo de dinamizar e poñer en valor o litoral da súa área.

Vidas Mariñeiras contempla a selección, titorización e desenvolvemento de proxectos cinematográficos a cargo de profesionais do audiovisual nun programa formativo dunhas 50 horas, repartidas en varias sesións ao longo dos meses de outubro e novembro. O resultado: curtametraxes elaboradas polo propio alumnado que poderán ser de ficción, documentais ou experimentais e que terán como tema o medio mariño e todo o que o rodea.

Máis información na páxina web: Vidas Mariñeiras

3 de setembro de 2018

Restauración do Dique de Mareas de A Cabana

Hoxe sae publicada na Voz de Galicia, Edición Ferrol, un dos proxectos que contan cunha subvención dos fondos FEMP 2014-2020 da convocatoria 2017 tramitados no GALP Golfo Ártabro Norte. 



O Dique "A Cabana", único civil que se coñece en toda Europa, e que ten un alto valor patrimonial e cultural,  estivo ligado nos seus orixes, e en boa parte da súa existencia, á actividade de asteleiro e carpintería de ribeira.






O Concello de Ferrol conta cunha axuda do Programa FEMP 2014-2020, e que foi tramitada por este GALP na Convocatoria 2017. Este proxecto está a executarse en tres anualidades: 2017, 2018 e 2019.

  • Limpeza e recuperación dun borde marítimo hoxe en estado de abandono e en desuso, mellorando notablemente as condicións medioambientais da ribeira da ría ferrolá.
  • Recuperación e divulgación da cultura e tradicións mariñeiras.
  • Creación dun espazo de intepretación das actividades e tradicións mariñeiras que permitirá potenciar o seu coñecemento e concienciar á sociedade da importancia das actividades relacionadas co mar.


"Las obras que, según el Ayuntamiento de Ferrol, tratan de poner en valor el patrimonio litoral de Ferrol, incluirán además de la limpieza de los muros y fondo del Dique, actuaciones en el muelle, en la explanada y en dos de las edificaciones." Concello de Ferrol

Podes ver a nova completa publicada hoxe no seguinte enlace: Arranca la rehabilitación del Dique