26 de febreiro de 2018
Últimos días para presentar as solicitudes de axuda Programa FEMP. Convocatoria 2018
➡️AVISO IMPORTANTE
📌O noso horario ata o #xoves día 1 de marzo inclusive, será continuado dende ás⏰ 8.30 ata as 18 horas, para poder facilitar a todas as persoas que o precisen a entrega de solicitudes de axuda neste GALP de forma presencial.
📣AÍNDA ESTÁS A TEMPO de facer realidade o teu proxecto!!!.
O prazo remata este xoves 1 de marzo.
☎️981 784 417 / 636 736 788
20 de febreiro de 2018
Xornada Técnica Programa FEMP 2014-2020 na Casa do Pescador de Miño
O luns 19 de febreiro, a Casa do
Pescador de Miño acolleu unha xornada técnica organizada polo equipo técnico,
destinada a todas as persoas interesadas en presentar proxectos ao novo período
de concesión de axudas.
O obxectivo desta xornada era darlles un asesoramento xeral e unha orientación á hora de cumprimentar as memorias das
súas propostas, buscando a adaptación destas á Estratexia de Desenvolvemento
Local Participativo, para a súa presentación á nova convocatoria das axudas ao
grupo de acción local de pesca, Golfo Ártabro Norte, do que remata o prazo para
esta convocatoria 2018 o próximo 1 de marzo.
Esta actividade forma parte do período
de programación comunitario do Fondo Europeo Marítimo de Pesca para o período
2014-2020. O obxectivo do GALP é o de liderar as accións para o fortalecemento
do sector pesqueiro, buscando unha estabilidade sostible.
16 de febreiro de 2018
Xornada Técnica: Asesoramento para presentación de solicitudes á Convocatoria de Axudas Programa FEMP 2014-2020 no ámbito territorial do GALP Golfo Ártabro Norte
O luns 19 de febreiro, na Casa do Pescador de Miño
(Rúa Curro, nº33 – 15630 Miño), celebrarase unha xornada técnica co obxecto de
apoiar a todas as persoas que queiran presentar unha solicitude de proxecto
neste GALP, en canto aos trámites de presentación e elaboración de
documentación.
O Programa de Axudas ten por obxecto financiar proxectos
tanto de índole produtiva como non produtiva con fondos europeos do FEMP
durante o período 2014-2020 coherentes co Plan Estratéxico elaborado para o
ámbito territorial do GALP Golfo Ártabro Norte.
Esta xornada iniciarase ás 17.30 horas coa benvida a todas as
persoas por parte de representantes do GALP Golfo Ártabro Norte, para a
continuación iniciar a xornada técnica, onde se explicará polo miúdo como
cumprimentar os diferentes formularios de solicitude de axudas, en especial o
formulario da “memoria para a elaboración do Plan de Xestión” onde deberán
incluír todos os datos do proxecto, tanto técnicos como económicos e o seu
encaixe coa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo do GALP Golfo
Ártabro Norte.
A actividade é gratuíta e está aberta a todas as persoas que teñan a idea
de presentar un proxecto, nesta convocatoria 2018, da que remata o prazo de
presentación de solicitudes o día 1 de marzo, sendo o único requisito para participar, anotarse previamente ben a través do enderezo electrónico galpgolfoartabronorte@gmail.com ou ben chamar aos teléfonos 981784417 ou 636 736 788
Esta xornada técnica será
exclusivamente de asesoramento e apoio, non de elaboración de ningún tipo de
documentación a nivel particular, xa que os proxectos presentados
posteriormente son analizados e avaliados polo propio equipo técnico do GALP, co
obxecto de ser presentados ante a súa Xunta Directiva e posteriormente ser
enviados á Consellería do Mar para a súa resolución final de concesión ou non
concesión da axuda.
Etiquetas:
Ares,
axudas,
Cabanas,
emprendemento,
FEMP,
Fene,
Ferrol,
GALP,
Miño,
Mugardos,
Narón,
Neda,
Paderne,
Pontedeume,
produtivos,
subvencións
6 de febreiro de 2018
Xornada de difusión axudas FEMP 2014-2020 no Concello de Fene
O martes 6 de febreiro estaremos en Fene dando a coñecer as axudas do FEMP das que xa está aberta a convocatoria 2018 para presentar solicitudes ata o 1 de marzo.
Será ás 18 horas na Casa da Cultura, que está dentro do Museo do Humor de Fene
Será ás 18 horas na Casa da Cultura, que está dentro do Museo do Humor de Fene
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)