18 de xullo de 2019

Charla Informativa sobre as subvencións do Programa FEMP 2014-2020 na Confraría de Pescadores de Ferrol

O pasado xoves día 11 de xullo o equipo técnico do GALP Golfo Ártabro Norte, coa finalidade de manter informado e avanzar no deseño de posibles proxectos susceptibles de poder ser financiados mediante o Fondo Europeo e Marítimo de Pesca (FEMP 2014-2020), trasladouse a Confraría de Pescadores de Ferrol, onde realizou unha reunión informativa ao respecto.

Nesta reunión, informouse aos asistentes dos prazos de presentación de solicitudes, así como de todos trámites para a súa presentación.



Nesta xornada orientouse ás persoas asistentes sobre as oportunidades de negocio e desenvolvemento territorial financiables polo GALP Golfo Ártabro Norte, que poderían ser encaixadas principalmente no Obxectivo 1 da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP):  "Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción de mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños", a través de exemplos que xa foron subvencionados por este GALP e por outros galegos.



Tamén informouse que por ser FERROL considerado un municipio densamente poboado, motivo polo que non computa a totalidade da poboación de Ferrol (só a integrante do sector pesqueiro e os seus familiares), quenes poden ser  as persoas e entidades beneficiarias destas axudas:

- As persoas xurídicas do sector pesqueiro con domicilio social e fiscal en Ferrol e que teñan no seu obxecto social actividades propias do sector pesqueiro.

- As persoas físicas integrantes do sector pesqueiro e os seus familiares.
(Definición de familiares do sector pesqueiro, segundo a Orde de Axudas do 21/12/2018, artigo 6: Aquelas persoas en cuxa unidade familiar figure algunha persoa física, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, viva ou falecida no ano inmediatamente anterior á data de solicitude, que sexa ou fose un/unha pescador, mariscador/a, acuicultor/a ou persoa traballadora en activo relacionada coa actividade pesqueira ou que traballase nese sector de forma manifiesta)




11 de xullo de 2019

As Confarías de pescadores do GALP Golfo Ártabro Norte, visitan proxectos FEMP no ámbito territorial do GALP Ría de Pontevedra



Onte  mércores día 10 de xullo membros da nosa Xunta Directiva e socios das 6 Confrarías de Pescadores visitaron diversos proxectos #FEMP na Ría de Pontevedra, co obxecto de ver o funcionamento doutros GALP galegos, así como un proceso de recollida de ideas vinculadas para o sector pesqueiro e marisqueiro para o noso territorio, de cara a presentar subvencións FEMP en vindeiras convocatorias.


Agradecer a boa acollida por parte do persoal técnico do GALP Ría de Pontevedra; así como de todas as persoas que nos foron recibindo en cada unha das iniciativas visitadas, e que dedicaron o seu tempo en explicarnos os seus proxectos:

  • Frigorífico Rosa de los Vientos en Marín
  • Mares de Galicia, S.A. en Marín
  • Confraría de Pescadores de Bueu
  • Restaurante El Pescador en Bueu
  • Mariscadoras da praia de A Seca en Poio
  • Confraría de pescadores de Portonovo

5 de xullo de 2019

ABANCA e o GALP Golfo Ártabro Norte asinan un novo convenio para facilitar financiamento ao sector pesqueiro


§  Ambas as entidades reforzan o traballo conxunto grazas á división especializada que mantén o banco neste sector: ABANCA Mar

Os profesionais deste grupo de acción costeira optarán a produtos específicos lanzados polo banco con sede en Galicia para o sector pesqueiro

ABANCA renovou onte día 4 de xullo a alianza que mantén co Grupo de Acción Local do sector pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Norte co obxectivo de impulsar o desenvolvemento socioeconómico da poboación pesqueira nesta franxa costeira.

O representante do GALP, José Manuel Fernández Lage, e o director de zona de ABANCA en Betanzos/Eume, José Ulfe Bugallo, foron os encargados de asinar o novo acordo, nun acto celebrado onte en Miño.




Este convenio pon o acento especialmente na reactivación económica por medio do crédito, unha peza básica para acadar a posta en marcha de novos proxectos e promover a mellora da competitiva dos actuais. Os profesionais pertencentes a esta entidade sen ánimo de lucro contarán con condicións melloradas na contratación de produtos de ABANCA como pólizas de crédito, préstamos persoais, anticipos de subvencións, leasing mobiliario, liñas de comercio exterior, confirming, avais ou liñas de desconto.

ABANCA tamén ofrecerá outros produtos a medida do sector, como a hipoteca naval para financiar buques e outro tipo de embarcación vinculadas á actividade pesqueira, ou seguros personalizados para este colectivo. Do mesmo xeito, desde as oficinas de ABANCA facilitarase a información relativa ás opcións de financiamento a través de convenios oficinas que a entidade mantén con ICO e as SGR galegas.

Grazas a este texto, os profesionais do sector pesqueiro poderán optar ás vantaxes que ofrece o Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais.

O GALP Golfo Ártabro Norte naceu co obxectivo de colaborar na gobernanza da súa zona de actuación, que abrangue dez municipios da costa coruñesa. O grupo participa activamente na construción da capacidade organizativa da zona pesqueira, e serve de núcleo de converxencia e representación de entidades e axentes socioeconómicos con interese no desenvolvemento integral e equilibrado da área. Representa a decenas de entidades locais, entre concellos, confrarías de pescadores e outras organizacións profesionais vencelladas ao sector pesqueiro, asociacións de empresarios e comerciantes, e agrupacións de carácter social.

Forte compromiso co mundo do mar
Este marco de colaboración súmase aos acordos en materia financeira que a entidade financeira galega mantén coa maior parte das confrarías de pescadores de Galicia e as principais organizacións do sector, que reflicten o compromiso do banco con este sector estratéxico para a nosa comunidade. A través de ABANCA Mar, a entidade financeira pon a disposición do sector un crecente catálogo de produtos adaptados, ademais da proximidade e experiencia dun equipo de profesionais altamente cualificados e cun profundo coñecemento da heteroxénea cadea de valor do mar.