Amosando publicacións coa etiqueta turismo mariñeiro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta turismo mariñeiro. Amosar todas as publicacións

14 de novembro de 2018

Demostración Oficios do Mar en Miño

📢 ⚠️Finalmente a Demostración dos Oficios do Mar coas #MariscadorasdeMiño terá lugar o vindeiro 🗓️ 23 de Novembro na 📍Praia Grande de #Miño as 🕙 11:00h.















Inscricións: maresdeexperiencias@gmail.com ou no teléfono 672 129 860

🗣️Importante: Recomendase traer botas de auga! 💦👢👢💦

12 de novembro de 2018

O Galp Golfo Ártabro Norte celebrou unha xornada de familiarización para a Ruta dos Faros

15 entidades relacionadas coa industria turística coñecen os pormenores da Ruta dos Faros no territorio do GALP Golfo Ártabro Norte.




O pasado xoves 08 de novembro, celebrouse unha xornada dedicada a salientar os recursos turísticos vencellados á Ruta dos Faros de Galicia que representa aos concellos que comprende este organismo. 

Esta actividade, á que estaban convidadas todas as empresas asociadas a Mar Galaica, gozou coa representación de 15 entidades turísticas do territorio, quen deron a coñecer as potencialidades dos seus negocios e do entorno que os rodea ao resto de participantes mediante unha xornada de networking.

A creación da rede de contactos continuou durante a comida namentres se degustaba unha selección de pratos do mar no edificio do Antigo Hospicio Municipal de Ferrol. 




Ademais de crear unha rede de contactos con outros negocios da zona, as persoas participantes recoñeceron os atractivos turísticos salientados pola Ruta dos Faros nunha presentación que foi complementada con visitas interpretadas a recursos representativos do territorio: o Museo Naval e Ferrol, o Faro de Cabo Prioriño, un paseo en barco de Ferrol a Mugardos e unha visita á Aula do Mar de Ares.





As persoas participantes coñeceron de primeira man a información relativa a estes bens e ao produto turístico A Ruta dos Faros de Galicia de maneira que poderán influenciar aos seus clientes para que os visiten con fundamentados argumentos.



27 de agosto de 2018

Outro xeito de ver e coñecer a Ría de Ferrol e o Camiño Inglés

«Conocimos la subvención y diseñamos un proyecto a medida, que beneficiará al club, al contar con más material, y reforzará la oferta turística». De hecho, entre los retos del Galp figura «dar impulso aos servizos vinculados ao Camiño de Santiago». 
La iniciativa busca dar a conocer el paisaje de la ría y el trabajo de los mariscadores

O Club de Piragüismo de Narón, ten aprobada unha axuda do Programa FEMP 2014-2020 nesta Convocatoria 2018, tramitada neste GALP, para a realización de dúas rutas guiadas de kaiak de mar durante todo o ano por toda a Ría de Ferrol, incluíndo o tramo do Camiño Inglés:
  • Ruta do marisqueo pola Ría de Ferrol: percorrido polas Confrarías da Ría de Ferrol, bancos marisqueiros e asteleiros da zona, coñecendo a súa historia e etado actual.
  • Ruta do Camiño Inglés: percorrido do Camiño Inglés no seu tramo costeiro, paralelo ao Camiño por terra.

Nestas rutas foméntase o turismo sustentable nas zonas de costa, potenciando o patrimonio pesqueiro ligado á Ría de Ferrol, fomento dos deportes náuticos, respectuosos co medio ambiente, visitas a elementos relacionados co sector pesqueiro e mariñeiro así como xeración de información de todo o visitado.

Esta iniciativa céntrase fundamentalmente na promocion do deporte náutico como dinamizador do turismo, e permitirá dar a coñecer a parte interior da ría de Ferrol e, en paralelo, as actividades económicas vinculadas ao mar.

Podes ver no seguinte enlace a nova publicada na Voz de Galicia, Edición Ferrol o pasado 12 de agosto:


El Club de piragüismo de Narón activará hacia finales del verano rutas gratuitas para realizar a través de la vía marítima el tramo entre Curuxeiras y Xuvia

4 de setembro de 2017

O GALP Golfo Ártabro Norte pon en marcha un curso presencial-práctico co obxecto de aumentar as competencias no desenvolvemento de actividades de turismo mariñeiro no seu ámbito territorial.


Os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) de Galicia están a traballar dende hai anos, de xeito individual e coordinadamente, no desenvolvemento do turismo mariñeiro. Froito de esta colaboración xurdíu o proxecto MarGalaica, que trata de aglutinar e incorporar toda a oferta de turismo mariñeiro de Galicia.

Os GALP de Galicia, a través de Margalaica no ano 2017 están a por en marcha a Ruta dos Faros de Galicia, un proxecto de grande ruta que, recorrendo toda a costa de Galicia pretende integrar recorridos, recursos, visitas a Faros, oferta de restauración e actividades turísticas, especialmente as de contido mariñeiro, así como visitas a portos pesqueiros e Lonxas.

OBXECTIVOS
Neste contexto, dende Margalaica Turismo Mariñeiro preténdese potenciar a presenza de actividades de turismo mariñeiro na Ruta dos Faros de Galicia, ao tempo que se persigue consolidar a oferta de turismo mariñeiro existente e por en marcha iniciativas que estean a dar os primeiros pasos.
Mellorar as competencias e capacidades de certos colectivos dos profesionais do mar para o desenvolvemento de actividades de turismo mariñeiro.

DESTINATARIOS
Os destinatarios preferentes destes cursos son:
 -Mulleres profesionais do mar ou con vínculos familiares co sector do mar.
-Xoves, ata 35 anos profesionais do mar ou con vínculos familiares co sector do mar.
-Propietarios, traballadores e familiares de estaleiros, carpinterías de ribeira e embarcacións tradicionais.
-Calquera persoa con inquetudes en actividades turísticas mariñeiras


CONTIDOS COMÚNS DOS CURSOS
Todos os cursos adaptaranse ás necesidades e composición do alumnado. 
Os contidos estarán orientados a aportar aos prestadores de actividades de turismo mariñeiro as capacidades mínimas para dirixirse ao mercado para a captación de usuarios (clientes), a creación de produtos e experiencias e a xestión da actividade de turismo mariñeiro. O curso terá un carácter eminentemente práctico e se realizarán sesións personalizadas nas sedes e nas localizacións das actividades de turismo mariñeiro cunha duración mínima de dúas xornadas.

CALENDARIO E SEDES
A data de realización do curso presencial será o 25 de setembro de 2017 e terá unha duración de catro horas, de 16 a 20 horas. Confirmarase a todas as persoas inscritas o lugar e local dentro do territorio do GALP GOLFO ÁRTABRO NORTE.

PRAZO E PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo para a presentación de solicitudes de participación remata o 20 de setembro, debendo enviar recheado o formulario de inscrición cos datos solicitados ao enderezo electrónico galpgolfoartabronorte@gmail.com



4 de xullo de 2017

Presentación pública do proxecto de cooperación de turismo mariñeiro "Galicia Norte, mares de experiencias"

O GALP Golfo Ártabro Norte xunto co GALP A Mariña Ortegal están a impulsar un proxecto de cooperación interterritorial de turismo mariñeiro co obxecto de dinamizar a economía da costa norte de Galicia: "GALICIA NORTE, MARES DE EXPERIENCIAS"

O resultado desta colaboración será o desenvolvemento e a promoción de rutas e experiencias turísticas para a posta en valor do patrimonio natural e cultural dos 23 concellos nos que actúan, e que van dende o municipio coruñés de Paderne ata o lucence de Ribadeo.  En total, o proxecto levarase a cabo en dous territorios contiguos con características comúns e que contan cun rico patrimonio marítimo pesqueiro, cultural e natural moi relevante, que se estende ao longo de 384 quilómetros de costa, unha cuarta parte de toda a liña costeira galega.

A promoción dun único territorio sen fronteiras na costa máis septentrional de Galicia permitirá focalizar mellor os atractivos turísticos máis relevantes e favorecer estadías máis longas dos viaxeiros, o que permitirá un maior volume de ingresos para a poboación.

Baixo o nome "Galicia Norte, mares de experiencias", esta iniciativa pretende aproveitar o potencial da actividade pesqueira e mariñeira da zona, que representa o 8,8% do emprego nos concellos de A Mariña-Ortegal e o 3,3% dos pertencentes ao Golfo Ártabro Norte.

Para dar a coñecer este proxecto nos dous territorios, está prevista unha presentación pública no Auditorio da Casa da Cultura do Concello de Valdoviño o próximo xoves 6 de xullo ás 11 horas.