Durante o 2017 os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro GALP A Mariña-Ortegal e GALP Golfo Ártabro Norte, desenvolveron o proxecto "GALICIA NORTE, MARES DE EXPERIENCIAS", dirixido a trazar rutas e deseñar experiencias turísticas atractivas con capacidade de atraer fluxos turísticos e contribuír así tanto á posta en valor do patrimonio coma á diversificación económica dos seus territorios. Dentro deste proxecto elaborouse o seguinte material promocional, a Guía "Galicia Norte mares de Experiencias" e un mapa, que se pode ver en diferentes idiomas.
"Ser un gran descoñecido ten as súas vantaxes. A primeira delas é a posibilidade de presentarse ao mundo dunha forma orixinal, sen condicionantes previos. Presentámosche a costa norte de Galicia."
"Ser un gran descoñecido ten as súas vantaxes. A primeira delas é a posibilidade de presentarse ao mundo dunha forma orixinal, sen condicionantes previos. Presentámosche a costa norte de Galicia."
Las 10 Rutas del Norte Mapa versión Castellano
The 10 northern routes Mapa versión Inglés
No ano 2018 ambos GALP presentan novamente unha continuación deste proxecto, co obxectivo de mellorar a competitividade do territorio e a sensibilización da poboación local sobre o turismo e a cultura mariñeira a través de accións de dinamización e promoción dos itinerarios turísticos creados no marco do proxecto Galicia Norte, Mares de Experiencias. Este proxecto pode seguirse a través das redes sociais, elaboradas para darlle difusión ao mesmo:
Galicia Norte Mares de Experiencias |
Maresdeexperiencias |
A Ruta dos Faros de Galicia é un produto de touring integrado por diversos recursos turísticos e máis de 200 empresas e entidades asociadas. Un circuito que, entre Ribadeo e A Guarda discorre por todos os faros, portos, lonxas, actividades de turismo mariñeiro, hoteis con encanto e, por suposto, os mellores restaurantes para degustar os pescados e mariscos do noso mar. Un proxecto dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro de Galicia e da súa marca turística MarGalaica.
Todas as novidades deste proxecto, poden seguirse a través da súa páxina web e redes sociais, para darlle unha maior difusión ao mesmo:
Páxina Web: Ruta dos Faros de Galicia APP Ruta dos Faros
Ruta dos Faros de Galicia |
Rutafarosgalicia |
O principal obxectivo deste proxecto consiste en reforzara a gobernanza e o empoderamento das mulleres do mar nas diferentes zonas costeiras. Para isto concibironse varios programas para promover o desenvolvemento económico de diferentes iniciativas, e promover o asociacionismo entre as mulleres que realizan actividades ligadas ao mar. O proxecto iníciase no ano 2017, estruturándose en tres fases: fase de divulgación, fase de implementación de programas de fase de exposición de resultados. Destacar os Programas de traballo EMBARCA e ALIADAS. Todas as novidades deste proxecto poden seguirse a través da súa páxina web e redes sociais, elaboradas para darlle unha maior difusión ao mesmo:
Páxina web: Candieira - Rede de apoio e promoción das mulleres do mar
Candieira |
Candieirarede |
Ten como finalidade potenciar a cooperación e a transferencia de coñecemento dos territorios costeiros do arco atlántico (España, Portugal, Francia e Irlanda), a través da configuración de novos produtos turísticos sustentables que permitan diversificar e desestacionalizar a oferta turística, aproveitando a gastronomía e o acervo mariñeiro como elemento de identidade e de autenticidade singular.
Todas as novidades deste proxecto poden seguirse a través da súa páxina web e redes sociais, elaboradas para darlle unha maior difusión ao mesmo.
Desde Morada Atlántica se pone en marcha un signo distintivo acreditativo de que los platos catalogados como Cocina Atlántica, son elaborados utilizando productos autóctonos de los territorios costeros atlánticos. De esta manera, mejoraremos y reforzaremos la venta de proximidad en el sector primario, defendiendo los intereses de productores locales y también la del consumidor final, al poder tener la oportunidad de disfrutar de un producto de elevada calidad en términos de salud y sabor.
Páxina web: Cocina Atlántica App: Cocina AtlánticaDesde Morada Atlántica se pone en marcha un signo distintivo acreditativo de que los platos catalogados como Cocina Atlántica, son elaborados utilizando productos autóctonos de los territorios costeros atlánticos. De esta manera, mejoraremos y reforzaremos la venta de proximidad en el sector primario, defendiendo los intereses de productores locales y también la del consumidor final, al poder tener la oportunidad de disfrutar de un producto de elevada calidad en términos de salud y sabor.
Morada Atlántica |
Morada Atlántica |
Ningún comentario:
Publicar un comentario