Este obradoiro está aberto para todas as mulleres, sendo o único requisito, para participar que sexan do ámbito territorial do GALP Golfo Ártabro Norte: PADERNE, MIÑO, PONTEDEUME, CABANAS, ARES, MUGARDOS, FENE, NEDA, NARÓN E FERROL.
Esta acción formativa, terá unha parte teórica, outra de carácter práctico e participativo, e tamén está previsto realizar visitas e saídas a iniciativas postas xa en marcha. Terá unha duración de 28 horas (10 horas teóricas e 18 prácticas, incluídas as visitas a experiencias e iniciativas).
As datas e horarios estableceranse segundo a dispoñibilidade dos colectivos de mulleres participantes e todas as sesións serán de carácter presencial.
Para ampliar esta información e inscribirse, pode poñerse en contacto co equipo técnico do GALP Golfo Ártabro Norte, ben a través do teléfonos 981 784 417 / 636 736 788 ou pode enviar un mail cos seus datos completos a galpgolfoartabronorte@gmail.com
OBXECTIVOS
- Elaborar produtos alimenticios do mar empregando os métodos e técnicas adecuadas, conservadores, etc respectando as normas de calidade aplicables para a produción de alimentos.
- Describir as diferentes técnicas de conservación nos procesos de preparación, transformación e elaboración dos alimentos.
- Coñecer os mecanismos de comercialización e xestión dunha actividade alimentaria.
- Identificar os elementos principais á hora de comunicar e vender un produto.
- Coñecer de primeira man o funcionamento dunha iniciativa empresarial de conservación e transformación de produtos do mar.