23 de maio de 2019

Nova Edición de Ondas de Ilusións - Escolas do Mar, con moitas novidades, no territorio do GALP Golfo Ártabro Norte



Reactivamos un ano máis o programa ONDAS DE ILUSIÓNS - ESCOLAS DO MAR, xa estamos contactando cos centros escolares dando a coñecer as novas actividades programadas para este ano.

Actividade organizada polo GALP Golfo Ártabro Norte, dentro das súas actividades de animación e divulgación para o ano 2019 no seu ámbito territorial, e que contan co financiamento do Programa do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP 2014-2020)

Esta campaña ten como obxectivo o coñecemento do medio mariño e os recursos pesqueiros, a pesca sustentable, a contaminación dos plásticos no mar o cambio climático e a biodiversidade e nesta nova edición, centrarase en 4 novas actividades que estamos ofertando aos centros públicos de Primaria (4º, 5º e 6º) de forma gratuíta do territorio do GALP Golfo Ártabro Norte (Ares, Cabanas, Fene, Ferrol, Miño, Mugardos, Narón, Neda, Paderne e Pontedeume):

  • Saídas en kaiak
  • Charlas e obradoiros medioambientais
  • Actividades os sábados en familia
  • Elaboración de material didáctico

Máis información da 3ª Edición de Ondas de Ilusións - Escolas do Mar, e de como participar no mesmo:



Equipo de ONDAS DE ILUSIÓNS - ESCOLAS DO MAR

633074271 (Maica Rodríguez)


6 de maio de 2019

Abertos diferentes procesos de contratación de asistencias técnicas para o GALP Golfo Ártabro Norte 2019



Na páxina web dos Grupos de Acción Local de Galicia, pódese consultar no apartado de contratacións-licitacións, as diferentes ofertas de contratación de asistencia técnica que acaba de facer públicas o GALP Golfo Ártabro Norte para este ano 2019:


  1. Asistencia Técnica para levar a cabo os SERVIZOS DE AUDITORIA das contas xustificativas das subvencións a xustificar na anualidade 2019; así como dos gastos de funcionamento e animación do GALP Golfo Ártabro Norte.
  2. Asistencia Técnica para levar a cabo a CAMPAÑA ESCOLAR, Ondas de Ilusións 2019 no ámbito territorial do GALP Golfo Ártabro Norte (Paderne, Miño, Pontedeume, Cabanas, Ares, Mugardos, Fene, Neda, Ferrol e Narón).
  3. Asistencia Técnica para a realización do Programa de Formación Audiovisual VIDAS MARIÑEIRAS 2019 no ámbito territorial do GALP Golfo Ártabro Norte (Paderne, Miño, Pontedeume, Cabanas, Ares, Mugardos, Fene, Neda, Ferrol e Narón)
  4. Asistencia Técnica para levar a cabo unha AVALIACIÓN INTERMEDIA da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) do GALP Golfo Ártabro Norte.

Consulta as prescricións técnicas de cada unha delas no seguinte enlace: