Aloxamentos con encanto que están por chegar
O martes día 22 a Voz de Galicia, Edición Ferrol, fíxose eco de dúas iniciativas financiadas co Programa FEMP 2014-2020, tramitadas dende este GALP.
Apartamentos Turísticos "Camino do Mar", un novo establecemento hostaleiro de características innovadoras e únicas no territorio, vinculado coa tradición mariñeira, natural, cultural, patrimonial e turística do Camiño Inglés. Aprobado na Convocatoria 2018,
Para a posta en marcha deste proxecto, estase a rehabilitar e adaptar un inmoble do século XIX, que está na rúa da Pescadería nº 48 do Concello de Pontedeume, estando prevista a súa apertura para finais do 2019.
Apartamentos Turísticos "Auga", en Barallobre, Concello de Fene, aprobado na Convocatoria 2017, xa en funcionamento.
Fátima Ameneiro unha muller menor de 40 anos, descendente de familia vinculada á Ría de Ferrol, xa que o seu bisavó era o patrón das dúas lanchas de pasaxe que existian na ría para trasladar aos veciños dendes as dúas marxes, pon en marcha na parroquia de Barallobre, Concello de Fene tres apartamentos turísticos, vinculados coa tradición e o patrimonio mariñeiro da costa de Fene, interactuando cos distintos axentes do sector (Confraría de Pescadores de Barallobre, entre outros) e con entidades involucradas no fomento do turismo mariñeiro.
"Por todo ello, he querido preparar un lugar cálido, moderno, de calidad y céntrico, desde el que poder visitar todo nuestro territorio y haceros disfrutar de nuestra hospitalidad y gastronomía. No dejes pasar la oportunidad, ven a conocernos y nosotros haremos el resto para que quieras repetir".
O turismo é unha das actividades tradicionais nas comunidades costeiras, e a vinculación do turismo co sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola, no marco das estratexias de crecemento azul, abre unha interesante fonte de oportunidades para a creación de emprego e de ingresos adicionais, sendo éste un dos motivos polo que a Consellería do Mar ten asinado dende o ano 2016 un acordo de colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia, onde están establecidas as condicións respecto das actuacións sobre servizos e actividades turísticas que a Consellería do Mar poderá subvencionar, a través dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) en cada un dos seus ámbitos territoriais.
No seguinte enlace podes ler a nova completa: