Amosando publicacións coa etiqueta remo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta remo. Amosar todas as publicacións

31 de agosto de 2018

Produto Turístico "Remo tradicional no Golfo Ártabro Norte"

O remo tradicional, mais aló das súas connotacións deportivas, ten outras relacionadas coa súa vinculación aos oficios do mar. 
As primeiras regatas de remo en Galicia e no Cantábrico nacen por imitación ás situacións de competición que se daba entre os mariñeiros e por ese motivo durante moitos anos e en moitos pobos a súa práctica está ligada ás Confrarías de Pescadores.






O Club de Remo de Ares conta cunha axuda do Programa FEMP 2014 -2020 nesta Convocatoria 2018, e que foi tramitada por este GALP, para a creación dun produto turístico de remo tradicional no territorio do GALP Golfo Ártabro Norte. Este produto turístico será sustentable, socialmente responsable, auténtico, de calidade, innovador e diferenciado, e pretende afianzar o posicionamento deste destino como territorio de natureza e deporte.

As actividades previstas dentro deste proxecto son as seguintes:

1. Coordinación e captación de participantes

2. Iniciación ao remo indoor

3. Remo no mar

Para levar a cabo este proxecto, preténdese comprar unha traineriña de carbono e remos, un batel de fibra de carbono e remos e remoergómetros; así como está prevista a contratación dunha asistencia técnica para a coordinación e captación de participantes.

"Dende o equipo promotor deste proxecto entendemos que a creación deste proxecto de turismo deportivo de remo tradicional co obxectivo de posicionar o Concello de Ares, e a todo o territorio do GALP Golfo Ártabro Norte, como referente de remo tradicional contríbúe ao logro da prioridade cuarta do FEMP de aumentar o emprego e a cohesión territorial mediante o fomento do crecemento económico, a inclusión social, a creación de emprego e o apoio á empregabilidade e á mobilidade laboral nas comunidades pesqueiras e acuículas, incluíndo a diversificación das actividades realizadas no marco da pesca e respecto doutros sectores da economía marítima. Entendemos que o Produto Turístico de Remo Tradicional pode ser un referente nos territorios de pesca de Europa, de proxecto que contribúa á cohesión territorial mediante o fortalecemento e apoio a todo o tecido do remo, que xa é incipiente neste territorio e, polo tanto, pode ser un pulo á creación de novos empregos". Club de Remo de Ares