30 de agosto de 2018

Resolución da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, sobre a realización da segunda fase da Convocatoria 2018. Programa FEMP 2014-2020


A Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, publicou o 29 de agosto de 2018 unha resolución sobre a realización da segunda fase da convocatoria 2018 da adxudicación de axudas ao abeiro das EDLP aprobadas aos GALP, onde resolven:

  • Non realizar unha nova fase de adxudicación de axudas para a convocatoria 2018 ao existir unha lista de agarda que esgotaría o crédito da anualidade 2018.
  • Aquelas solicitudes que non puidesen ser atendidas no período correspondente por falta de crédito poderán ser tomadas en consideración no período seguinte, no caso de que o solicitante faga manifestación expresa nese sentido, sen que isto supoña preferencia ningunha como criterio de selección.
  • Os proxectos cun investimento material e con acta de non inicio incluídos en lista de agarda que non sexan finalmente subvencionados por falla de crédito, poderán terse en conta na convocatoria inmediata seguinte, se así o manifesta o promotor. 




"O prazo de presentación de solicitudes está aberto todo o ano"



As solicitudes de axudas poderán ser presentadas ao longo de todo o período do programa operativo 2014-2020 ata o 1 de marzo de 2020.

Coas solicitudes presentadas ata o 1 de marzo de cada ano, realizarase unha primeira fase de adxudicación de axudas, polo que a próxima será o 1 de marzo de 2019.

Ningún comentario:

Publicar un comentario