Amosando publicacións coa etiqueta emprendemento. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta emprendemento. Amosar todas as publicacións

12 de febreiro de 2019

Xornada Técnica: Asesoramento para presentación de solicitudes á Convocatoria de Axudas 2019 Programa FEMP 2014-2020 no ámbito territorial do GALP Golfo Ártabro Norte


O mércores 13 de febreiro, na Casa do Pescador de Miño (Rúa Curro, nº33 – 15630 Miño), celebrarase unha xornada técnica co obxecto de apoiar a todas as persoas que queiran presentar unha solicitude de proxecto neste GALP, en canto aos trámites de presentación e elaboración de documentación.






O Programa de Axudas ten por obxecto financiar proxectos tanto de índole produtiva como non produtiva con fondos europeos do FEMP (Fondo Europeo Marítimo e da Pesca) durante o período 2014-2020 coherentes co Plan Estratéxico elaborado para o ámbito territorial do GALP Golfo Ártabro Norte.

Esta xornada iniciarase ás 17.00 horas coa benvida a todas as persoas por parte de representantes do GALP Golfo Ártabro Norte, para a continuación iniciar a xornada técnica, onde se explicará polo miúdo como cumprimentar os diferentes formularios de solicitude de axudas, en especial o formulario da “memoria para a elaboración do Plan de Xestión” onde deberán incluír todos os datos do proxecto, tanto técnicos como económicos e o seu encaixe coa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo do GALP Golfo Ártabro Norte.

A actividade é gratuíta e está aberta a todas as persoas que teñan a idea de presentar un proxecto, nesta convocatoria 2019, da que remata o prazo de presentación de solicitudes o día 1 de marzo, sendo o único requisito para participar, anotarse previamente ben a través do enderezo electrónico galpgolfoartabronorte@gmail.com ou ben chamar aos teléfonos 981784417 ou 636 736 788 

Esta xornada técnica será exclusivamente de asesoramento e apoio, non de elaboración de ningún tipo de documentación a nivel particular, xa que os proxectos presentados posteriormente son analizados e avaliados polo propio equipo técnico do GALP, co obxecto de ser presentados ante a súa Xunta Directiva e posteriormente ser enviados á Consellería do Mar para a súa resolución final de concesión ou non concesión da axuda. 




30 de agosto de 2018

Resolución da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, sobre a realización da segunda fase da Convocatoria 2018. Programa FEMP 2014-2020


A Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, publicou o 29 de agosto de 2018 unha resolución sobre a realización da segunda fase da convocatoria 2018 da adxudicación de axudas ao abeiro das EDLP aprobadas aos GALP, onde resolven:

  • Non realizar unha nova fase de adxudicación de axudas para a convocatoria 2018 ao existir unha lista de agarda que esgotaría o crédito da anualidade 2018.
  • Aquelas solicitudes que non puidesen ser atendidas no período correspondente por falta de crédito poderán ser tomadas en consideración no período seguinte, no caso de que o solicitante faga manifestación expresa nese sentido, sen que isto supoña preferencia ningunha como criterio de selección.
  • Os proxectos cun investimento material e con acta de non inicio incluídos en lista de agarda que non sexan finalmente subvencionados por falla de crédito, poderán terse en conta na convocatoria inmediata seguinte, se así o manifesta o promotor. 




"O prazo de presentación de solicitudes está aberto todo o ano"



As solicitudes de axudas poderán ser presentadas ao longo de todo o período do programa operativo 2014-2020 ata o 1 de marzo de 2020.

Coas solicitudes presentadas ata o 1 de marzo de cada ano, realizarase unha primeira fase de adxudicación de axudas, polo que a próxima será o 1 de marzo de 2019.

16 de febreiro de 2018

Xornada Técnica: Asesoramento para presentación de solicitudes á Convocatoria de Axudas Programa FEMP 2014-2020 no ámbito territorial do GALP Golfo Ártabro Norte



O luns 19 de febreiro, na Casa do Pescador de Miño (Rúa Curro, nº33 – 15630 Miño), celebrarase unha xornada técnica co obxecto de apoiar a todas as persoas que queiran presentar unha solicitude de proxecto neste GALP, en canto aos trámites de presentación e elaboración de documentación.



O Programa de Axudas ten por obxecto financiar proxectos tanto de índole produtiva como non produtiva con fondos europeos do FEMP durante o período 2014-2020 coherentes co Plan Estratéxico elaborado para o ámbito territorial do GALP Golfo Ártabro Norte.

Esta xornada iniciarase ás 17.30 horas coa benvida a todas as persoas por parte de representantes do GALP Golfo Ártabro Norte, para a continuación iniciar a xornada técnica, onde se explicará polo miúdo como cumprimentar os diferentes formularios de solicitude de axudas, en especial o formulario da “memoria para a elaboración do Plan de Xestión” onde deberán incluír todos os datos do proxecto, tanto técnicos como económicos e o seu encaixe coa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo do GALP Golfo Ártabro Norte.

A actividade é gratuíta e está aberta a todas as persoas que teñan a idea de presentar un proxecto, nesta convocatoria 2018, da que remata o prazo de presentación de solicitudes o día 1 de marzo, sendo o único requisito para participar, anotarse previamente ben a través do enderezo electrónico galpgolfoartabronorte@gmail.com ou ben chamar aos teléfonos 981784417 ou 636 736 788 


Esta xornada técnica será exclusivamente de asesoramento e apoio, non de elaboración de ningún tipo de documentación a nivel particular, xa que os proxectos presentados posteriormente son analizados e avaliados polo propio equipo técnico do GALP, co obxecto de ser presentados ante a súa Xunta Directiva e posteriormente ser enviados á Consellería do Mar para a súa resolución final de concesión ou non concesión da axuda. 


28 de xuño de 2017

Candieira, rede de apoio á muller da costa galega, bota a andar cos primeiros encontros locais no territorio do GALP Golfo Ártabro Norte


O 5 de xullo celebraranse as primeiras reunións do GALP Golfo Ártabro Norte, abertas á implicación de axentes locais e persoas que a título individual queiran guiar este proxecto 

Candieira, a rede de apoio e promoción das mulleres do mar en Galicia, prepárase para dar o seu pistoletazo de saída. Este proxecto de cooperación promovido polos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Ría de Pontevedra, Golfo Ártabro Norte, Costa da Morte, Seo de Fisterra-Ría Muros-Noia Costa Sostible, Ría de Arousa e Ría de Vigo-A Guarda, nace para alentar e acompañar o emprendemento das mulleres nas zonas costeiras dos territorios dos GALP participantes.
A zona do GALP Golfo Ártabro Norte, que comprende os concellos de Paderne, Neda, Narón, Pontedeume, Mugardos, Miño, Ferrol, Fene, Cabanas e Ares, celebrará os seus primeiros encontros o mércores 5 de xullo. A primeira xuntanza, o ENCONTRO INSTITUCIONAL, será na Casa do Pescador de Miño (ao carón do Cuartel da Garda Civil, R/ do Curro, 33), ás 13:30 e busca a implicación de responsables políticos e técnicos de diferentes áreas: desenvolvemento local, igualdade, emprego, xuventude, cultura, etc. Nel presentarase Candieira, compartiranse as necesidades do proxecto e recolleranse as achegas dos axentes da zona.
Xa pola tarde, ás 18:30 no mesmo lugar, terá lugar o ENCONTRO SOCIAL, aberto a confrarías, entidades sociais e empresariais, asociacións culturais, ambientais e persoas a título individual que queiran implicarse no proxecto.
Un grupo motor en cada zona
Durante a primeira quincena de xullo seguirán a celebrarse encontros en varias localidades para dar a coñecer o proxecto ás entidades e axentes locais, cuxa participación é fundamental para desenvolver Candieira. As xuntanzas están abertas á participación de toda a sociedade, especialmente a daquelas persoas que traballen na promoción da igualdade, que pertenzan ao sector pesqueiro, patrimonial, cultural e ambiental ou que estean vinculadas ao ámbito do emprendemento e a innovación. O obxectivo último é a constitución dun grupo motor en cada territorio, que se encargará de dinamizar e guiar o proceso entre este ano e o que vén, e á súa vez favorecer a incorporación de novos axentes. 
Entre setembro deste ano e abril de 2018 programaranse “laboratorios” ou obradoiros prácticos de impulso ás iniciativas que nazan e medren ao abeiro do Candieira. 
Estes espazos de creación alentarán a posta en marcha de proxectos baixo unha perspectiva Maker (aprender a través da experiencia). 
A inscrición, de balde, dirixirase a mulleres emprendedoras dispostas a mergullarse na xeración de experiencias innovadoras e intercambiar saberes e coñecementos, ao tempo que se vai tecendo unha rede de traballo colaborativa entre elas.
A previsión é que en maio de 2018 esta rede de apoio e de traballo compartido das mulleres da costa galega estea consolidada e que se manteña ao longo do tempo.
Presentación oficial
O pasado 6 de xuño tiña lugar a presentación oficial do proxecto, que contou coa presenza e apoio da conselleira do Mar, Rosa Quintana, en Marín.
Este exercicio de cooperación laboral entre os 56 municipios costeiros que conforman os seis GALP participantes, e que van desde A Guarda ata Narón, conta cunha axuda da Consellería do Mar, no marco da convocatoria deste ano, destinada a proxectos de cooperación interterritoriais e transnacionais dos GALP.

Máis información sobre o proxecto na páxina web:
CANDIEIRA - REDE DE APOIO E PROMOCIÓN DAS MULLERES DO MAR: 
http://candieira.net/