23 de agosto de 2018

Hostal La Terraza de Miño

A Consellería do Mar da Xunta de Galicia, a través do GALP Golfo Ártabro Norte apoiou a posta en marcha deste establecemento cos fondos da UE-FEMP (Fondo Europeo Marítimo e de Pesca), na convocatoria 2017.
O principal activo do emprendemento é aumentar a oferta de prazas de aloxamento nun municipio de interese turístico onde escasean; e a vez, que dende o aloxamento se promova e difunda os lugares de interese da zona, con información e asesoramento personalizado o viaxeiro.
Este proxecto de emprendemento, promovido por unha muller quere formar sinerxías con outros axentes na promoción do turismo mariñeiro para transformar o lecer e o turismo activo: experiencias no entorno marítimo, deportes acuáticos, gastronomía local e paisaxe atlántico como valores do noso destino.

As instalacións contan con 23 dormitorios con baño propio e zonas comúns, unha área de aparcamento gratuíto e Wifi en todas as habitacións. Coas últimas reformas en 2017 elimináronse barreiras arquitéctonicas e adaptouse un dormitorio para persoas con mobilidade reducida. Contan tamén cun novo comedor deseñado para servir almorzos-buffet.

O Concello de Miño ten unha localización privilexiada de gran valor paisaxístico e natural entre As Fragas do Eume e a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, con opcións gastronómicas atractivas nun entorno mariñeiro.



Máis información: Hostal - La Terraza

Ningún comentario:

Publicar un comentario