28 de agosto de 2018

Marmar Outdoor, S.L. Actividades náutico deportivas e no medio natural




"Creemos que es el momento de ofrecer toda nuestra experiencia tanto de nuestros viajes, como organizativa, a todos los públicos, así como dar a conocer nuestra tierra, y las enormes posibilidades que tiene para la práctica de deportes en la naturaleza, de una manera limpia y sostenible".





"Creemos que esta es la única forma de poner en valor nuestro patrimonio natural, y de concienciar a la sociedad para su conservación" Pablo López y Victor Picos.  

Esta empresa de nova creación no Concello de Paderne, contou cunha axuda do Programa FEMP 2014-2020 nesta Convocatoria 2018, tramitada por este GALP.
Os dous socios traballarán directamente na propia empresa, co obxectivo de cubrir un oco no sector do turismo activo, así como de eventos deportivos que existe na zona costeira comprendida entre Ferrol e Paderne. Promoverá actividades relacionadas co mar, poñendo en valor esta parte de litoral e fomentará a mellora do tecido turístico nesta área, así como facilitará sinerxias co resto de empresas do sector servizos da zona. Algunhas das actividades que ofertarán:
  • Actividades náuticas de kaiak de mar.
  • Actividades de rutas de sendeirismo guíadas
  • Eventos deportivos no medio natural e acuático.
  • Microeventos relacionados co mar e co kaiakismo


Esta iniciativa pode considerarse novidosa neste ámbito territorial, xa que non existe practicamente oferta de empresas do sector turistico neste territorio con este tipo de actividades. 
Ofertaránse novos servizos de ocio para os turistas, con actividades que axuden a coñecer o territorio costeiro, promovendo o aproveitamento dos recursos tanto mariños como patrimoniais, así como os relacionados co Camiño de Santiago. 


Promoveranse sinerxias co sector hostaleiro, xa que se pretende ofertar paquetes turísticos, que inclúan actividades no mar e na natureza e aloxamento e restauración.

Ningún comentario:

Publicar un comentario