Amosando publicacións coa etiqueta formación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta formación. Amosar todas as publicacións

29 de agosto de 2018

Rehabilitación edificio municipal "Alboio de Quinín" para espazo de interpretación e exposición de actividades tradicionais mariñeiras

"La puesta a punto del «alboio de Quinín» contribuirá a la recuperación del patrimonio cultural marítimo. No en vano, explica el Alcalde de Ares que albergará una exposición acerca de las tareas relacionadas con las artes de pesca propias de Redes, las cabrias. Un término que se refiere a los armazones de madera que utilizaban los marineros de la villa para secar las redes -hechas de hilo de algodón- y evitar así que se pudrieran". Julio Iglesias Redondo, Alcalde do Concello de Ares.


"Permitirá mostrar la importancia de la vida marinera en la historia de este puerto con encanto, y con un marcado atractivo turístico".

O Concello de Ares conta cunha axuda do Programa FEMP 2014 -2020 nesta Convocatoria 2018, e que foi tramitada por este GALP, para a creación dun centro de interpretación e de estudo, contribuíndo á diversificación da oferta turística de Ares, fomentado a educación, a recuperación ambiental e o coñecemento desta contorna única no territorio do GALP Golfo Ártabro Norte. Este proxecto desenvolverase en dúas anualidades 2018 e 2019.

Os resultados que se pretenden unha vez executada e posta en marcha esta iniciativa, entre outros son:
  • Dar a coñecer unha tarefa, o das cabrias, pouco coñecida fóra deste territorio e que corre o perigo de caer no esquecemento debido ao cambio dos materiais e os avances no undo da pesca, por iso é tan importante recompilar o coñecemento relacionado co traballo do mariñeiro e facelo accesible á sociedade.
  • Facer partícipe á poboación dos problemas ambientais do mar e da súa futura recuperación a través dunha xestión máis sustentable e actividades de educación ambiental.
  • Impulsar a toma de conciencia sobre a importancia do papel da vida mariñeira e do mar na historia e na cultura do territorio, especialmente nun pobo que toma o seu nome das propias artes, Redes.
  • Obter un recurso turístico que tamén pode fomentarse xunto con outros produtos turísticos complementarios ao de "sol e praia"
Podes ver no seguinte enlace a nova publicada na Voz de Galicia, Edición Ferrol o pasado 7 de maio: 


9 de marzo de 2018

Saberes e sabores: emprende coa cociña local e o produto do mar

Dende o GALP Golfo Ártabro Norte e a través do Programa de Cooperación CANDIEIRA - Rede de apoio e promoción das mulleres, estamos organizando un interesante programa formativo de carácter gratuíto: TRANSFORMACIÓN E CONSERVACIÓN DE PRODUTOS DO MAR: SABERES E SABORES.



Este obradoiro está aberto para todas as mulleres, sendo o único requisito, para participar que sexan do ámbito territorial do GALP Golfo Ártabro Norte: PADERNE, MIÑO, PONTEDEUME, CABANAS, ARES, MUGARDOS, FENE, NEDA, NARÓN E FERROL.

Esta acción formativa, terá unha parte teórica, outra de carácter práctico e participativo, e tamén está previsto realizar visitas e saídas a iniciativas postas xa en marcha.  Terá unha duración de 28 horas (10 horas teóricas e 18 prácticas, incluídas as visitas a experiencias e iniciativas).

As datas e horarios estableceranse segundo a dispoñibilidade dos colectivos de mulleres participantes e todas as sesións serán de carácter presencial.

Para ampliar esta información e inscribirse, pode poñerse en contacto co equipo técnico do GALP Golfo Ártabro Norte, ben a través do teléfonos 981 784 417 / 636 736 788 ou pode enviar un mail cos seus datos completos a galpgolfoartabronorte@gmail.com

OBXECTIVOS

  • Elaborar produtos alimenticios do mar empregando os métodos e técnicas adecuadas, conservadores, etc respectando as normas de calidade aplicables para a produción de alimentos.
  • Describir as diferentes técnicas de conservación nos procesos de preparación, transformación e elaboración dos alimentos.
  • Coñecer os mecanismos de comercialización e xestión dunha actividade alimentaria.
  • Identificar os elementos principais á hora de comunicar e vender un produto.
  • Coñecer de primeira man o funcionamento dunha iniciativa empresarial de conservación e transformación de produtos do mar.




4 de setembro de 2017

O GALP Golfo Ártabro Norte pon en marcha un curso presencial-práctico co obxecto de aumentar as competencias no desenvolvemento de actividades de turismo mariñeiro no seu ámbito territorial.


Os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) de Galicia están a traballar dende hai anos, de xeito individual e coordinadamente, no desenvolvemento do turismo mariñeiro. Froito de esta colaboración xurdíu o proxecto MarGalaica, que trata de aglutinar e incorporar toda a oferta de turismo mariñeiro de Galicia.

Os GALP de Galicia, a través de Margalaica no ano 2017 están a por en marcha a Ruta dos Faros de Galicia, un proxecto de grande ruta que, recorrendo toda a costa de Galicia pretende integrar recorridos, recursos, visitas a Faros, oferta de restauración e actividades turísticas, especialmente as de contido mariñeiro, así como visitas a portos pesqueiros e Lonxas.

OBXECTIVOS
Neste contexto, dende Margalaica Turismo Mariñeiro preténdese potenciar a presenza de actividades de turismo mariñeiro na Ruta dos Faros de Galicia, ao tempo que se persigue consolidar a oferta de turismo mariñeiro existente e por en marcha iniciativas que estean a dar os primeiros pasos.
Mellorar as competencias e capacidades de certos colectivos dos profesionais do mar para o desenvolvemento de actividades de turismo mariñeiro.

DESTINATARIOS
Os destinatarios preferentes destes cursos son:
 -Mulleres profesionais do mar ou con vínculos familiares co sector do mar.
-Xoves, ata 35 anos profesionais do mar ou con vínculos familiares co sector do mar.
-Propietarios, traballadores e familiares de estaleiros, carpinterías de ribeira e embarcacións tradicionais.
-Calquera persoa con inquetudes en actividades turísticas mariñeiras


CONTIDOS COMÚNS DOS CURSOS
Todos os cursos adaptaranse ás necesidades e composición do alumnado. 
Os contidos estarán orientados a aportar aos prestadores de actividades de turismo mariñeiro as capacidades mínimas para dirixirse ao mercado para a captación de usuarios (clientes), a creación de produtos e experiencias e a xestión da actividade de turismo mariñeiro. O curso terá un carácter eminentemente práctico e se realizarán sesións personalizadas nas sedes e nas localizacións das actividades de turismo mariñeiro cunha duración mínima de dúas xornadas.

CALENDARIO E SEDES
A data de realización do curso presencial será o 25 de setembro de 2017 e terá unha duración de catro horas, de 16 a 20 horas. Confirmarase a todas as persoas inscritas o lugar e local dentro do territorio do GALP GOLFO ÁRTABRO NORTE.

PRAZO E PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo para a presentación de solicitudes de participación remata o 20 de setembro, debendo enviar recheado o formulario de inscrición cos datos solicitados ao enderezo electrónico galpgolfoartabronorte@gmail.com