18 de setembro de 2018

Un concurso dirixido ao alumnado premia as mellores ideas sobre o mar e a vida nel para despois filmalas



Por segundo ano o programa audiovisual Vidas Mariñeiras chega aos concellos do Golfo Ártabro Norte. O prazo para que grupos de alumnos e alumnas de 3º e 4º da E.S.O e 1º de Bacharelato, presenten ideas relacionadas coa vida e a paisaxe na costa ou que teñan como punto de partida o retrato dos oficios vinculados ao mar remata o 3 de outubro.






Ata o próximo mércores 3 de outubro, o alumnado de 3º e 4º da ESO e de 1º Bacharelato dos concellos que abranxe o GALP Golfo Ártabro Norte (Ares, Cabanas, Fene, Ferrol, Miño, Mugardos, Narón, Neda, Paderne e Pontedeume) pode presentar proxectos audiovisuais enfocados á realización dunha curtametraxe.

Trátase do programa pedagóxico Vidas Mariñeiras, convocado polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte no marco das actividades que está organizando este ano 2018 a través do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP 2014-2020) co obxectivo de dinamizar e poñer en valor o litoral da súa área.

Vidas Mariñeiras contempla a selección, titorización e desenvolvemento de proxectos cinematográficos a cargo de profesionais do audiovisual nun programa formativo dunhas 50 horas, repartidas en varias sesións ao longo dos meses de outubro e novembro. O resultado: curtametraxes elaboradas polo propio alumnado que poderán ser de ficción, documentais ou experimentais e que terán como tema o medio mariño e todo o que o rodea.

Máis información na páxina web: Vidas Mariñeiras

3 de setembro de 2018

Restauración do Dique de Mareas de A Cabana

Hoxe sae publicada na Voz de Galicia, Edición Ferrol, un dos proxectos que contan cunha subvención dos fondos FEMP 2014-2020 da convocatoria 2017 tramitados no GALP Golfo Ártabro Norte. 



O Dique "A Cabana", único civil que se coñece en toda Europa, e que ten un alto valor patrimonial e cultural,  estivo ligado nos seus orixes, e en boa parte da súa existencia, á actividade de asteleiro e carpintería de ribeira.






O Concello de Ferrol conta cunha axuda do Programa FEMP 2014-2020, e que foi tramitada por este GALP na Convocatoria 2017. Este proxecto está a executarse en tres anualidades: 2017, 2018 e 2019.

  • Limpeza e recuperación dun borde marítimo hoxe en estado de abandono e en desuso, mellorando notablemente as condicións medioambientais da ribeira da ría ferrolá.
  • Recuperación e divulgación da cultura e tradicións mariñeiras.
  • Creación dun espazo de intepretación das actividades e tradicións mariñeiras que permitirá potenciar o seu coñecemento e concienciar á sociedade da importancia das actividades relacionadas co mar.


"Las obras que, según el Ayuntamiento de Ferrol, tratan de poner en valor el patrimonio litoral de Ferrol, incluirán además de la limpieza de los muros y fondo del Dique, actuaciones en el muelle, en la explanada y en dos de las edificaciones." Concello de Ferrol

Podes ver a nova completa publicada hoxe no seguinte enlace: Arranca la rehabilitación del Dique


31 de agosto de 2018

Sesión Saberes e Sabores: Xornada Dinamización do Produto Mariñeiro a través da gastronomía



"Rede de apoio e promoción das mulleres do mar"

O próximo mércores 5 de setembro ás 17.30 horas na Casa do Pescador de Miño, celebrarase a última sesión de SABERES E SABORES, que consistirá nunha xornada de valoración e debate sobre a dinamización do produto mariñeiro a través da gastronomía e que contará coa participación de Paco Manrique, da Sociedade Cultural e Gastronómica 'A Troita Armada'

Máis información chamando ao 981784417


Dentro do proxecto de cooperación CANDIEIRA - Rede de Mulleres do Mar, no que está este GALP participando, está posto en marcha un dobre programa para mulleres do mar e emprendedoras que queiran iniciar proxectos empresariais ou asociativos: EMBARCA, programa de formación e asesoramento, e ALIADAS, programa de intercambio de coñecemento e impulso do asociacionismo.

Páxina web do proxecto: CANDIEIRA

Produto Turístico "Remo tradicional no Golfo Ártabro Norte"

O remo tradicional, mais aló das súas connotacións deportivas, ten outras relacionadas coa súa vinculación aos oficios do mar. 
As primeiras regatas de remo en Galicia e no Cantábrico nacen por imitación ás situacións de competición que se daba entre os mariñeiros e por ese motivo durante moitos anos e en moitos pobos a súa práctica está ligada ás Confrarías de Pescadores.






O Club de Remo de Ares conta cunha axuda do Programa FEMP 2014 -2020 nesta Convocatoria 2018, e que foi tramitada por este GALP, para a creación dun produto turístico de remo tradicional no territorio do GALP Golfo Ártabro Norte. Este produto turístico será sustentable, socialmente responsable, auténtico, de calidade, innovador e diferenciado, e pretende afianzar o posicionamento deste destino como territorio de natureza e deporte.

As actividades previstas dentro deste proxecto son as seguintes:

1. Coordinación e captación de participantes

2. Iniciación ao remo indoor

3. Remo no mar

Para levar a cabo este proxecto, preténdese comprar unha traineriña de carbono e remos, un batel de fibra de carbono e remos e remoergómetros; así como está prevista a contratación dunha asistencia técnica para a coordinación e captación de participantes.

"Dende o equipo promotor deste proxecto entendemos que a creación deste proxecto de turismo deportivo de remo tradicional co obxectivo de posicionar o Concello de Ares, e a todo o territorio do GALP Golfo Ártabro Norte, como referente de remo tradicional contríbúe ao logro da prioridade cuarta do FEMP de aumentar o emprego e a cohesión territorial mediante o fomento do crecemento económico, a inclusión social, a creación de emprego e o apoio á empregabilidade e á mobilidade laboral nas comunidades pesqueiras e acuículas, incluíndo a diversificación das actividades realizadas no marco da pesca e respecto doutros sectores da economía marítima. Entendemos que o Produto Turístico de Remo Tradicional pode ser un referente nos territorios de pesca de Europa, de proxecto que contribúa á cohesión territorial mediante o fortalecemento e apoio a todo o tecido do remo, que xa é incipiente neste territorio e, polo tanto, pode ser un pulo á creación de novos empregos". Club de Remo de Ares

30 de agosto de 2018

Resolución da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, sobre a realización da segunda fase da Convocatoria 2018. Programa FEMP 2014-2020


A Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, publicou o 29 de agosto de 2018 unha resolución sobre a realización da segunda fase da convocatoria 2018 da adxudicación de axudas ao abeiro das EDLP aprobadas aos GALP, onde resolven:

  • Non realizar unha nova fase de adxudicación de axudas para a convocatoria 2018 ao existir unha lista de agarda que esgotaría o crédito da anualidade 2018.
  • Aquelas solicitudes que non puidesen ser atendidas no período correspondente por falta de crédito poderán ser tomadas en consideración no período seguinte, no caso de que o solicitante faga manifestación expresa nese sentido, sen que isto supoña preferencia ningunha como criterio de selección.
  • Os proxectos cun investimento material e con acta de non inicio incluídos en lista de agarda que non sexan finalmente subvencionados por falla de crédito, poderán terse en conta na convocatoria inmediata seguinte, se así o manifesta o promotor. 




"O prazo de presentación de solicitudes está aberto todo o ano"



As solicitudes de axudas poderán ser presentadas ao longo de todo o período do programa operativo 2014-2020 ata o 1 de marzo de 2020.

Coas solicitudes presentadas ata o 1 de marzo de cada ano, realizarase unha primeira fase de adxudicación de axudas, polo que a próxima será o 1 de marzo de 2019.