O luns 19 de febreiro, na Casa do Pescador de Miño
(Rúa Curro, nº33 – 15630 Miño), celebrarase unha xornada técnica co obxecto de
apoiar a todas as persoas que queiran presentar unha solicitude de proxecto
neste GALP, en canto aos trámites de presentación e elaboración de
documentación.
O Programa de Axudas ten por obxecto financiar proxectos
tanto de índole produtiva como non produtiva con fondos europeos do FEMP
durante o período 2014-2020 coherentes co Plan Estratéxico elaborado para o
ámbito territorial do GALP Golfo Ártabro Norte.
Esta xornada iniciarase ás 17.30 horas coa benvida a todas as
persoas por parte de representantes do GALP Golfo Ártabro Norte, para a
continuación iniciar a xornada técnica, onde se explicará polo miúdo como
cumprimentar os diferentes formularios de solicitude de axudas, en especial o
formulario da “memoria para a elaboración do Plan de Xestión” onde deberán
incluír todos os datos do proxecto, tanto técnicos como económicos e o seu
encaixe coa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo do GALP Golfo
Ártabro Norte.
A actividade é gratuíta e está aberta a todas as persoas que teñan a idea
de presentar un proxecto, nesta convocatoria 2018, da que remata o prazo de
presentación de solicitudes o día 1 de marzo, sendo o único requisito para participar, anotarse previamente ben a través do enderezo electrónico galpgolfoartabronorte@gmail.com ou ben chamar aos teléfonos 981784417 ou 636 736 788
Esta xornada técnica será
exclusivamente de asesoramento e apoio, non de elaboración de ningún tipo de
documentación a nivel particular, xa que os proxectos presentados
posteriormente son analizados e avaliados polo propio equipo técnico do GALP, co
obxecto de ser presentados ante a súa Xunta Directiva e posteriormente ser
enviados á Consellería do Mar para a súa resolución final de concesión ou non
concesión da axuda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario