19 de xuño de 2017

Ondas de Ilusións. Escolas do Mar: Premio polas Fragas do Eume con 6ºB de As Mirandas do Concello de Ares

O 16 de Xuño, tivemos na campaña “Ondas de Ilusións” promovida polo GALP Golfo Ártabro Norte aos alumnos das Mirandas.

Era un día moi especial, porque era o día da celebración do premio do Concurso de Contos. Concurso que gañou Clara, e grazas a ela, toda a clase de 6ºB puido gozar dun día xenial.


Fixemos unha ruta en kaiak polo Eume. E seguimos aprendendo sobre o medioambiente, mentres faciamos deporte. Aprendimos que “Fragas do Eume”, é un parque natural desde 1997, e tamén é un LIC (Lugar de Interese Comunitaria). Os seus fragas están consideradas un dos mellores exemplos de bosque atlántico do continente europeo.


Remamos polas augas do río Eume. É un río que nace na Serra do Xistral, e atravesa os municipios de Abadín, Xermade, Muras, As Pontes de García Rodríguez, Monfero, A Capela, Cabanas e Pontedeume.


Agradecer a Cristina e Laura, do Club KDM de Cabanas a súa simpatía e profesionalidade para que o día fose xenial.



Toda a información completa deste evento no seguinte enlace

Ondas de Ilusións





Xornadas do Mar en Cambados

O sábado 17 de xuño, a xerente do GALP Golfo Ártabro Norte, Toni Fernández, participou nas "Xornadas do Mar", actividade enmarcada dentro do proxecto de cooperación Interterritorial -MarGalaica-, no que está a participar este GALP xunto con outros grupos galegos.

Nas "Xornadas do Mar" celebradas no Edificio da Confraría de Pescadores de Cambados, que estaban en plena celebración do seu centenario, participaron unha quincena de relatores que analizaron cuestións relacionadas co sector pesqueiro e marisqueiro. Ao remate das mesmas realizaronse visitas a bordo do "Chasula" e ao banco marisqueiro de O Sarrido.

Programa:
  •  Historia da Confraría de Cambados
  • A integración das asistencias técnicas nas Confrarías
  • Minicriaderos de moluscos: a importancia nos bancos marisqueiros
  • Diversificación no mundo do mar
  • Proxecto MarGalaica-Ruta dos Faros. Cooperación para a diversificación
  • Integración e organización da muller no mundo do mar
  • Que supón o cambio climático no sector/mundo do mar
  • Basuras no noso mar 
A xerente do GALP Golfo Ártabro Norte, fixo a presentación deste GALP e do seu territorio, onde deu a coñecer os seus recursos turísticos vinculados co mar, tal e como a súa costa activa, turismo mariñeiro, gastronomías, feiras, praias......así como unha pequena presentación dos proxectos que foron aprobados na convocatoria 2016.







13 de xuño de 2017

Sesión da Red Española de Grupos de Pesca (REGP) en Madrid


Representantes do GALP Golfo Ártabro Norte (Presidencia e Xerencia) están en Madrid participando na Sesión da REGP "Ferramentas para a xestión eficaz na DLP"

Organizada pola Secretaria General de Pesca, dentro do período de programación FEMP, comezou onte día 12, para rematar hoxe día 13 de xuño.

Nesta sesión están a participar representantes dos GALP, dos OIG das CC.AA., da DG MARE, de FARNET e do MAPAMA, así como de outros axentes que podan aportar información aos membros da Rede.

As actividades que se están a desenvolver nestes dous días son:

  • Aprobación do novo regulamento interno da REGP
  • Situación do Desenvolvemento Local Participativo en cada Comunidade Autónoma
  • Xeración de sinerxías entre os programas e proxectos do MAPAMA, a través da Fundación Biodiversidad, e as estratexias de desenvolvemento local dos GALP
  • Reservas Mariñas de interese pesqueiro
  • Innovación e cooperación
  • Iniciativas de coooperación no FEMP
  • Estratexias de Desenvolvemento local participativo en Cataluña
  • Algunhas iniciativas postas en marcha no FEMP en Galicia
  • Cuestións técnicas Programa FEMP
  • Medidas antifraude
  • Posibilidades de sinerxias entre as OOPP e os GALP
  • Real Decreto de Pesca-Turismo
  • As EDLP e a xestión sostible dos recursos mariños
  • Posibilidades de financiamento (microcréditos, convenios...)
  • Web FARNET e My FARNET
  • Ferramenta de comunicación da REGP
Máis información sobre esta Sesión: Red Española de Grupos de Pesca



A Red Española de Grupos de Pesca (REGP) utilízase como instrumento para o aprendizaxe e interacción entre os GALP, sendo ademais o canal de información, comunicación e difusión das actividades realizadas para contribuir ao desenvolvemento sostible das zonas pesqueiras.

Plataforma que facilita a cooperación e o traballo en rede, dando protagonismo ás aportacións dos GALP, autoridades de xestión e institucións públicas e privadas implicadas en consolidar un presente sostible e un futuro viable para as comunidades pesqueiras.



7 de xuño de 2017

Presentación do proxecto de Coooperación Interterritorial CANDIEIRA -Rede de apoio e promoción das mulleres do mar 2017-2018

O día 6 de xuño tivo lugar no Museo Municipal Manuel Torres en Marín (Pontevedra) a xornada de presentación pública do proxecto CANDIEIRA, na que o GALP Golfo Ártabro Norte estivo representando pola súa Presidenta, María José Crespo e pola Xerencia, María Antonia Fernández.

CANDIEIRA é un proxecto de cooperación entre os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte, Costa da Morte, Seo de Fisterra Ría de Muros Noia Costa Sostible, Ría de Arousa, Ría de Vigo A Guarda e Ría de Pontevedra (GALP coordinador do proxecto).

O seu obxectivo principal consiste en reforzar a gobernanza e o empoderamento das mulleres do mar nas diferentes zonas costeiras.

Poñendo en marcha actividades dinamizadoras e innovadoras tentaremos mellorar a situación das mulleres do mar, favorecendo a igualdade de oportunidades, a mellora laboral e profesional, e a xeración de redes de traballo compartido.

Os primeiros traballos que se desenvolveran deste proxecto no territorio, serán contactos iniciais con axentes locais e visitas presenciais. Enganche de diferentes perfís e axentes, reforzando nas áreas de muller, emprendemento e innovación do GALP Golfo Ártabro Norte.

Ao longo deste ano, están previstos encontros institucionais ( representantes políticos e persoal técnico dos concellos do GALP Golfo Ártabro Norte); encontros sociais (entidades do territorio, sobre todo do sector pesqueiro, o ámbito patrimonial, cultural e ambiental, incidindo nas mulleres e axentes vinculados ao ámbito do emprendemento e a innovación).

Este traballo de encontros rematará coa constitución dun GRUPO MOTOR no territorio, que será o encargado de dinamizar o proceso e favorecer a incorporación de máis axentes ao mesmo.



O Galp Golfo Ártabro Norte participa no Proxecto de Cooperación Interterritorial MarGalaica 2016-2017

O Galp Golfo Ártabro Norte participa xunto con outros cinco GALP galegos no proxecto de Cooperación interterritorial "Cooperación para a creación do produto común de turismo mariñeiro MarGalaica", do que xa se ten executado unha parte no ano 2016.

Este proxecto ten como obxecto o impulso de MarGalaica Club de Turismo Mariñeiro como aposta turística propia da costa galega a través da xeración de novos produtos e a promoción: captación de novos servizos turísticos ao longo da costa galega; creación dunha ruta mariñeira de Galicia; edición e distribución de diversos materiais promocionais off line e on line (1 web site, 1 app, 1 guia, 1 folleto, eventos de promoción, arquivo fotográfico, arquivo de video, stand promocional....) e implicación de novos axentes no turismo mariñeiro nos diferentes programas de difusión e formación previstos.

Para unha mellor execución deste proxecto, as accións foron repartidas entre os GALPs participantes, correspondéndolle ao GALP Golfo Ártabro Norte traballar nos contidos, deseño e programación web e app e realización dunha xornada técnica de turismo mariñeiro.

Entre os traballos desenvolvidos ata o de agora dentro deste proxecto, temos elaborado unha base de datos de restauración, aloxamento, lugares de interese do territorio do GALP Golfo Ártabro Norte; así como, a empresa contratada para este proxecto, xa está polo territorio co proceso de preselección de empresas para captación e avaliación de calidade de MarGalaica (serán 15 socios) e Restaurantes Km 0 MarGalaica (15 establecementos).

Por outra banda, estase traballando no desenvolvemento e  organización dunha xornada sobre sitios culturais e xacementos na costa do Golfo Ártabro Norte.