Representantes do GALP Golfo Ártabro Norte (Presidencia e Xerencia) están en Madrid participando na Sesión da REGP "Ferramentas para a xestión eficaz na DLP"
Organizada pola Secretaria General de Pesca, dentro do período de programación FEMP, comezou onte día 12, para rematar hoxe día 13 de xuño.
Nesta sesión están a participar representantes dos GALP, dos OIG das CC.AA., da DG MARE, de FARNET e do MAPAMA, así como de outros axentes que podan aportar información aos membros da Rede.
As actividades que se están a desenvolver nestes dous días son:
- Aprobación do novo regulamento interno da REGP
- Situación do Desenvolvemento Local Participativo en cada Comunidade Autónoma
- Xeración de sinerxías entre os programas e proxectos do MAPAMA, a través da Fundación Biodiversidad, e as estratexias de desenvolvemento local dos GALP
- Reservas Mariñas de interese pesqueiro
- Innovación e cooperación
- Iniciativas de coooperación no FEMP
- Estratexias de Desenvolvemento local participativo en Cataluña
- Algunhas iniciativas postas en marcha no FEMP en Galicia
- Cuestións técnicas Programa FEMP
- Medidas antifraude
- Posibilidades de sinerxias entre as OOPP e os GALP
- Real Decreto de Pesca-Turismo
- As EDLP e a xestión sostible dos recursos mariños
- Posibilidades de financiamento (microcréditos, convenios...)
- Web FARNET e My FARNET
- Ferramenta de comunicación da REGP
Máis información sobre esta Sesión: Red Española de Grupos de Pesca
A Red Española de Grupos de Pesca (REGP) utilízase como instrumento para o aprendizaxe e interacción entre os GALP, sendo ademais o canal de información, comunicación e difusión das actividades realizadas para contribuir ao desenvolvemento sostible das zonas pesqueiras.
Plataforma que facilita a cooperación e o traballo en rede, dando protagonismo ás aportacións dos GALP, autoridades de xestión e institucións públicas e privadas implicadas en consolidar un presente sostible e un futuro viable para as comunidades pesqueiras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario