7 de xuño de 2017

Presentación do proxecto de Coooperación Interterritorial CANDIEIRA -Rede de apoio e promoción das mulleres do mar 2017-2018

O día 6 de xuño tivo lugar no Museo Municipal Manuel Torres en Marín (Pontevedra) a xornada de presentación pública do proxecto CANDIEIRA, na que o GALP Golfo Ártabro Norte estivo representando pola súa Presidenta, María José Crespo e pola Xerencia, María Antonia Fernández.

CANDIEIRA é un proxecto de cooperación entre os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte, Costa da Morte, Seo de Fisterra Ría de Muros Noia Costa Sostible, Ría de Arousa, Ría de Vigo A Guarda e Ría de Pontevedra (GALP coordinador do proxecto).

O seu obxectivo principal consiste en reforzar a gobernanza e o empoderamento das mulleres do mar nas diferentes zonas costeiras.

Poñendo en marcha actividades dinamizadoras e innovadoras tentaremos mellorar a situación das mulleres do mar, favorecendo a igualdade de oportunidades, a mellora laboral e profesional, e a xeración de redes de traballo compartido.

Os primeiros traballos que se desenvolveran deste proxecto no territorio, serán contactos iniciais con axentes locais e visitas presenciais. Enganche de diferentes perfís e axentes, reforzando nas áreas de muller, emprendemento e innovación do GALP Golfo Ártabro Norte.

Ao longo deste ano, están previstos encontros institucionais ( representantes políticos e persoal técnico dos concellos do GALP Golfo Ártabro Norte); encontros sociais (entidades do territorio, sobre todo do sector pesqueiro, o ámbito patrimonial, cultural e ambiental, incidindo nas mulleres e axentes vinculados ao ámbito do emprendemento e a innovación).

Este traballo de encontros rematará coa constitución dun GRUPO MOTOR no territorio, que será o encargado de dinamizar o proceso e favorecer a incorporación de máis axentes ao mesmo.



Ningún comentario:

Publicar un comentario