O Galp Golfo Ártabro Norte participa xunto con outros cinco GALP galegos no proxecto de Cooperación interterritorial "Cooperación para a creación do produto común de turismo mariñeiro MarGalaica", do que xa se ten executado unha parte no ano 2016.
Este proxecto ten como obxecto o impulso de MarGalaica Club de Turismo Mariñeiro como aposta turística propia da costa galega a través da xeración de novos produtos e a promoción: captación de novos servizos turísticos ao longo da costa galega; creación dunha ruta mariñeira de Galicia; edición e distribución de diversos materiais promocionais off line e on line (1 web site, 1 app, 1 guia, 1 folleto, eventos de promoción, arquivo fotográfico, arquivo de video, stand promocional....) e implicación de novos axentes no turismo mariñeiro nos diferentes programas de difusión e formación previstos.
Para unha mellor execución deste proxecto, as accións foron repartidas entre os GALPs participantes, correspondéndolle ao GALP Golfo Ártabro Norte traballar nos contidos, deseño e programación web e app e realización dunha xornada técnica de turismo mariñeiro.
Entre os traballos desenvolvidos ata o de agora dentro deste proxecto, temos elaborado unha base de datos de restauración, aloxamento, lugares de interese do territorio do GALP Golfo Ártabro Norte; así como, a empresa contratada para este proxecto, xa está polo territorio co proceso de preselección de empresas para captación e avaliación de calidade de MarGalaica (serán 15 socios) e Restaurantes Km 0 MarGalaica (15 establecementos).
Por outra banda, estase traballando no desenvolvemento e organización dunha xornada sobre sitios culturais e xacementos na costa do Golfo Ártabro Norte.
Ningún comentario:
Publicar un comentario