· O GALP Golfo Ártabro Norte organiza unha xornada informativa sobre a próxima convocatoria do programa de axudas.
· Conservas Faro de Burela e Algas la Patrona, expoñeran as súas experiencias como entidades receptoras de axuda do FEMP.
O vindeiro luns 14 de decembro ás 16:30 horas, o Antigüo Hospicio de Ferrol, acollerá a xornada informativa sobre as axudas do FEMP, que organiza o GALP Golfo Ártabro Norte. A convocatoria deste programa de axudas remata o día 1 de marzo de 2021, co cal as persoas interesadas en recibir axuda, teñen unha importante ocasión para informarse e aclarar as dúbidas sobre isto.
Esta reunión, que se enmarca no proxecto de dinamización empresarial do sector pesqueiro que está impulsando o GALP, contará con dous exemplos de proxectos financiados noutras zonas costeiras. Os dous proxectos tratan de poñer en valor o produto pesqueiro local e de proximidade.
Participarán Verónica Rodil Rodríguez das empresa Conservas Faro de Burela e Cristina García Díez, de Algas la Patrona. Conservas Faro de Burela dedícase á elaboración artesanal de conservas de pescado, sendo o bonito o seu principal produto. Son os seus propios provedores de pescado e marisco o que fai que o produto que transforman sexa de moi alta calidade. Algas La Patrona dedícase ao procesado, transformación e comercialización de algas salgadas e deshidratadas, co maior respecto e coidado para asegurar a preservación do seu hábitat natural e garantir a súa sostibilidade.
Ao rematar as ponencias haberá un coloquio no que se poderán aclarar dúbidas sobre estes proxectos e tamén se abordarán os requisitos necesarios para poder obter financiamento do programa que xestiona o GALP do Golfo Ártabro Norte, en colaboración coa Consellería do Mar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario