1. A Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Norte en reunión celebrada o 16 de xuño de 2020 en Miño, seleccionou provisionalmente os proxectos que considerou prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta, e no estipulado na “Orde de Axudas do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2019”. CONVOCATORIA 2020. 1ª FASE ADXUDICACIÓN DE AXUDAS. (Resolución publicada o día 17 de xuño de 2020 nesta mesma páxina web e no taboleiro de anuncios do GALP Golfo Ártabro Norte)
2. Unha vez analizadas todas as alegacións presentadas dentro do prazo estipulado (5 días dende a data de publicación) na sede do GALP Golfo Ártabro Norte, a Xunta Directiva deste GALP en reunión mantida o día 25 de xuño de 2020, eleva a público unha proposta de resolución DEFINITIVA de proxectos produtivos e non produtivos así como os desestimados PARA A CONVOCATORIA 2020, 1ª FASE ADXUDICACIÓN DE AXUDAS, tendo en conta o estipulado no artigo 24 da “Orde de Axudas do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2019”.
3. Preme nos seguintes enlaces para ver as resolucións DEFINITIVAS:
- Proposta Xunta Directiva resolución DEFINITIVA Convocatoria 2020
- Anexo I. Proposta DEFINITIVA Xunta Directiva PRODUTIVOS Convocatoria 2020
- Anexo II. Proposta DEFINITIVA Xunta Directiva NON PRODUTIVOS Convocatoria 2020
- Anexo III. Proposta DEFINITIVA Xunta Directiva DESESTIMADOS Convocatoria 2020
Ningún comentario:
Publicar un comentario