A Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Norte en reunión celebrada o 27 de setembro de 2019 en Miño, seleccionou provisionalmente os proxectos que considerou prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo na 2ª fase de adxudicación de axudas da Convocatoria 2019, de conformidade cos criterios establecidos nesta, e no estipulado na “Orde de Axudas do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2019”.
Preme nos seguintes enlaces para ver as resolucións provisionais:
Esta proposta de resolución provisional de Xunta Directiva para proxectos produtivos e non produtivos da 2ª fase de adxudicación de axudas da Convocatoria 2019, non crea ningún dereito a favor do solicitante proposto, estando suxeita á dispoñibilidade orzamentaria de crédito para proxectos produtivos para esta 2ª fase de adxudicación de axudas da convocatoria 2019.
Ningún comentario:
Publicar un comentario