Despois
de xestionar varias convocatorias do programa de axudas do Fondo Europeo
Marítimo e de Pesca (FEMP) é o momento de facer a avaliación intermedia do
traballo desenvolto no Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro
Norte.
Este
proceso pretende reunir unha ampla participación de axentes e entidades do
territorio, para o cal se van a realizar diferentes eventos coa finalidade
recoller as achegas e opinións destes e mellorar a execución do programa de
axudas na zona costeira.
O
plan de participación contempla a realización de reunións con persoas
beneficiarias do programa, reunións das Mesas Sectoriais e un Foro final de
presentación de resultados, previsto para o mes de novembro. Tamén se contempla
unha consulta institucional dirixida ao conxunto dos dez concellos que
conforman o Golfo Ártabro Norte.
•Reunion con beneficiarias: Martes 15 de outubro
•Reunión das mesas sectoriais: Martes 22 de outubro
•Foro Novembro
Xestión
do programa de axudas do FEMP 2014-2020.
Dende o inicio do programa de axudas no ano
2016, recibíronse no GALP 109 solicitudes de axuda de proxectos. Á espera das
resolucións de setembro de 2019, por parte da Consellería do Mar, o GALP leva
concedida financiación a proxectos por un importe superior aos 2,3 millóns de
euros. Desta axuda, o 65% do importe destinouse ao financiamento de
investimentos de carácter produtivo, apoiando a empresas do territorio. A
diversificación da economía local e o apoio ao sector pesqueiro son as
principais liñas de apoio para a xeración de maior dinamismo social e económico
na zona costeira. Cómpre destacar que en 2019 se recibiron un total de 44
solicitudes de axuda, das cales 36 foron para investimentos produtivos
xeradores de emprego.
Para máis información contactar con:
GALP
Golfo Ártabro Norte. Toni Fernández
(xerente) 636736788 981784417
Ningún comentario:
Publicar un comentario