1. A Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Norte en reunión celebrada o 27 de setembro de 2019 en Miño, seleccionou provisionalmente os proxectos que considerou prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta, e no estipulado na “Orde de Axudas do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2019”. (Resolución publicada o día 1 de outubro de 2019 nesta mesma páxina web e no taboleiro de anuncios do GALP Golfo Ártabro Norte)
2. Rematado o prazo de alegacións, e ao non recibir ningunha alegación, os membros da Xunta Directiva acordan que unha vez publicada a resolución provisional -segundo o Artigo 24 da Orde de 21 de decembro de 2018- e abrir un prazo de achegas de 5 días hábiles; no caso de non recibir alegacións ao respecto, quedarían aprobadas definitivamente as propostas da resolución provisional, elevando a público unha proposta de resolución definitiva de proxectos produtivos, sen necesidade de levar a cabo unha nova reunión de Xunta Directiva presencial, ao non existir alegacións nin modificacións de ningún aspecto nos acordos tomados nos diferentes proxectos nesta reunión, e que tiveran que ser novamente debatidos polos membros, tendo en conta o estipulado no artigo 24 da “Orde de Axudas do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2019”.
3. Preme nos seguintes enlaces para ver as resolucións DEFINITIVAS:
Esta proposta de resolución DEFINITIVA de Xunta Directiva para proxectos produtivos da 2ª fase de adxudicación de axudas da Convocatoria 2019, non crea ningún dereito a favor do solicitante proposto, estando suxeita á dispoñibilidade orzamentaria de crédito para proxectos produtivos para esta convocatoria 2019.
Ningún comentario:
Publicar un comentario